Tal e como informamos a través da aplicación abalarmóbil, programamos para o luns 27 de maio ás 18.00 horas unha reunión coas familias do alumnado de 4º E.P. que entrarán a formar parte do proxecto E-DIXGAL o vindeiro curso escolar. Esperámosvos.
“Cinema na escola”, roda un curso mais grazas ao Concello de A Coruña co galo de achegarlle esta disciplina artística á comunidade educativa, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe, como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta ferramenta, didáctica e experiencial.
O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro/a protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, e expresar emocións e contar historias.
O noso centro participou cunha curtametraxe titulado: “Nunca te esquecerei” e, protagonizado polo alumnado de 5º de educación primaria.
O pasado xoves día 2 celebrouse na Biblioteca Municipal Ágora a entrega de premios do certame deste curso escolar. Sabemos que non era o mais importante pero isto non quita que dende aquí queremos darvos a noraboa polo esforzo que se viu recompensado co 2º premio á mellor interpretación. Parabéns equipo!
O alumnado de 4º de educación primaria asistiu á Domus ao obradoiro "Artistas da prehistoria". De primeira man coñeceron os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados. Unha experiencia xenial!
O alumnado de 4ºE.P. realizou a ruta "Historias de María Pita", un itinerario organizado polo Concello de A Coruña, que ter por obxectivo ser unha actividade guiada por estacións, na que o alumnado pode somerxerse na historia dunha figura tan singular na nosa cidade como é María Pita.
O alumnado de educación infantil asistiu ao Concerto didáctico: "De aquí para alá, coas emocións". Fermosa viaxe dunha bolboreta a través de diferentes ritmos, que dá a volta ao mundo. Acompañados de xéneros musicais como a bossa nova, o rap, a salsa, o reggae ou o ska a bolboreta conseguiu recuperar as súas cores, cada unha delas representando diferentes emocións. Todo elo da man de catro artistas sobre o escenario con proxeccións de animacións audiovisuais. Fabuloso concerto!
Chega unha nova fase para o proxecto de dinamización do patio coa participación do centro no programa: "Muros que unen" que organiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e, co que colabora o Concello de A Coruña.
Estará formado por 3 murais cunha temática que responde o obxectivo do desarrollo sostible (ODS), buscando promover un consumo responsable, valorar a acción climática e a protección dos océanos. Todo elo formando parte da iconografía mariña que identifica o noso centro.
Aquí temos o primeiro:
Na barra lateral dereita podedes acceder a todas as fases deste proxecto de dinamización do noso patio.