Novas Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 15 horas 51 min

Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en Educación

Ven, 26/04/2024 - 13:33

Summary: 

O conselleiro preside a toma de posesión de Carmen Cotelo como nova directora da Axencia Galega de Innovación, que se compromete a aproveitar “todo o potencial de talento e coñecemento” para facer de Galicia “un referente de I+D+i”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, avoga polo impulso da ciencia e a innovación como “unha oportunidade de futuro” para Galicia. Así o sinalou esta mañá con motivo da toma de posesión de Carmen Cotelo Queijo como directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro do organigrama da Consellería, de quen destacou o seu coñecemento nesta área avalado pola súa traxectoria profesional.

Nesta nova lexislatura que acaba de comezar, o titular de Educación expresou que o seu departamento vai traballar para reforzar a cooperación entre o eido educativo e o empresarial co fin de avanzar no coñecemento aplicado á mellora social “buscando ser útiles para a ciencia, a investigación, os sectores produtivos, a sociedade e, en definitiva, a Galicia”. Tamén aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo desenvolvido ata o de agora á fronte da Axencia por Patricia Argerey -presente no acto- e o seu equipo, polo traballo levado a cabo nos últimos anos.

Pola súa banda, a nova directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, comprometeuse a traballar para aproveitar “todo o potencial de talento e coñecemento” que existe para posicionar a Galicia “como un referente de I+D+i”.

Currículo da nova directora

A directora do GAIN é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén obtivo o doutorado na área de Computación. Iniciou a súa traxectoria profesional no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) no ano 1999, onde desenvolveu actividades de carácter científico, técnico e de xestión, principalmente no marco de proxectos de I+D+i rexionais, estatais e europeos.

En 2018 incorporouse á Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) para traballar na área de Innovación e Programas Europeos, da que foi directora adxunta, colaborando estreitamente coas Universidades, Centros Tecnolóxicos, empresas e organismos públicos, galegos e de toda Europa para a captación de financiación pública e o desenvolvemento de estratexias. Neste contexto, contribuíu á formación de máis 200 consorcios e ao desenvolvemento de máis de 30 proxectos de I+D+i europeos.

Desde 2023 desempeñou o cargo de directora de innovación no Centro Internacional de Cuántica de Fujitsu, traballando no establecemento de colaboracións a nivel galego, español e europeo, co obxectivo de posicionar a Galicia como un referente en computación cuántica e acelerar a adopción destas tecnoloxías mediante a colaboración público-privada.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

Ven, 26/04/2024 - 11:04
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

 

File: 

Orde do 19 de abril de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 19 de abril de 2024 (DOG)

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Axudas e premios Premios autonómicos

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto Erasmus KA131-HED-000064182

Ven, 26/04/2024 - 08:40
Idioma Gallego

Publícase a resolución de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Máis información.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado

O 97% do alumnado de cuarto de Infantil obtén praza no centro educativo escollido como primeira opción tras a mellora das rateos

Xov, 25/04/2024 - 15:47

Summary: 

Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137 prazas ofertadas

Trátase de datos provisionais, que se axustarán nos vindeiros meses en función das cifras finais de matrícula

O 100% do alumnado ten garantida praza nun centro sostido con fondos públicos

Idioma Gallego

O 97% do alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil –3 anos– nos centros educativos galegos para o vindeiro curso 2024/25 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Así se desprende dos datos provisionais do proceso de admisión tras as novidades introducidas este ano, coa mellora das rateos de 25 a 20 alumnos ao abeiro do acordo coas organizacións sindicais.

En total, recibíronse 14.379 solicitudes de nenos de tres anos para un total de 21.137 prazas ofertadas, co que se ocuparán o 68% e quedan baleiras a día de hoxe o 32%. Tan só un 3% destes alumnos non acadou unha praza no centro de primeira escolla, o que supón 430 alumnos en toda Galicia, fronte aos 13.949 nenos que si estudarán no primeiro centro escollido polas súas familias.

