Skip to Content

Curso 2021/2022

Ceip Valle-Inclán


22/06/2022

FESTA DE FIN DE CURSO

Para ver máis, click aquí


 

21/06/2022

CHARLA "A CORRESPONSABILIDADE DE XÉNERO"

 

Hoxe, 21 de xuño, viñeron ao colexio Patricia e Xiana, do Concello de Muíños, a falarnos da corresponsabilidade. Aprendemos que para que haxa corresponsabilidade de xénero é necesario o reparto equilibrado das tarefas domésticas, sendo unha condición imprescindible para destruir os roles tradicionais de xénero.

Álbum completo premendo aquí

 


 20/06/2022

EXCURSIÓN A MARCELLE

 

Preme aquí para ver o álbum completo.


 

24/05/2022

 DÍA DOS PARQUES NATURAIS

Hoxe martes, día 24 de maio, conmemoramos o Día Europeo dos Parque Naturais, xunto cos profesores e os alumnos/as dos colexios de Bande, Entrimo e Lobios.  Ao longo da mañá, realizamos unha pequena andaina e participamos nunha "búsqueda do tesouro", organizada polos traballadores do Parque Natural do Xurés. Rematamos cun xantar na área recreativa de O Corgo.

Para ver máis sobre esta xornada, premer aquí


 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL 

Aberto o prazo de solicitudes do Fondo solidario de libros de texto  e de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022/2023.

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidariode libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidoscon fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 


13/05/2022

LETRAS GALEGAS

 


 02/05/2022

PLAN DIRECTOR

Hoxe, día 2 de maio, celébrase o Día contra o Bullying e o Acoso escolar e no colexio recibimos a visita de  axentes da Garda Civil, que  viñeron impartir unha charla sobre o acoso e as agresións escolares, dentro do programa do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Álbum completo premendo aquí

 


31/03/2022

DÍA DA ÁRBORE

 

Hoxe, 31 de marzo, viñeron ao colexio varios traballadores do Distrito forestal XV-A Limia para falarnos do día da árbore. Amosáronnos cales son as principais especies vexetais que temos na contorna e fixemos un obradoiro de cremas e cosmética natural con algunhas delas. Tamén nos ensinaron os vehículos, as ferramentas e os uniformes que empregan no seu traballo.

Moitas grazas a todos!

Para ver o álbum completo, preme aquí


 

25/03/2022

PLANTANDO CARA Ó LUME

 

O venres, día 25 de marzo, colaboramos nun proxecto de innovación educativa, denominado "Plantado cara ó lume, impulsado pola USC e baseado na metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS).

Co obxectivo de sensibilizar sobre os incendios forestais desprazámonos ata a localidade de Piñoi, xunto con algún dos alumnos e docentes da USC, onde plantamos carballos, castiñeiros, amieiros e bidueiros. 

Para ver o álbum completo, preme aquí


 


 10/03/2022

XOGOS POPULARES

Un curso máis, veu ao noso colexio Lito cunha morea de xogos populares. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de desfrutar con xogos tan diversos como: a chave, zancos, peóns, aros, a ra ... 

Moitas grazas Lito!

Álbum completo, aquí


 

08/03/2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Hoxe, 8 de marzo, viñeron ao colexio Patricia e Xiana, do Centro de Información á muller do Concello de Muíños, reivindicando o papel da muller na sociedade e no mundo do deporte.  Foi un día repleto de reivindicacións dos dereitos da muller, así como da necesidade de  igualdade social e laboral.

Rematamos o día elaborando  un libro colectivo sobre mulleres que cambiaron a historia.

Podes ver máis sobre as actividades premendo aquí

 


 

01/03/2022

ABERTO OPRAZO DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión novo alumnado para o curso 2022/23. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” .

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:

  1. Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia e orixinal para cotexar.
  2. Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
  3. Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso, e orixinal para cotexar 

PRAZO:

- Presentación de solicitudes: do 1 ao 21 DE MARZO


25/02/2022

ENTROIDO

Para ver máis imaxes, premer aquí


 23/02/2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


 

17/02/2022

INICIO Á ROBÓTICA E SCRATCH

Hoxe xoves, 17 de febreiro, tivemos no centro un obradoiro práctico de Iniciación á robótica e Scratch, no que participaron os alumnos e alumnas da aula de Educación Primaria. Esta actividade forma parte do proxecto Emprende Makers, confinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa INTERREG V a ESPAÑA-PORTUGAL, levado a cabo pola Diputación de Ourense.

Para ver o álbum completo, preme aquí


 28/01/2022 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

Unha vez máis, veu ata o noso centro o persoal da Cruz Vermella de Celanova a falarnos do Día da non violencia e a Paz. Esta vez foi Elena quen nos explicou por qué se celebra ese día e quén era Mahatma Gandhi. 

Moitas grazas Elena! 

