You are hereEquipo Tic

Equipo Tic


70 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES. Día da Paz e da Non Violencia.

70 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES.

(Web: Educacion 3.0)

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz e da Non Violencia. Na web Educación 3.0 está publicado un repositorio con 70 curtametraxes para educar en valores. A través destes curtos o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidaridade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas… Interesante para traballar na aula.

Clicar na imaxe para acceder ao recurso.

cortometrajes portada

100 ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO.

Na seguinte presentación encontraremos un listado de 100 actividades onde se pode traballar a competencia dixital do nosos alumnos e alumnas.

Manuais e titoriais de Libre Office.

Premendo nas iconas encontrarás información sobre cómo se traballa con estes programas: Writer, Impress e Draw

       

24 de febreiro: conmemoración do "Día de Rosalía".

   O alumnado de 6º curso, durante a semana do 20 ao 24 de febreiro e dentro da conmemoración do "Día de Rosalía" fará unha actividade (WebQuest) a maiores daquelas xa previstas a nivel de centro. Trátase dunha presentación dixital empregando ferramentas TICS sobre a obra inédita da poetisa, que recentemente (2014) nos deu a coñecer a RAG, e que derivará tamén en dous murais que se exporán nas instalacións comúns do noso centro. Nun amosaranse os poemas descubertos e noutro  recolleranse algunhas das mostras das repercusións que reflectiron os medios de comunicación e o mundo da cultura, en xeral.

Save