try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Argentina

Hoxe estiveron na nosa clase Laura, Daniel e Estrella, a nai, o pai e a avoa de Sofía. Viñeron para falarnos sobre a Arxentina. Tiñamos un montón de preguntas preparadas, responderon a todas e moitas máis.  Canto aprendemos! Gustounos moito! Moitas grazas aos tres Risa

Radio BBS: Hip Hop

Xa están publicados na páxina da Radio BBS os nosos podcasts sobre Hip Hop. Levounos un tempiño...Vergoña pero quedaron moi ben. Escoitádeos e compartídeos!

Visita ao Pazo de Goiáns

O mércores pasado Quinto e Sexto visitamos o Pazo de Goiáns en Boiro guiados polo alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego Medioambiental. Boa parte da visita consistiu na descuberta do espazo exterior do pazo, xardín, bosque, porto... que ten unha enorme riqueza medioambiental, con varias árbores senlleiras e especies difíciles de atopar noutros lugares. Tamén visitamos o interior do Pazo e a súa torre.

Leitugas e pirixel

Leitugas e pirixel foi o que plantamos no bancal que compartimos con Sexto. Agora toca regar, manter en bo estado e... ver de preparar unha boa ensalada antes de que remate o curso Sorriso

 

 

Sintaxe: conxugamos

O venres chegou unha nova nasa de Sintaxe a clase! Tamén veu a que xa coñeciamos, a das clases gramaticais, pero desta vez para centrarnos no verbo e no pronome. A segunda nasa é a da conxugación verbal e iso foi o que comezamos a facer...conxugar verbos en presente. Seguimos avanzando!

Mochila Viaxeira para Carlota

Carlota tamén se animou a repetir mochila viaxeira probando a que non levou a primeira vez. Que a desfrutes, Carlota!

Roi e o seu acordeón

Onte Roi volveu traer o seu acordeón a clase. Tiñámolo pendente desde había moito tempo, queriamos escoitalo de novo e ver canto avanzara nestes meses. Desta vez estivemos na biblioteca e Roi, ademais de tocar varias pezas, comezou preguntándonos sobre o que nos contara a primeira vez, para ver se nos lembrabamos: partes do acordeón, como se facía soar... Pillounos por sorpresa!

Presentacións: o que nos interesa

Rematamos a exposición das presentacións de Castelán. Canto aprendemos sobre temas tan interesantes e tan diferentes entre si. Bo traballo, rapaces e rapazas! Seguimos...

O CRA de Rianxo visita Máis ca leña

Estamos recibindo a visita de todas as escolas do CRA de Rianxo a Máis ca leña. Agradecemos o interese dos/as compañeiras do CRA que sempre apoian este proxecto e todas as iniciativas de defensa e coidado do noso monte e da natureza. Gústanos moito compartir a experiencia con nenos, nenas e profes de escolas veciñas e atopar entre eles, amigos/as, familia, antigas profes...

                                                                                           

Distribuir contido