Polo tanto, as incidencias derivadas da mellora da rateo é mínima no que respecta á obtención de praza no centro de primeira escolla. O 97% consigue praza na súa primeira opción, chegando a ser máis do 98% en concellos como Ferrol, Santiago de Compostela ou Pontevedra. No cómputo xeral a suba da taxa de alumnos non admitidos no centro de primeira opción é de só 2,2 puntos porcentuais respecto do curso 2023/24.

Nos casos de máis demanda que oferta de postos, as prazas serán asignadas como sempre polos centros ou a comisión de escolarización de cada zona, segundo corresponda, en función do baremo aplicable a cada solicitude de admisión e atendendo aos centros de preferencia marcada, tal e como establece a normativa. Nos concellos cun único centro educativo, os nenos obterán praza no mesmo aínda que a demanda supere a oferta. Para iso adoptaranse as medidas que, de ser o caso, sexan precisas.

Calendario de matrícula

Estamos ao inicio do proceso de admisión, que se desenvolverá ata a matrícula en xuño/xullo en coordinación permanente coa Inspección Educativa, polo que os datos se irán axustando ata concluír o proceso. En todo caso, o 100% do alumnado ten garantida praza nun centro sostido con fondos públicos.

As listas definitivas de admitidos e excluídos publicaranse o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 de xuño ao 1 de xullo para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 8 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Os datos provisionais polas catro provincias son os seguintes:

Provincia

Solicitudes

Admitidos en 1ª opción

Porcentaxe de admitidos en 1ª opción

A Coruña

6214

5978

96,2%

Lugo

1552

1515

97,6%

Ourense

1369

1321

96,5%

Pontevedra

5244

5135

97,9%

Total

14379

13949

97,0%

 

Os datos polas sete principais cidades son os seguintes:

 

Concello

Solicitudes

Admitidos en 1ª opción

Porcentaxe de admitidos en 1ª opción

A Coruña

1456

1344

92,3%

Ferrol

319

314

98,4%

Santiago de Compostela

624

612

98,1%

Lugo

570

545

95,6%

Ourense

622

606

97,4%

Pontevedra

519

511

98,5%

Vigo

1620

1579

97,5%

Total

5730

5511

96,2%

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Rueda asiste ao Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova

Xov, 25/04/2024 - 15:46
Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe os proxectos do VI Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova na Cidade da Cultura.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Román Rodríguez reúnese co novo presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para abordar os retos de futuro da entidade

Xov, 25/04/2024 - 12:27
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co novo presidente do Consorcio da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Juan José Nieto Roig, para analizar os retos de futuro da entidade. Na xuntanza tamén estivo presente a presidenta saínte, María Patrocinio Morrondo, a quen o conselleiro agradeceu “o labor e compromiso” amosado desde o ano 2009 que exerceu no cargo.

A ACSUG ten como misión fundamental contribuír á mellora da calidade do Sistema Universitario de Galicia e que este se manteña permanentemente actualizado e adaptado ás necesidades sociais cambiantes. Para lograr os seus obxectivos, elabora informes, avaliacións, certificacións e acreditacións das actividades que desenvolven as universidades galegas, especialmente as referidas á docencia, á investigación, a transferencia de coñecemento e á xestión.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25

Xov, 25/04/2024 - 08:52
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio de 2024, inclusive.
  • Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Deseño, as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 25 de xuño de 2024, inclusive.

 

File: 

Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG)

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Sorteo do tribunal número 2 da especialidade 590219 Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

Mér, 24/04/2024 - 12:56
Idioma Gallego

Hoxe realizouse o sorteo do tribunal número 2 da especialidade 590219 Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico polo que se procede a Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o acceso e ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A) incluindo este último.

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Rueda destaca que a excelencia do sistema de investigación de Galicia sitúa á comunidade coma un referente nacional e internacional

Mar, 23/04/2024 - 15:30

Summary: 

Subliña a aposta do Goberno autonómico coa Ciencia ao incorporar esta competencia na Consellería de Educación, Universidades e FP

Afirma a importancia de “poñer os medios para que se poida seguir traballando” dentro da comunidade

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a excelencia do sistema investigador e científico de Galicia que sitúan á I+D+i galega coma un referente a nivel nacional e internacional.

Durante unha visita ás instalacións do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) de Santiago de Compostela, Rueda salientou o compromiso da Xunta coa ciencia ao incorporar esta competencia á Consellería de Educación, Universidade e FP e apostar por seguir ampliando o número de centros de investigación de excelencia na comunidade.

