Skip to Content

Matrícula

MATRÍCULA 23/24

MATRÍCULA 23/24 

*ACONSELLAMOS COMPROBALO PRESENCIALMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA

 

Datas a ter en conta: 

  • Derradeiro día de publicación de listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Derradeiro día de publicación de listaxes definitivas: 16 de maio. Todo o alumnado que colicitou praza foi admitido.
  • Prazo de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño (esta data pode sufrir modificacións). Chegaralles unha carta coa documentación a presentar na renuión do día 26 de xuño ás 16:30 horas. As persoas que non poidan asistir poderán facelo en horario de atención ao público. 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo.

Catálogo de prazas dispoñibles*

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Opción 1

Acudir presencialmente á secretaría/dirección do centro de luns a venres en horario de atención ao público.

O impreso de solicitude será facilitado no centro, aínda que tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Xunto co impreso, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo da idade da alumna/o: DNI da nena/o, libro de familia ou outro documento que a acredite.

  • Documento acreditativo da identidade dos proxenitores.
  • Outra documentación que deba alegar en función do que precisen acreditar (familia numerosa, discapacidade, traballo próximo ao centro...)
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.

Opción 2

Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica, achegando escaneada toda a documentación. Máis información na aplicación admisionalumnado .

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN E MANUAIS PARA AS FAMILIAS

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 22/23 - RESERVA DE PRAZA PARA 1º DA E.S.O.

 

 

Xa estádispoñible no seguinte enlace e aplicación e prazos para a reserva de praza do alumnado que cursará 1º da ESO no vindeiro ano escolar 2022/2023. 

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 e pola ORDE do 18 de decembro de 2020.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut