Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Acceso aulas virtuais

Presentamos un titorial para pais/nais que explica o acceso ás aulas virtuais.

ACCESO TITORIAL

Información Openscience 2020

Achegamos a información do Open Science de Cambre que se celebrará no CEIP Wenceslao FErnández Flórez. Lembramos a importancia de cumprir as medidas de seguridade e hixiene.Máis información en http://www.citizenscienceclub.com/opensciencecambre-osc/

 

Alumnado admitido no servizo de biblioteca / Listaxe definitivo de comedor

AS LISTAS DE COMEDOR E DE BIBLIOTECA DEFINITIVAS PODEN CONSULTARSE NA SECRERARÍA DO CENTRO.

O turno de comedor dos alumnos de 5º e 6º neste curso escolar será de 14:10h a 14:40h. Poderán saír a esa hora inmediatamente despois do alumnado que vai para casa cubrindo unha autorización.

Autorización para saír ás 14:40 só.    Autorización para saír ás 14:40h acompañado dun adulto.

O servizo de biblioteca será no horario de 16:00-17:15h. De non facer uso dalgunha das prazas, as prazas pasarán a sortearse entre os alumnos/as que quedaron excluidos. En caso de renuncia, deberán presentala na secretaría do centro.

Recordamos que o servizo de biblioteca está limitado ao 50% do aforo.

ESTE SERVIZO DE BIBLIOTECA COMEZA O DÍA 21 DE SETEMBRO XUNTO AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE LUDOTECA ORGANIZADAS POLA ANPA, SEN SERVIZO DE BUS ATA NOVO AVISO.

Máis información en https://www.anpa-fendetestas.es/

RECORDEN: Respectar as medidas do protocolo do centro cando teñan que facer algunha xestión (só pode entrar unha persoa). Poden consultar nesta páxina web toda a información actualizada.

 

 

Calendario de reunións curso 2020/21

 

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

ACTUALIZADAS AS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RECORDADE QUE SÓ PODE VIR UNHA PERSOA; NON SE PODE TRAER AOS RAPACES/AS

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN COVID-19 E A VOLTA ÁS AULAS

Estimadas familias. No CEIP Wenceslao Fernández Flórez, estamos a traballar para que a volta as aulas dos vosos fillos/as sexa o máis segura posible; para isto na nosa páxina web habilitamos un menú con toda a información sobre o COVID-19. Aquí poderedes atopar todos os documentos que establecerán a organización e funcionamento do centro nesta situación e as novas e información importante nesta volta ás aulas.

Nestes primeiros días de setembro estableceranse directrices sobre reunións, horarios, materiais e outras informacións de interese. Pregamos as familias que lean os documentos e agradecemos a súa colaboración nesta situación especial.

Menú Plan COVID-19

REGRESAMOS O XOVES 10 E O VENRES 11 DE SETEMBRO

Estimadas familias.

Xa está elaborado o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o noso centro.

Na vindeira semana será revisado polos membros do Claustro e do Consello Escolar.

O protocolo definitivo expoñerémolo nesta web na 1ª semana de setembro para compartilo con toda a Comunidade Educativa.

Regresamos as aulas o xoves 10 e o venres 11 de setembro. Información da Consellería 31/8/20

Daremos a coñecer as instrucións para o inicio do curso.

IMPORTANTE:

a) O aforo da actividade da Biblioteca das tardes quedará reducido ao 50% como indica a normativa publicada no protocolo da Consellería de Educación. Serán comunicados os admitidos/as.

b) Recoméndase as familias dos alumnos/as que teñen adxudicada unha praza no comedor escolar que fagan uso dela nos casos estrictamente necesarios. Impreso de renuncia (pode enviarase a través do correo electrónico ou deixarase no buzón do colexio) Este impreso implica a renuncia para todo o curso escolar 2020/21.  Non se pode facer uso do comedor en días alternos.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21

Están dispoñibles no centro educativo as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no comedor escolar para o próximo curso.

En caso de que faltase algunha documentación (está indicado nas listaxes) poderá aportala ata o luns 20 ou na primeira semana de setembro.

O prazo de reclamación ás listaxes provisionais será do 1 ao 7 de setembro.

As listaxes poderán sufrir variacións tanto por novas matrículas con dereito coma polas medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración educativa.

Unha vez que saian as listaxes definitivas entregarase na administración do centro o modelo de autodeclaración (renta 2019) ata o 14 de setembro. Pode descargarse....... aquí ou pedilo no colexio.

Esta aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor ata o 21 de setembro de 2020.

VALES MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material e de libros de texto correspondentes ao curso escolar 2020/21. Poderán recollelos na secretaría do centro en horario de 9:30 a 14:30. Lembrámoslles que só pode recollelos a persoa solicitante ou algún maior de idade autorizado previa presentación da copia do DNI da persoa solicitante e ensinando o seu DNI.

A entrega farase por quendas según o cadro indicado (se son dous irmáns pderán elixir a quenda que prefiran).

Se teñen algunha dúbida oderán chamar ao teléfono do colexio: 881 880 320.

 



QUENDAS RECOLLIDA VALES LIBROS/MATERIAL

 


LUNS


MARTES


MÉRCORES


XOVES


VENRES


13 XULLO

PRIMEIRO


14 XULLO

SEGUNDO


15 XULLO

TERCEIRO


16 XULLO

CUARTO


17 XULLO

QUINTO E SEXTO

Distribuir contido