Skip to Content

Poñémonos no lugar das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro celébrase o Día Mundial da Discapacidade! Para conmemorar este día este venres os grupos de 5° nas sesións de Educación Física estivemos a realizar unha sesión na que intentamos poñernos no lugar de persoas con algunha discapacidade física ou sensorial.

Para ir ata a clase a metade de nós fomos polas escaleiras cos ollos tapados e os demais ían de acompañantes dándonos indicacións de por onde avanzar.

Xa no pavillón puidemos probar a dificultade de movernos, saltar ou lanzar unha pelota cos ollos tapados coma se estivésemos cegos. E tamén saltar cos brazos atados, como se tivésemos unha minusvalía pola falta dun membro superior!

Con esta sesión concienciarnos das dificuldades das persoas que teñen algunha discapacidade xa sexa física ou sensorial!



blog | by Dr. Radut