Estimadas familias:Informamos que ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor destinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados

01/09/2022 01:19

Estimadas familias:

Informamos que dende o día 24 de agosto ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedordestinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2022-2023 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.

Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí.

Anexos a cubrir:

 Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios  (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :

a) Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.

b) Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

c) Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula

en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.

e) Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.

f) Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termosanuais (8.106,28 euros)

Sendo reforzadas para as situacións de:

    • Alumnos e alumnas en situación de acollemento familiar.
    • Familias Numerosas 
    • Situación de violencias de xénero 
    • Familias monoparentais 
    • Persoas beneficiarias valoradas con discapacidade 
    • A conciliación laboral-familiar para a concesión de axudas de comedores escolares. 
    • Familias con menos ingresos.

Saúdos, a Dirección

 

Listaxe de libros do curso 22/23

13/07/2022 12:40

No seguinte adxunto poden descargar a listaxe de libros para o vindeiro curso 22/23.

Gañadores do premio "Atrévete a ter unha idea"!

13/06/2022 13:34

Os alumnos/as de 5º e 6º do noso colexio acaban de ser premiados na categoría grupal do concurso "Atrévete a ter unha idea" do programa Eduemprende da Xunta de Galicia co seu proxecto "Hidrocultivo", onde levaron a cabo unha idea de negocio mediante a creación dun horto hidropónico.

Parabéns aos gañadores/as, os cales o martes 21 irán xunto coa sua mestra e o director a Santiago á entrega de premios.

Estamos moi orgullosos de vós!

I MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "O XIGANTE DE AREA"

30/05/2022 13:45

O CEP de Carreira comprácese en convidarvos á I Mostra de Fotografía "O Xigante de Area".

Esta, terá lugar no CIELGA e estará aberta ao público dende o mes de xuño ata o mes de setembro.

Esperamos que vos guste!

Convocatoria Fondo Solidario libros de texto e material escolar

19/05/2022

ABERTO PRAZO !!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2022/2023

 

  Aberto Prazo do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

 

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis reconmendable debido á situación na que nos atopamos.
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. Só poderá vir unha persoa por familia e deberá traer máscara protectora. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

 

Descarga do formulario (anexos I e II) 

Se o desexa poderá acudir ao colexio, tomando todas as medidas de precaución, a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

 

 ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

 

  Preme aquí para acceder ao resumo da Orde.

A Dirección.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxes serán publicada nas seguintes datas:

  • O 4 de xullo do 2022: Provisional 
  • O 7 de xullo do 2022 publicaranse as listaxes definitivas.

A Dirección.

PROCESO DE ADMISIÓN

25/04/2022 09:18

COMO O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS NON SUPEROU O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS NON É PRECISO BAREMAR.

Participación no Plan Proxecta de Patrimonio Etwinning

23/03/2022 09:27

Dende o cole de Carreira comprácenos contarvos que estamos a participar no Plan Proxecta de Patrimonio mediante eTwinning, o que implica un traballo de colaboración entre dous ou máis centros escolares europeos de diferentes países sobre un tema acordado previamente.

No noso caso, estamos asociados cun colexio portugués que tamén ten o privilexio coma nós de estar ubicado nun parque natural.

A través da plataforma Etwinning compartimos os nosos avances no proxecto que levamos en común.

En breve vós iremos contando as novas que vaian xurdindo.

Nossos agradecimentos a Agrupamento de Escolas de Manteigas, Manteigas, Portugal

I MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "O XIGANTE DE AREA"

04/03/2022

      Dende o CEP Plurilíngüe de Carreira comprácenos informar de que, estando inmersos coma estamos no proxecto “O Xigante de Area”, organizamos a I Mostra de Fotografía sobre o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal.


      O alumnado do centro está inmerso na investigación sobre os espazos naturais e protexidos do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.
       Pode participar toda a xente que queira de dentro ou fora do colexio. As fotografías deben ser obrigaroriamente do Parque Natural e estarán clasificadas nas categorías especificadas nas bases.
        O prazo para entregar as fotografías será do 7 de marzo ata o 8 de abril (ambos inclusive) e deberán ser enviadas ao seguinte correo electrónico: pedocornino@gmail.com.
Para máis información consultar as bases na páxina web do colexio.


Animádevos a participar, esperamos as vosas fotos!

Atentamente, o alumnado do CEP Plurilíngüe de Carreira.

A continuación no documento adxunto podedes consultar as bases da mostra.

I MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "O XIGANTE DE AREA"

04/03/2022 13:04

Dende o CEP Plurilíngüe de Carreira comprácenos informar de que, estando inmersos coma
estamos no proxecto “O Xigante de Area”, organizamos a I Mostra de Fotografía sobre o Parque
Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal.
O alumnado do centro está inmerso na investigación sobre os espazos naturais e protexidos
do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.
Pode participar toda a xente que queira de dentro ou fora do colexio. As fotografías deben
ser obrigaroriamente do Parque Natural e estarán clasificadas nas categorías especificadas nas
bases.
O prazo para entregar as fotografías será do 7 de marzo ata o 8 de abril (ambos inclusive) e
deberán ser enviadas ao seguinte correo electrónico: pedocornino@gmail.com.
Para máis información consultar as bases na páxina web do colexio.
Animádevos a participar, esperamos as vosas fotos!
Atentamente, o alumnado do CEP Plurilíngüe de Carreira.

A continuación podedes consultar as bases da mostra.

Distribuir contido