Skip to Content

Visitamos a Exposición de Burela In - A Mariña Sen Plástico

Esta mañá o alumnado de 5° de Primaria visitamos a mostra itcnerante de A Mariña Sen Plástico, alí as monitoras de Gaia ensináronnos e explicáronnos toda a exposición.
Foi información moi interesante que esperemos que nos axude a concienciarnos da importancia de reducir o Consumo de plásticos, aprender a reutilizalo da mellor forma posible e especialmente darnos conta da importancia que ten non tirar lixo que poda acabar na natureza.
Algúns datos foron moi sorprendentes para nós, por exemplo non sabíamos que un producto plástico no mar pode recorrer centos de miles de quilómetros. E tamén que un plástico tardará centos de anos en degradarse, ollo en degradarse, que non en desaparecer por completo.
Moitas gracias a Begoña por darnos tan interesantes explicacións.


blog | by Dr. Radut