A Rede de Centros de Investigación Universitaria  de Galicia (CIGUS) conta na actualidade con oito centros acreditados nos que traballan 1.650 científicos. Nesta liña, o presidente da Xunta afirmou que “o que temos que facer é poñer os medios para que se poida seguir traballando” e isto significa nunha aposta da Xunta por ofrecer “tempo, retribución, estabilidade e capacidade de formar equipos” a todos os investigadores da comunidade.

O titular do Goberno galego subliñou a aposta da Xunta polo apoio a estes centros punteiros. Nesta liña, a Xunta traballa na ampliación do número de centros que forman parte desta rede de excelencia, que se verá reforzada coa creación da categoría de Centros de Investigación Colaborativos. Con este fin, aumentarase tamén o investimento por parte do Goberno galego.

Por último, Rueda agradeceu o labor diario que realizan os milleiros de investigadores que traballan na comunidade e fixo fincapé na importancia de “reter o talento que hai na nosa terra” e que os investigadores galegos poidan “atopar aquí as oportunidades”.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se ten por desistidas da súa petición ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación ou non emendaran a súa solicitude de participación (ED001A)

Mar, 23/04/2024 - 13:41
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se ten por desistidas da súa petición ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación ou non emendaran a súa solicitude de participación no prazo establecido para estes efectos nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG n.º 32, do 14 de febreiro).

De conformidade coa base terceira desta, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun (1) mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses a contar desde a mesma data ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras

Mar, 23/04/2024 - 13:00
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 ( apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Anuncio principal: 

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Programas e plans Axudasle

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras

O curso escolar 2024-25 comezará o 11 de setembro e rematará o 20 de xuño

Mar, 23/04/2024 - 12:16

Summary: 

O DOG publica o calendario que rexe para todas as etapas educativas: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas de Réxime Especial

Idioma Gallego

O vindeiro curso escolar 2024-25 comezará o día 11 de setembro de 2024 e rematará o 20 de xuño de 2025. Este calendario, que publica o Diario Oficial de Galicia rexe para todas as etapas educativas. No caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, ABAU.

Canto ás vacacións escolares, haberá tres períodos que son o de Nadal, do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive; o do Entroido os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025, e o de Semana Santa, do 14 ao 21 de abril de 2025. Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro.

A orde de calendario tamén recolle que para o vindeiro curso, as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno do Estado a través da LOMLOE para 4º curso de Primaria e para 2º de ESO realizaranse entre o 1 e o 11 de abril de 2025.

Canto ao período de adaptación para o alumnado de 4º curso de Educación Infantil,  os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 17 de setembro. 

No que atinxe ao servizo de comedor escolar, en todos os centros públicos funcionará desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Unha vintena de centros escolares compiten para representar a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

Mar, 23/04/2024 - 12:15

Summary: 

O aeródromo das Gaivotas, en Cerceda, acolle o lanzamento de Cansat, no que participan 23 equipos e máis de 140 alumnos

O día 26 presentaranse os resultados dos proxectos e revelarase o equipo gañador

Idioma Gallego

Un total de 23 equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda.

A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Antes de lanzar os satélites, os máis de 140 alumnos participantes comprobaron os pesos, medidas, baterías e frecuencias dos aparellos. A continuación, valéronse de drons para o lanzamento, baixo a coordinación e supervisión de Aeromedia. Finalmente, desprazáronse ata o lugar onde descenderon os artefactos para recuperalos.

Deste xeito, o programa Cansat contribúe a mellorar as competencias científicas do alumnado, ao tempo que os axuda a desenvolverse na resolución de retos tecnolóxicos.

