Skip to Content

Instalacións

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN (1-20 DE MARZO)

 

ADMISIÓN 24/25 

*ACONSELLAMOS COMPROBALO PRESENCIALMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA

 

Datas a ter en conta: 

  • Derradeiro día de publicación de listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Derradeiro día de publicación de listaxes definitivas: 15 de maio. 
  • Prazo de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo.

Catálogo de prazas dispoñibles*

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

 

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Opción 1

Acudir presencialmente á secretaría/dirección do centro de luns a venres en horario de atención ao público (este horario aparece especificado no apartado de Equipo Directivo- Horarios de atención).

O impreso de solicitude será facilitado no centro, aínda que tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Xunto co impreso, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo da idade da alumna/o: DNI da nena/o, libro de familia ou outro documento que a acredite.

  • Documento acreditativo da identidade dos proxenitores.
  • Outra documentación que deba alegar en función do que precisen acreditar (familia numerosa, discapacidade, traballo próximo ao centro...).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.

Opción 2

Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica, achegando escaneada toda a documentación. Máis información na aplicación admisionalumnado .

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

O cole a vista de paxaro

No seguinte vídeo, gravado cun dron en setembro do 2020, podemos ver o noso cole dende unha perspectiva diferente!

Instalacións

O centro está formado por dous edificios nos que se reparten as seguintes instalacións.


 

EDIFICIO 1

 

DEPENDENCIAS E INSTALACIÓNS

  • Aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
  • Aula de Pedagoxía Terapéutica
  • Laboratorio
  • Secretaría
  • Xefatura de estudos
  • Dirección
  • Pista polideportiva
  • Parque infantil
  • Areeiro
  • Comedor
  • Local da ANPA

 

EDIFICIO 2

  • Aulas de Infantil
  • Aulas de 1º e 2º Curso de Primaria
  • Aula de música/relixión
  • Aula de informática
  • Aula de Pedagoxía Terapéutica
  • Aula de Audición e Linguaxe
  • Aula de usos múltiples (psicomotricidade/EF)
  • Biblioteca
  • Departamento de Orientación
  • Sala do profesorado
  • Conserxería
  • Pista polideportiva
  • Invernadoiro
  • Patio cuberto
  • Parque infantil

COLEXIO ACCESIBLE

“Los pictogramas son recursos de comunicación de carácter visual que sirven, entre otras

cosas, para facilitar la comunicación de necesidades o estimular la expresión en el caso de que

existan carencias sensoriales, cognitivas o bien un conocimiento insuficiente de la lengua de

comunicación. Por esta razón, los pictogramas constituyen un recurso capaz de adaptarse a

diversos propósitos comunicativos en la enseñanza que se desarrolla en contextos de

diversidad.” Cuaderno Intercultural

 

Crear entornos cognitivamente accesibles constitúe unha prioridade no noso colexio.

O profesorado especialista na atención á diversidade realizou un traballo de adaptación de espazos e materiais accesibles utilizando os pictogramas de ARASAAC.

Considerase que o uso destes apoios visuais favorecen a autonomía e a comunicación de todo o alumnado e non só daquel que, por diversas causas, presentan problemas de comunicación ou de linguaxe. 

Todas as dependencias do centro contan co seu correspondiente pictograma xunto ao nome e colocado a una altura media, visible para o alumnado. 

Agradecer ao Concello de Burela e a Federación Autismo de Galicia a súa colaboración.

Algunhas fotos das dependencias do centro con pictogramas e máis usos que se fan deles: rutinas, horarios, calendarios,....

 

 

  

 

Explicación moi visual a que fai o CEIP Aragón a través deste video: 

Distribuir contido


by Dr. Radut