Skip to Content

2º de Primaria

QUE ÁRBORE É?

Os nenos e nenas de 2º foron os gañadores deste ano do concurso Qué árbore é? e por iso recibiron un diploma e tamén plantaron un loureiro ó que decidiron chamar Pena Burela. Noraboa!

PENA BURELA

Á volta de Carnaval todos/as viñemos coa misma noticia para contar: un temporal rachara o faro, o noso faro.

Decidimos poñernos mans á obra e pintalo con témpera líquida para recordalo tal e como era. Canto disfrutamos con esta actividade! Aquí vos deixamos algúnhas fotos do proceso.

O INVERNADOIRO

 Esta semana os alumnos/as do primeiro ciclo estivemos plantando fresas no invernadoiro coa axuda de Ismael. Xa temos ganas de ver como van medrando e por suposto de poder saborealas!

Parece que estábamos de sorte...

DÍA DE MOITO FRÍO

Hoxe houbo un momento que foi un tanto especial para nós: xusto despois da hora de ler comezou a granizar e decidimos sair fóra sacar unha foto e disfrutar un anaco do xeo. Poucas veces teremos unha oportunidade así!

Distribuir contido


by Dr. Radut