Os centros e equipos participantes son os recollidos na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

Equipo

Coruña, A

Arteixo

IES Manuel Murguía

Cosmurguía

Coruña, A

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora Carmen

NOE

Coruña, A

Cariño

IES Cabo Ortegal

PixinSat

Coruña, A

Coruña, A

CPR Compañía de María

CMCSAT24

Coruña, A

Ferrol

CPR Ayala

AyalaSAT

Coruña, A

Muxía

IES Ramón Caamaño

Muxía en órbita

Coruña, A

Noia

IES Virxe do Mar

Lata espacial

Coruña, A

Ortigueira

IES de Ortigueira

TecnoOrtigueira

Coruña, A

Pontes de García Rodríguez, As

IES Castro da Uz

Uzspace

Lugo

Burela

IES Perdouro

Foghete Pataqueiro-73X

Lugo

Lugo

IES Leiras Pulpeiro

LASA/Tecno-Leiras

Lugo

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

MINDOROCKETSAT

Ourense

Gudiña, A

CPI Laureano Prieto

Club de Ciencias Laureano Prieto

Ourense

Ourense

IES O Couto

As programadoras do Couto/Frutilla

Pontevedra

Caldas

IES Aquis Celenis

AquisSat3/AquisSat4

Pontevedra

Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

Panoramix VII/CoiaSat

Pontevedra

Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Rousat-1

Pontevedra

Vigo

CPR Las Acacias

Las Acacias SAT

Pontevedra

Vigo

CPR Montecastelo

MontecasteloSAT

Tras o lanzamento de hoxe, o día 26 desenvolverase un evento para presentar os resultados dos proxectos, nos que se valorará a parte de programación e de construción de hardware, así como a parte de comunicación e difusión das propostas. O equipo gañador da fase rexional representará a Galicia na fase nacional.

Un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o CanSat ou déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A escritora Arantza Portabales obtén o Premio Clubs de Lectura 2024

Mar, 23/04/2024 - 12:05

Summary: 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP recoñece a esta autora galega por ser a máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso

Idioma Gallego

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP anuncia que a escritora Arantza Portabales obtén o Premio Clubs de Lectura 2024 por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso escolar.

Este premio, que se creou no ano 2015, ten por obxecto recoñecer o labor dos autores con obra en lingua galega que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos lectores que participan nos clubs.

Ata o momento recibiron o premio os escritores Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez e Manuel Núñez Singala. Todos eles, comprometidos coa lingua galega, axudan á construción de lectores nas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono.

Arantza Portabales é unha das autoras máis seguidas polo lectorado xuvenil galego. Comezou a escribir en 2013 no xénero do microrrelato. No 2015 publica o seu primeiro libro en galego e colleita case unha decena de galardóns, como o premio á mellor novela europea traducida do Casino de Santiago de Compostela con Deixe a súa mensaxe despois do sinal ou o premio Manuel Murguía de relato con Xanelas, entre outros.

432 centros participantes

Este curso, un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Educación, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado, como son a comunicación lingüística, as competencias sociais, culturais e sociais, entre outras.

Por provincias, 162 dos centros integrados son da Coruña (24 de nova incorporación), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Sorteo dos vogais do tribunal número 2 da especialidade 590219 Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

Mar, 23/04/2024 - 09:16
Idioma Gallego

Por erro, realizouse o sorteo dun único tribunal na especialidade Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico, cando en realidade nesta especialidade actuarán dous tribunais.

Para corrixir este erro procederase ao sorteo do segundo tribunal este mércores 24 de abril, ás 9:00 horas, na  Sala de Xuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Premio dos Clubs de Lectura 2024 para Arantza Portabales

Mar, 23/04/2024 - 08:10
Idioma Gallego

Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.

 

File: 

Resolución do 19 de abril de 2024

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Rueda anuncia que arrancan os trámites para facer efectiva a matrícula gratuíta para todos os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do vindeiro curso 2024-25

Lun, 22/04/2024 - 21:30

Summary: 

Salienta que, deste xeito, o acceso ao ensino público en Galicia “será totalmente gratis”  desde as escolas infantís ata rematar unha carreira

A matrícula será de balde para todos os que inicien estudos en primeiro curso así como para os de segundo e posteriores cursos que superen unha porcentaxe de créditos entre o 65% e o 90% segundo a área de coñecemento

O conselleiro de Educación destaca que Galicia convértese, así, na única comunidade autónoma onde é posible obter unha titulación de grao totalmente gratuíta para as familias

A maiores, o Goberno galego seguirá mantendo conxeladas as taxas dos másteres, os máis baratos do Estado

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Goberno autonómico xa está a traballar nos trámites para facer efectiva a gratuidade de matrícula para todos os estudantes de grao universitario e de Ensinanzas Artísticas Superiores a partir do vindeiro curso 2024-2025.