Para ver o álbum completo, preme aquí

 


24/01/2022

PROXECTO ALBUFEIRA

Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico estase a desenvolver un proxecto de concas hidrográficas internacionais España-Portugal, denominado proxecto Albufeira. Non quixemos perder a oportunidade de participar nun proxecto tan interesante e hoxe tivemos a visita de Ramón que, cunha explicación moi amena e uns xogos no patio moi divertidos, nos ensinou unha chea de cousas sobre os ríos, as súas partes, dos problemas de contaminación máis habituais....

Para ver máis sobre esta xornada, premer aquí


 

Un curso máis, participamos no programa de "Consumo de Leite e Froitas na escola", por elo, dende o día 17  ata o 28 de xaneiro repartiremos leite  durante os períodos de lecer. 


 


INICIO DO PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN

Aberto o prazo  (11 de xaneiro ata o 8 de febrero) para a reserva de prazas nos centros de adscrición; neste caso, trátase de realizar a reserva para o alumnado de 6º EP e que continúe os seus estudos no IES Aquis Querquernis.

PROCEDEMENTO:

Para poder facer a reserva existen dúas maneiras: 

  1. Por vía telemática, na aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación (seguindo a Ruta “Solicitudes-Reserva-Crear”). 
  2. Cubríndo a man (descargando o Anexo I que se achega a continuación). 

A solicitude de reserva deberase presentar no noso centro ou mediante SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden consultar toda a información con respecto aos pasos a seguir, para realizar a reserva no Anexo II que segue.

A solicitude de reserva deberase presentar no noso centro ou mediante SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo esta a canle preferible de presentación.

 


 

AVISO IMPORTANTE

Ante a volta ás clases mañá,  luns día 10, desde o centro queremos pedirlles o reforzamento das medidas habituais ante a situación actual da pandemia, para un comezo o máis seguro posible:

1.-Control de síntomas antes de saír da casa

2.-Máscara en todo momento

3.-Mantemento da distancia.

4.-Hixiene de mans e desinfección.

5.-Abrigarse para a ventilación das aulas.

No caso de presentar síntomas, deberán seguir as instrucións do seu médico e en todo caso ter en conta as últimas normas de illamento comunicadas pola Consellería de Educación e establecidas a nivel nacional:

a) "Os casos activos (positivos) deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos".

b) "Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas".

c) "Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa".

d) "A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento".

Por outro lado,  desde o día 7 a Xunta ofrece un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Teñen toda a información no seguinte enlace. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35932

Agradecemos a súa colaboración en beneficio de todos.


 21/12/2021

NADAL

Hoxe, 21 de decembro, rematamos o primeiro trimestre deste curso tan atípico. Dende o CEIP Valle-Inclán, queremos desexarlles unhas felices festas e un vindeiro ano 2022 cheo de ledicia e boas novas. Feliz Nadal!

Para ver as imaxes da xornada, click aquí


 13/12/2021

VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVO CONTEXTO DIXITAL

 

Hoxe luns, 13 de decembro, o alumnado de Educación Primaria participou nunha charla-taller moi interesante sobre a "Violencia de xénero e novo contexto dixital" impartida por Haizea Álvarez, quen veu acompañada de Patricia, do concello de Muíños. Moitas grazas!

Para ver máis fotografías, preme aquí

 


 03/12/2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Hoxe é o "Día Interncional das Persoas con Discapacidade" e no CEIP Valle-Inclán non podemos pasar por alto unha data tan sinalada. Coñecer a diversidade, aceptala e respetala é un dos maiores obxectivos do noso centro e por ese motivo a profesora de Pedagoxía terapéutica, Andrea, impartiu unha charla para concienciarnos da importancia dun día como o de hoxe e analizar os distintos tipos de discapacidade.

Podes ver as fotografías da charla premendo aquí.


 

26/11/2021

CIENCIA EN MOVEMENTO

 
Hoxe venres, día 26 de novembro, volveron a visitarnos por segundo ano consecutivo Suso e Amparo, membros de Ciencia en Movemento, cos que compartimos unha xornada chea de ciencia e diversión co Taller Fire e na que realizamos varios experimentos de equilibrio de  forzas, empregando un par de garfos e escarvadentes.
 
Para saber máis sobre esta actividade  premer aquí

 


 

25/11/2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Comezamos a xornada cunha charla, organizada polo concello de Muíños, na que analizamos o significado desta data e falamos dos estereotipos sexistas máis habituais na nosa sociedade. Continuamos coa realización dun par de murais colectivos e finalizamos o día comentando o libro de Os Bolechas pola Igualdade.

Para ver máis imaxes, preme aquí.

 


 19/11/2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O sábado 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia e para lembrar a súa importancia contamos coa visita dalgúns dos membros da Cruz Vermella de Celanova, que a través dunha breve charla e explicación nos axudaron a lembrar os dereitos básicos de todos os nenos e nenas. 

