Obradoiro de fotografía con Manuel Novo

03/03/2022 13:16

Mañá teremos a honra de contar no noso centro cun obradoiro de fotografía impartido polo noso célebre veciño Manuel Novo.

Unha instantánea súa obtivo a puntuación máis alta no certame que outorga a  Federación Española de Profesionais da Fotografía no 2021. A súa curta idade é xa unha promesa da fotografía do máis alto nivel.

Manuel daralles ao alumnado unha serie de tips para facer mellores fotografías, pensando sobre todo na I mostra de fotografía "O Xigante de Area" que se celebrará en breve e da cal daremos conta pronto.

01-21 DE MARZO: PROCESO DE ADMISIÓN ABERTO PARA O NOVO ALUMNADO NAS ETAPAS DE ED. INFANTIL- ED. PRIMARIA PARA CURSO 2022-2023

02/03/2022 17:08

 

Estimadas familias:

Comunicamos que a partir do 1 ata o 21 de marzo do 2022 estará aberto o prazo de admisión para o novo alumnado entre as etapas de Ed. Infantil e Ed. Primaria para o vindeiro curso 2022-2023 recordando que a formalización da matricula deberá ser entre o 20-30 de xuño do 2022.

SOLICITUDES: Poderán presentar as súas solicitudes por sede eléctronica a traves da web da sede da Xunta de Galicia: ADMISIÓN ALUMNADO-PROCEDEMENTO ED550B ou ben presencialmente na Secretaría do centro  debidamente asinada xunto con:

  • DNI dos proxenitores e alumno/a se o ten expedido.
  • Certificado de Empadroamento
  • Libro de Familia
  • Foto do futuro/a alumno/a
  • Informe Médico
  • Recordamos igualmente que a solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

AVISO: Toda aquela documentación que se achegue coa solicitude de admisión non será xa requirida na formalización da matricula.

Charla sobre rutinas e técnicas de estudo o 21 de febreiro

15/02/2022 13:08

Bo día!
O día 21 de febreiro 16:00 a 18:00 horas na biblio do cole contaremos coa poñente Mercedes Urbiola Ituarte a cal nos virá a dar unha charla sobre rutinas e técnicas de estudo co fin de motivar a autonomía dos vosos fillos/as.
Animámovos dende o centro a acudir a esta charla, a cal será moi interesante. Ademais haberá un monitor de tempo libre para atender aos nenos/as que teñan que acudir cos seus proxenitores.
Un saúdo!

INFORMACIÓN NOVAS MEDIDAS COVID19

17/01/2022 13:54

NOVAS MEDIDAS COVID-19

Á espera da publicación do novo PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 por parte da Conselleria de Educación, destacamos a continuación os aspectos principais das novas medidas COVID19 a ter en conta en caso de que se notifique algún caso de contaxio activo:

  • Ante un contaxio notificado pola Consellaría de Sanidade dentro na mesma aula:
    • No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total dun 20%, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.
    • Ata un 20% do numero de alumnos por aula confirmados de infección activa, non xera contactos estreitos nin confinamento, polo que pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
    • No caso de superar ese 20% na mesma aula de casos confirmados de infección activa seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Neste caso, esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).
  • O alumnado, profesorado ou outro persoal que presente síntomas respiratorios compatibles con COVID-19, independentemente do seu estado de  vacunación, non  deberá acudir ao centro educativo ata que teña un resultado dunha proba  diagnóstica ou no caso de que non fose posible realizar proba diagnóstica, ata que finalice o período de illamento de 7 días mínimo sempre que transcorresen 3 días desde o fin do cadro clínico/ sen síntomas.
  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.
  • Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
  • A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.
  • Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixiancia e control.

 Para revisar estes aspectos en maior profundidade poderán acceder ao enlace dos documentos publicados polo Ministerio de Sanidade:

  1. Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.
  2. Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2
  3. Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos
  4. ***Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 - Versión publicada 01.10.2021***

Para o seu interese pode descargar o modelo de Declaración Responsable para a xustificación das faltas do seu fillo/a.

MODELO SOLICITUDE DE RESERVA PARA CENTRO ADSCRITO CURSO 22-23

17/01/2022 13:35

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO PARA CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Teñen á sua disposición o modelo de solicitude de reserva de praza para o centro adscrito. Teñen ata o 8 de febreiro do 2022 para poder realizar esta reserva sen esquecerse que no período que vai do 20-30 de xuño deberán confirmala coa formalización damatrícula .

Os centros adscritos son EEI Capela-Carreira, para alumnado que cambia a Primaria ou ben, IES Leliadoura para o alumnado que cursará 1º da ESO no vindeiro curso 2022-2023.

Rogamos entreguen este documento no seu centro de orixe.

MODELO DE SOLICITUDE

Actuación de categoría para rematar o trimestre en Carreira

17/12/2021 18:32

Parece que era onte cando comezábamos este curso 21-22 e agora xa estamos rematando o 1º trimestre...

Coma os nosos nenos/as traballaron dunha maneira excepcional e non merecen menos, remataremos o trimestre cunha actuación espectacular para empezar a época do ano máis máxica da mellor maneira posible.

O Mago Rafa, afamado mago da comunidade, con presenza a nivel estatal e mentor dalgún dos mellores magos cos que contamos hoxe en día no panorama nacional, realizará para nós un espectáculo en tres pases para que os tres grupos do noso cole vexan de maneira segura coma o imposible con esforzo se fai posible.

Fondo máscaras para o alumnado 21-22

15/11/2021 13:47

Ilustración de coronavirus con niño con máscara | Vector Premium

Estimadas familias:

 

Informamos que segundo a publicación no DOG  da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). onde se establecen as medidas para regular a dotación de máscaras para o alumnado, resumimos indicando que:

 

  • Será beneficiario todo o alumnado que recibiu a axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022. Este alumnado NON ten que presentar ningunha solicitude.
  • Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e  comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito: 
    • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a  6.000€.
    • Estea matriculado en educación especial.
    • Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Este alumnado deberá presentar a solicitude de xeito presencial no centro. O prazo para a presentación é dende o día 15 ao 26 de novembro de 2021. O impreso de solicitude pódese descargar no seguinte enlace ou recoller no centro.

Saúdos, a Dirección.

CONSELLO ESCOLAR: ELECCIÓNS CURSO 2021-2022

25/10/2021 10:02

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iniciamos o proceso para a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores da comunidade educativa do centro.

Poderan acceder a toda a informacion a traves destes enlaces:

  1. CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: Data e lugar do Sorteo.
  2. CIRCULAR INFORMATIVA Nº2: Detalle do Proceso e Procedementos
  3. CIRCULAR INFORMATIVA Nº3: CALENDARIO DE ELECCIÓNS.
  4. MODELO REPRESENTACIÓN CANDIDATURAS:

     Poderá presentarse a través da Dirección do Centro ou envíandoa a través  do email ao centro a: cep.carreira@edu.xunta.gal cuberta e con firma dixital validada pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre.

              -CANDIDATURAS PAIS-NAIS

              -CANDIDATURAS REPRESENTANTE PROFESORADO

    5.PROCALAMACIÓN DE CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR.

Distribuir contido