MAGOSTO · 2023

O venres 10 de novembro celebramos o magosto 2023 con xogos no polideportivo e asado e degustación de castañas.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

SAMAÍN · 2023

Durante esta semana realizamos diversas actividades para celebrar o Samaín 2023.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ·2023

O mércores 25 de outubro, celebramos o Día Internacional das Bibliotecas 2023 para resaltar a importancia que teñen como centros de encontro de sabiduría, aprendizaxe e lecer.

Nesta ocasión presentouse Candela, a mascota da nosa biblioteca, a través dunha historia creada e interpretada polo alumnado do Club de Lectura de 6º EP. Coñecemos as últimas novidades bibliográficas que nos achegou, e o fermoso logo de Biblio Xuño.

Ata nos agasallou un marcapáxinas co noso nome e nº de lector para animarnos a ler, e a visitar a biblioteca.

Clica no vídeo para ver o resumo da actividade

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA · 2023

O mércores 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos un Obradoiro de Papiroflexia na Casa de Cultura de Seráns, organizado polo Concello de Porto do Son a través da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade 

 

 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR · CURSO 23-24

Estimadas familias:

Informámoslles da Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

O prazo para presentar as solicitudes será desde o 23 de maio ata o 21 de xuño de 2023

Poden descargar os anexos premendo nesta ligazón ou recollelos no colexio.

Para acceder a toda a información sobre esta convocatoria preman nesta ligazón do DOG

 

A Dirección

OBRADOIRO DE CONVIVENCIA E BO TRATO

O luns e martes, 20 e 21 de marzo realizamos un Obradoiro de convivencia e bo trato impartido por Andrea López Freire de Feitoría Verde, no que traballamos as emocións, a colaboración e o bo trato mediante xogos, reflexións, contos e música.

Grazas Andrea

 

Clica na foto para acceder ao álbum de fotos da actividade.

SAÍDA DIDÁCTICA: AUDITORIO DE GALICIA

O mércores 18 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP visitamos o Auditorio de Galicia para asistir ao concerto didáctico Sinfonía Romaría da Banda Municipal de Santiago de Compostela, sobre temas do acervo tradicional e folclórico de Galicia.

Clica na foto para acceder ao Álbum de Imaxes da saída.

 

MAREA VERDE

O venres 10 de xuño, o artista Fernando Yáñez González agasallanos con este mural fermosísimo para o patio do colexio. Alusivo á nosa contorna e titulado Marea Verde.

Grazas Fernando pola túa dedicación e mestría.

SERVIZO MADRUGADORES · CURSO 2021-22

Distribuir contido