Para ver máis,  fai click aquí


 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO (CURSO 2021-2022)

 

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Dende o 16 ata o 26 de novembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2021/22.

Moi importante: non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para a adquisición de material escolar no curso 2021/22, pois dito alumnado terá dereito á axuda das máscaras automaticamente.

Presentarán a solicitude presencialmente no centro as familias de alumnos/as que cumpran algunha das seguintes condicións:

1-  Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio do 2019)

2-  Alumnado matriculado en educación especial.

3-  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

4-  Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O centro estará aberto de 12:00 a 12:30 de luns a venres para a entrega da documentación correspondente.

Documentación complementaria que hai que entregar coa solicitude:

- Anexo I e II.

 - Copia do libro de familia, onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.

 - Certificado do grao de discapacidade.

 


12/11/2021

MAGOSTO

Hoxe, día 12 de novembro, despois dun día sen clases por ser festivo local no Concello de Muíños o 11 de novembro, celebramos un magosto atípico polos corredores e o patio do colexio cunha morea de xogos e actividades na que as castañas foron as protagonistas.

 

Podes ver o álbum completo premendo aquí


 29/10/2021

SAMAÍN 

Hoxe, venres 28 de outubro, celebramos no CEIP Valle-Inclán un Samaín arrepiante e divertido.

Foi unha mañá moi amena, chea de  xogos, actividades e sorpresas. Pasámolo de medo!

Podes ver o álbum completo premendo aquí

 


 ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

RESOLUCIÓN de 20 de septiembre de 2021, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos.

Neste curso procederase á renovación do Consello Escolar, tal e como establece a Resolucióndo 20 de setembro do 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Desde o centro, informamos que no día de hoxe publicamos o censo relacionado coas familias para a celebración das eleccións ao Consello Escolar, as cales terán lugar nos vindeiros días. O censo estará exposto no taboleiro de dirección do colexio para a súa consulta.

 

Recordamos, así mesmo, que este mércores, día 27 de outubro ás 12:00 h, na biblioteca do centro, levarase a cabo o sorteo dos membros que constituirán a Xunta Electoral. . Este proceso é aberto e público polo que as familias que o desexan poderán asistira ao sorteo.

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Constitución da Xunta Electoral do CEIP Valle-Inclán, quedando a mesma estruturada da forma seguinte:

1. Presidenta: Dª. Rosa M. Rodríguez, Directora do Centro.

2. Vogais:

Dª. Andrea Álvarez Montes (mestra-secretaria)

Suplente: Xema Estévez Pateiro (mestra)

Monserrat Dominguez (nai)

Suplente: Daniel López (pai)

 

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

 

CALENDARIO CONSELLO ESCOLAR 2021/2022

DATA

HORA

Exposición do censo electoral

26 OCT

12:00

Sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral

27 OCT

12:00

Reclamación ao censo ante a Xunta Electoral

29 OCT

12:00

Constitución da Xunta Electoral

4 NOV

14:10

Primeira reunión da Xunta Electoral:

-Acto de constitución.

-Aprobación do calendario de actuacións.

-Aprobación dos censos.

-Solicitar ao Concello a designación do seu representante.

-Solicitar a designación do representante de pais/nais.

4NOV

14:10

Presentación de Candidaturas por escrito á Xunta Electoral dos diferentes sectores

4 ao 15 NOV

9:15-14:10

Remata o prazo de presentación de candidaturas

15 NOV

14:10

Segunda reunión da Xunta Electoral:

-Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

-Aprobación definitiva de censos electorais.

-Aprobación de modelo de papeletas, sobres...

-Sorteo público de designación dos membros das mesas electorais.

15 NOV

16:00

Comezo das campañas electorais.

Circular ás nais/pais das candidaturas do seu sector.

Citacións para a constitución da mesa electoral.

15 NOV

 

Votacións pais,nais e tirores legais do alumnado

22 NOV

15:30-17:30

Terceira reunión da Xunta Electoral:

-Proclamación do candidato/a electo/a.

-Resolver reclamacións.

23 NOV

14:10

-Traslado da copia das actas á Xefatura Territorial

24 NOV

12:00

Constitución do Consello Escolar.

Antes do 17 de decembro

 

 


 

REUNIÓNS XERAIS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

Informamos que o luns, 25 de outubro ás 16:00 horas, teremos no colexio unha reunión xeral informativa cos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as do centro escolar.

Pregamos asista só unha persoa por alumno/a  e respectando as normas hixiénico-sanitarias:

- Uso de máscara

- Desinfección de mans

- Distancia de seguridade

Moitas grazas!


 

NOTA INFORMATIVA SOBRE A APLICACIÓN ABALAR

 

Comunicamos ás familias que é preciso que teñan descargada a aplicación abalarMóbil, para poder recibir avisos e comunicacións do centro educativo.

Tedes máis información sobre a aplicación AQUI.

 


 

CALENDARIO ESCOLAR 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut