Letras Galegas 2016

Acabamos de subir á páxina Web do colexio o vídeo da celebración das Letras Galegas 2016.

                                                                                    Arquivo libre de virus  

FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Publicada no DOG do 16 de maio de 2016 a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con
fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Orde 27 de abril

Extracto da Orde do 27 de abril

Anexo I. Impreso de solicitude

NAVEGA CON RUMBO. GUÍA PARA NAVEGAR POR INTERNET.

Navegar polo ciberespacio é moi doado, encontrar o que buscas non tanto, pero encontrar o que non buscas si. 
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Unha iniciativa para concienciarnos a todos da importancia de saber navegar por internet.
No seguinte enlace tedes a páxina de Navega con Rumbo, onde encontraredes algunhas guías sobre este tema.

CAMBIO DE NÚMERO DE TELÉFONO DO CENTRO

DEBIDO AO CAMBIO DA REDE TELEFÓNICA POR PARTE DA XUNTA O NOVO NÚMERO DE TELÉFONO DO CENTRO PASA A SER:

881 960 324

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2016-17

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza no centro de adscrición: IES NEIRA VILAS

Procedemento para a matrícula no IES NEIRA VILAS

Reserva de praza

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

ACCESO DIRECTO AO BLOGUE "ROBOTIZANDO O VALLE-INCLÁN""

Acabamos de subir á páxina do colexio, un novo bloque con acceso directo ao blogue utilizado polos nosos alumnos co propósito de participar desde o noso centro na Hora do Código.
A finalidade de crear o blogue, "Robotizando o Valle-Inclán" foi para que nenos e nenas completen unha hora xogando, aprendendo e creando con tecnoloxía.
A Hora do Código é unha introdución dunha hora de duración ao mundo da programación, deseñada para mostrar que todo o mundo pode aprender a programar.

CONCEDIDA A SUBVENCIÓN DO CONCELLO

Queremos agradecer, como en anos anteriores, a importante subvención recibida polo Concello, 10510 euros, para materiais didácticos de educación infantil e actividades didácticas e culturais (coidado do contorno, semana do libro, boletíns informativos, viaxes...).

O NOSO COLEXIO PARTICIPA NA INICIATIVA “A HORA DO CÓDIGO”

Actualmente, coñécense evidencias científicas sobre os beneficios de aprender a programar, entre outros, maior capacidade de atención, máis autonomía, mellora no razoamento e na resolución de problemas... ademais do impacto positivo na creatividade e as respostas emocionais.

É por este motivo que o CEIP Valle-Inclán na liña das diferentes innovacións educativas tecnolóxicas, participará, entre os días 9 e 15 de decembro,  na iniciativa "a Hora do Código" que consiste en introducir aos alumnos de Educación Infantil e Primaria no ámbito da programación.

                                                    https://hourofcode.com/es

Distribuir contido

Back to top