O departamento que dirixe Román Rodríguez elevou ao Consello da Xunta un informe sobre a tramitación administrativa para formalizar esta acción de apoio ás familias que, segundo resaltou o presidente, vaise sumar a gratuidade xa aplicada na educación de 0 a 3 anos. Na práctica isto implica que en Galicia “o acceso ao ensino público vai ser totalmente gratuíto” desde a escola infantil e ata rematar un grao universitario.

Pola súa parte, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, salientou que se trata dunha medida “pioneira” no conxunto do Estado xa que Galicia será a primeira comunidade autónoma en garantir o acceso gratuíto aos estudos universitarios, con matrícula de balde para todos aqueles que se matriculan por primeira vez, así como para o resto dos cursos superados ata obter o título correspondente. 

Isto significa que todos os universitarios que aproben van ter asegurada a matrícula gratuíta ao longo de toda a súa carreira universitaria a partir do próximo setembro, o que converte a Galicia na única comunidade autónoma onde é posible obter unha titulación de grao totalmente de balde.

A medida será de aplicación a todos estudantes de grao matriculados en calquera das tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego (SUG) así como aos estudantes de Ensinanzas Artísticas Superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos, tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos.   

Así pois, as familias cuxos fillos e fillas inicien por primeira vez estudos de grao ou de artísticas o próximo mes de setembro non terán que desembolsar ningunha matrícula, o que supón maior facilidade de entrada para todos os estudantes e contribúe á igualdade de oportunidades. 

Tamén será gratuíta para os alumnos do resto dos cursos ata finalizar o grao (segundo, terceiro e cuarto, ademais de quinto e sexto naquelas de maior duración) que aproben a porcentaxe de créditos establecida para cada área de coñecemento. 

Para acceder á matrícula gratuíta, no caso dos estudantes de novo ingreso que debutan na universidade, deberán ter superado a parte obrigatoria da ABAU en Galicia na convocatoria de 2024 ou un ciclo superior de FP en calquera centro galego. 

Para os estudantes de continuidade (segundo e sucesivos cursos), deberon estar matriculados nun grao nunha universidade pública galega durante o curso anterior (isto é, no actual 2023-24) e ter superados  o 90% dos créditos nos graos das áreas de Humanidades e Xurídicas, o 80% dos créditos nos da área da Saúde e o 65% no caso das Enxeñarías e graos da área de Ciencias, empregando así as mesmas porcentaxes que as bolsas a nivel estatal.

A previsión, tal e como salientou o conselleiro, é que as familias de alumnos universitarios poidan aforrar entre 700 e 800 euros ao ano, unha contía que sería duns 380 euros de medio ao ano para os matriculados en ensinanzas artísticas.

Redobrar esforzos no apoio ás familias

Tal e como destacaron Rueda e Rodriguez, esta medida supón redobrar a aposta da Xunta de Galicia polo apoio ás familias coa gratuidade da educación para o alumnado desde que entra na gardería, na etapa 0-3 anos, ata que remata os seus estudos universitarios, ao tempo que “se fomenta a cultura do esforzo”, premiando o interese, a dedicación e o bo aproveitamento académico. 

Rueda lembrou que Galicia xa levaba 13 anos coas matrículas universitarias conxeladas, unha medida mellorada agora coa gratuidade total  para todos os cursos de grao. No caso dos estudos de máster, as taxas vanse manter conxeladas unha vez máis no prezo medio de 11,89€/crédito, o que supón un importante aforro para as familias. 

Deste xeito, Galicia vai ter a universidade máis accesible de toda España, coa matrícula de grao gratuíta e os másteres máis baratos do Estado.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Convocado o X Concurso de Traballos por Proxectos para o curso 2023/24

Lun, 22/04/2024 - 12:34
Idioma Gallego

Achégase  arquivo coa Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o X Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de xullo de 2024.

 

File: 

Resolución do 19 de abril de 2024

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Back to top