Ed. Infantil

TRAZOS

Continuando co proxecto dos Xogos Olímpicos o alumnado de 3 anos realizou unha composición de trazos verticais e horizontais recreando así unha pista de tenis. Que artistas!

 

CAMELIA

Aquí tedes a participación dos máis pequenos do colexio, na Exposición da Camelia deste fin de semana no pavillón de Vilanova.

 

FIN DE TRIMESTRE

O alumnado de infantil realizou as seguintes actividades para finalizar o segundo trimestre, baseadas nos proxectos desenvoltos sobre os Xogos Olímpicos, máis concretamente de París; así como outras relacionadas coa Pascua.

 

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 4 anos elaborou unhas postais de nadal para felicitar as festas ás súas familias. Despois, foron botalas ao buzón para que lles cheguen por correo.

OBRADOIROS DE COMIDA TERRORÍFICA

Ao longos dos últimos días, o alumnado estivo realizando numerosas actividades relacionadas co Samaín/Halloween. Aquí mostrámosvos uns exemplos do que fixeron os cativos do colexio.

- 3 anos: vasoiras

- 4 anos: cabazas

- 5 anos: ratos

Máscaras Africanas

ORIENTACIÓNS PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACION - 3 ANOS

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

CANCIÓN SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS 2ª PARTE

O profe José Carbia quere compartir con nós outra canción sobre Sabela.

Recordades a primeira parte "Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus", na que Sabela tiña que quedar na casa e lavar moito as mans? Pois agora ides descubrir o que fai Sabela para pasar o tempo mentras non pode sair da casa. Damos unha pista: Sabela soña...

https://www.youtube.com/watch?v=HsmV7RbWiac

 

APRENDER XOGANDO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Deixamos unhas APPs con xogos para o alumnado de Educación Infantil por si fosen do voso interese.

 

Distribuir contido