Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Presentación

Colaboración familias

Estimadas familias:

                                             Dende o centro, queremos poñer en marcha un novo proxecto educativo, “Xogos Populares no Patio”, adicado a mellorar o tempo de lecer do noso alumnado, proporcionando material diverso para o tempo de recreo, e ideas para a súa utilización.

   Gustaríanos facer partícipes ás familias, pois precisamos da vosa axuda.

   O colexio xa mercou material diverso co que se prepararon 16 caixas, unha para cada aula de Educación Primaria: unha corda, 6 saquiños de cores, unha pelota de goma e outra de espuma, tizas, un pano, unha petanca, unha goma e papel e desinfectante para hixienizar o material tras o seu uso.

   Nesta fase do plan farase unha recompilación de xogos populares que se poidan levar a cabo con ese material. O alumnado que queira participar escollerá un xogo que terá que investigar para cubrir unha ficha-modelo que proporcionaremos, cos seguintes datos:

-         

Nome do xogo.

-         

Número de xogadores.

-         

Material necesario.

-         

Duración aproximada.

-         

Desenvolvemento do xogo, no que se explicarán claramente as instruccións para levalo a cabo.

 

   As fichas deberán cubrirse preferentemente en galego e no soporte dixital que se poderá descargar na páxina web.

   Tamén se poderán aportar vídeos explicativos.

   Asemade poderanse enviar cancións, sortes, ...

   O material elaborado (fichas, vídeos, ...) enviaranse a seguinte conta de correo electrónico: xogosnopatiowff@gmail.com.

   A data límite para enviar os traballos será o venres, día 9 de abril.

   O Equipo Dinamización Lingüística e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, en colaboración cos mestres de Educación Física, procederán a facer unha selección de todas as propostas de xogos, cancións, sortes ... recibidas, que quedarán rexistradas tanto en papel, como nunha presentación dixital que se publicará na páxina web e na aula virtual do centro.

   Finalmente, repartiranse as caixas cos ficheiros seleccionados e o material; tamén se incluirán as normas de uso, incidindo nunha correcta desinfección.

   Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

 

Cambre, 17 de marzo de 2021

MESTRES DE E.F., EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Distribuir contido