You are hereEquipo Tic

Equipo Tic


Ferramentas de autor IV. EDUCAPLAY

Resultado de imagen de educaplay

Educaplay 

É un portal que na actualidade conta con máis de 10.000 usuarios rexistrados e moitísimas actividades creadas.
Pódense elaborar actividades en 9 idiomas e pódense exportar como paquetes SCORM para integralas en plataformas virtuais. Ademais son actividades autocorregibles.
Para poder empezar a facer as actividades só é necesario rexistrarse.
Pódense facer 11 tipos de actividades: MAPA, ADIVIÑA, COMPLETAR, CRUCIGRAMA, DIÁLOGO, DITADO, ORDENAR LETRAS/PALABRAS, RELACIONAR, TEST e COLECCIÓN.

Exemplo: "Educaplay: crea actividades fácilmente para tu clase" 

Taller: https://herramientaseducativasccb.wikispaces.com/Taller+Educaplay

Manual: https://issuu.com/perotin/docs/educaplay

Ferramentas de autor III. HOTPOTATOES

Resultado de imagen de hot potatoes

 Hotpotatoes

HotPotatoes é un conxunto de seis ferramentas de autor que permite elaborar exercicios interactivos baseados en páxinas Web de seis tipos básicos. Os exercicios resultantes pódense publicar en calquera plataforma Moodle, páxina web, ou usar no computador abrindo as actividades co navegador web.

Permite crear diferentes exercicios interactivos e multimedia a partir das 6 propostas de Hot Potatoes:

Curso de hotpotatoes:

 http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/62/cd/indice.htm

Ferramentas de autor II. CUADERNIA

Resultado de imagen de CUADERNIA

Cuadernia. É a ferramenta de creación de contidos dixitais educativos da Consellería de Educación e Ciencia de Castela-A Mancha. Con esta ferramenta pódense crear recursos reutilizables, conta cun editor de cadernos dixitais, e unha biblioteca de ODEs para Infantil, Primaria e Secundaria. Os recursos son visualmente atractivos e motivadores para o alumnado.

Ferramentas de autor I. CONSTRUCTOR 2.0

Construtor crea contidos educativos dixitais e funciona en Windows e Linux, en local ou nun servidor. Ten 53 modelos de actividades, desde xogos ata aplicacións e permite a inclusión de miniaplicacións. Xera ODEs (Obxectos Dixitais Educativos) en paquetes zip. Na web da Consellería de Educacion e Cultura da Junta de Extremadura hai un paquete de recursos para ver e descargar que se poden usar nas aulas e tamén nos propios domicilios para fomentar a autonomía de aprendizaxe do alumnado.

Ferramenta de autor coa que poderás crear os teus propios materiais educativos de forma online, rápida e sinxela.

 

https://construtor.educarex.es/