Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Participación

 

Invitámosvos a participar neste proxecto no que recompilaremos xogos, cancións e recitados para botar a sortes.

Unha vez que recollamos todas as vosas aportacións (o prazo remata o 9 de abril), entregaremos a cada aula:

- Unha caixa con fichas dos xogos seleccionados de entre os que enviedes.

- Unha corda de 5 m.

- Seis saquiños lixeiros de diferentes cores.

- Unha pelota de goma.

- Unha pelota de espuma.

- Unha caixa de tizas.

- Un pano.

- Unha petanca.

- Unha goma de 5 m.

Investigade, buscade e despois cubride o formulario que podedes atopar AQUÍ. Teredes que poñer o nome do xogo, o material que se necesita e unha explicación clara do desenvolvemento do xogo. Se é importante, indicade o número de xogadores e o tempo estimado para xogar.

Moitas grazas pola vosa participación e a divertirse!