COÑEZE O ESPAZO ABALAR

O 8 de Novembro recibimos a visita de Daniel Medina que veu ao cole para explicar ás familias que é o Espazo Abalar.

Na charla explicouse coma acceder ao espazo familias da citada web empregando o DNI electrónico ou o certificado dixital e as distintas accións que se poden realizar dentro deste espazo: visualización das cualificación dos fillos, xustificación das faltas de asistencia, solicitude de reunión de titoría...

Tamén explicouse como acceder ao repositorio de contidos nos que hai moitas actividades didácticas que poden ser empregadas polo alumnado para reforzar os seus coñecementos.

ACCESO ESPAZO ABALAR