try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Visita ao Pazo de Goiáns

O mércores pasado Quinto e Sexto visitamos o Pazo de Goiáns en Boiro guiados polo alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego Medioambiental. Boa parte da visita consistiu na descuberta do espazo exterior do pazo, xardín, bosque, porto... que ten unha enorme riqueza medioambiental, con varias árbores senlleiras e especies difíciles de atopar noutros lugares. Tamén visitamos o interior do Pazo e a súa torre. O alumnado do obradoiro realiza visitas guiadas moi semellantes ás nosas visitas a Máis ca leña, así que puidemos aprender deles, tanto do que nos contaban, como do xeito de facelo. Grazas!

Na galería tedes máis imaxes. 

Comentarios

Pazo de Goiáns

Gustoume moito o Pazo de Goiáns. Pareceume un sitio moi chulo e con moita flora. O que máis me gustou foi o porto.

BREIXO

 
 
 
 

Pazo de Goiáns

Gustoume moito, pareceume moi divertido e espero volver á visita o pazo.