Skip to Content

Ed. física

III CROSS ESCOLAR "PARQUE FORESTAL DE A TOXA"

Este domingo día 7 de Xuño  quedades todos convidados a participar no cross que organiza o noso Centro xunto co Concello de O Grove e o club local Ría de Arousa, e no que colaboran os demáis centros educativos da vila. As competicións comezarán a partir das 10:30 horas. Animádevos, sexades pequenos ou grandes. As inscripcións aínda se poden facer na zona da saída, na Illa de A Toxa, antes das 10:30 horas. Esperámosvos!

COMPETICIÓN DE ATLETISMO- FINAL PROVINCIAL- 5º de Primaria

Recentemente o alumnado de 5º de Primaria ven de competir, xunto con outros 80 colexios da provincia, nunha actividade de atletismo na cidade de Pontevedra. A participación foi todo un éxito xa que os/as nenos/as disfrutaron plenamente da actividade. Aínda que a estas edades o máis importante é que os nenos practiquen deporte en pro de sentar as bases dunha forma de vida saudable,  dicir que se alcanzou a segunda posición final, o cal dá idea do alto nivel amosado polos nosos atletas. Parabéns para todos!

COMPETICIÓN DE ATLETISMO- 5º de Primaria

O pasado 9 de Abril, o alumnado de 5º de Primaria participou nunha xornada de atletismo nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra. Gustoulles moito a experiencia, acadando ademáis uns magníficos resultados que fan que proximamente participen na seguinte fase, a provincial. Aquí tedes unha mostra do que viviron os nosos atletas.

 

PREPARANDO AS PROBAS DE ATLETISMO

DENTRO DUNS DÍAS ALUMNADO DE 4º E 5º PARTICIPARÁN NUN PROGRAMA DE PROBAS DE ATLETISMO.

PARA PREPARARNOS BEN AQUÍ TEDES UNS ENLACES E VIDEOS INTERESANTES. PREME NA IMAXE.

 

PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS EXPLICATIVOS:

 

 

 

 

RECURSOS TICS PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Preme na imaxe para acceder aos xogos do "Proyecto LUDOS".

Actividades para o 3º Ciclo de Primaria

Preme na imaxe e coñece algo máis este apaixonante deporte

Actividades para o 2º ciclo de Primaria

Repasa as cualidades físicas básicas pinchando na imaxe.

 

Actividades para o 1º ciclo de Primaria

Pincha na imaxe e aprende xogando como coidar a nosa saúde.

ACROSPORT 2º CICLO DE PRIMARIA

Actividades para o 3º CICLO de PRIMARIA -DEPORTES COLECTIVOS

Pincha nos seguintes enlaces se queres ampliar os teus coñecementos e de paso divertirte resolvendo distintos xogos e actividades:

Distribuir contido


by Dr. Radut