O venres 10 de novembro celebramos o magosto 2023 con xogos no polideportivo e asado e degustación de castañas. Clica no vídeo para ver o resumo das actividades
|
|||
Durante esta semana realizamos diversas actividades para celebrar o Samaín 2023. Clica no vídeo para ver o resumo das actividades
|
|||
O mércores 25 de outubro, celebramos o Día Internacional das Bibliotecas 2023 para resaltar a importancia que teñen como centros de encontro de sabiduría, aprendizaxe e lecer. Nesta ocasión presentouse Candela, a mascota da nosa biblioteca, a través dunha historia creada e interpretada polo alumnado do Club de Lectura de 6º EP. Coñecemos as últimas novidades bibliográficas que nos achegou, e o fermoso logo de Biblio Xuño. Ata nos agasallou un marcapáxinas co noso nome e nº de lector para animarnos a ler, e a visitar a biblioteca. Clica no vídeo para ver o resumo da actividade |
|||
|
|||
Estimadas familias: Informámoslles da Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24 O prazo para presentar as solicitudes será desde o 23 de maio ata o 21 de xuño de 2023 Poden descargar os anexos premendo nesta ligazón ou recollelos no colexio. Para acceder a toda a información sobre esta convocatoria preman nesta ligazón do DOG
A Dirección |
|||
O luns e martes, 20 e 21 de marzo realizamos un Obradoiro de convivencia e bo trato impartido por Andrea López Freire de Feitoría Verde, no que traballamos as emocións, a colaboración e o bo trato mediante xogos, reflexións, contos e música. Grazas Andrea
Clica na foto para acceder ao álbum de fotos da actividade. |
|||
|
|||
O venres 10 de xuño, o artista Fernando Yáñez González agasallanos con este mural fermosísimo para o patio do colexio. Alusivo á nosa contorna e titulado Marea Verde. Grazas Fernando pola túa dedicación e mestría. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4