Skip to Content

NATURAIS NO LABORATORIO- curso 2016-17

O alumnado de sexto atópase inmerso no estudo do corpo humano. Contidos como o aparello respiratorio, dixestivo e circulatorio, están sendo abordados por estes dous grupos que non quixeron perder a oportunidade de traballar con órganos reais, de gando vacún, doados por unha carnizaría veciña. O resultado foi satisfactorio, tanto para o alumnado como para as mestras, xa que se sorprenderon gratamente coa acollida da actividade. Os nenos e nenas tocaron, manipularon e amosaron curiosidade pola mesma.

 Preme na imaxe para ver a galería de fotos



page | by Dr. Radut