ADIX

Enviado por admin o Lun, 22/11/2021 - 05:36

Estimadas familias:

Segundo a resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022, o noso centro foi seleccionado para participar nesta rede. Poderedes atopar toda a información facendo click na imaxe.

 

“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”

Enviado por admin o Xov, 19/01/2023 - 07:32

Prezadas familias:

 

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:

 

“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL

PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”

 

Será o próximo luns 30 de xaneiro de 2023, de 17:30 a 19h.

Correrá a cargo da Asociación AMINO, Asociación Abuso y Maltrato

Infantil NO.

 

 

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

  • Sexualidade na infancia e preadolescencia,
  • Prevencion do abuso sexual,
  • Acompañamento da familia/ institucional.

 

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de ENAPAS, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no cuarto andar.

Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

 

Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA:

anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com

 

Agardamos vervos o luns día 30 de xaneiro. Agradecemos difusión.

Recibide unha aperta,

 

Isabel Landín

Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán

PLANTACIÓN NO MONTE MARUXENTO

Enviado por admin o Lun, 20/12/2021 - 13:17
Distribuir contido