OBRADOIRO DE DOBRAXE

O martes 9 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos un obradoiro de dobraxe titulado Aprende dobraxe na túa clase e impartido polo actor de dobraxe e formador Damián Alonso.

Coñecemos a orixe e historia da dobraxe, as fases do proceso de creación e os tipos. Tratamos aspectos prácticos de lectura, colocación da voz e postura corporal. E finalmente, enfrontámonos ao micrófono para preparar e gravar unha toma de dobraxe por parellas da que daremos conta nuns días...

Moi recomendable.

Clica na foto pata acceder ao álbum de imaxes da actividade