Letras galegas Concello de Ribeira

Esta fin de semana hai unha morea de actividades culturais en Ribeira. Aquí van algunhas:

 

Contacontos

“Matías, un pitiño diferente” de María Canosa

Data: 15 de maio, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

 

Maxia

“As Nosas Letras” Mago Teto 19.00 h

Data: 15 de maio, sábado

Hora: 19.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

 

Monicreques

“O gato simple”, Títeres Cascanueces

Data: 16 de maio, domingo

Hora: 19.00 h

Lugar: Praza do Concello

 

Contacontos e obradoiro

“Arredor de Xela” de Raquel Queizás

Data: 17 de maio, luns

Hora: 12.00 h

Lugar: Praza do Concello

 

Para participar en calquera das accións é imprescindible inscribirse previamente enviando un correo a: normalizacion@ribeira.gal

 

O uso de máscara e distancia de seguridade é de obrigado cumprimento.

 

Un saúdo

 

Alicia Padín Otero

Servizo de Normalización Lingüística

Concello de Ribeira

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/2021

NO  CASO DE ALUMNADO DO NOSO CENTRO, SÓ TEÑEN QUE RESERVAR OS QUE SE VAIAN A MATRICULAR NO IES LELIADOURA. En marzo abrirase o prazo para as reservas de praza nos centros non adscritos

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

FESTIVAL DE NADAL

1º-2º CURSO: A QUE SABE A lÚA?

https://youtu.be/DLrM_uspj5w

3º-4º CURSO: CUENTO DE NAVIDAD

https://youtu.be/LsXjxnBYgXk

5º CURSO: LOTERÍA DE NADAL

https://youtu.be/W-8J4B8ZRyE

6º CURSO: PATRULLANDO EN rIBEIRA

https://youtu.be/sP7vPildHLQ

CONCURSO ESCOLAR DE DEBUXO E PINTURA O NADAL 2020

Poden participar todos os centros escolares de infantil e primaria de Ribeira.

O tem deberá estar relacionado co Nadal (só imaxe, sen texto)

As pinturas ou debuxos gañadores serán o motivo do cartel do Nadal en Ribeira.

Data para presentar as obras remata o día 30 de novembro 2020

Consultar as bases en : www.ribeira.gal

PROCEDEMENTO DE DISTTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento
de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,
educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes
públicos dependentes destaconsellería e en centros privados concertados no
curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra
algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo:
Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10
días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de
novembro de 2020.

Adxúntase ANEXO para cubrir e entregar no colexio.

Ribeira di non á violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o vindeiro 25 de novembro, dende o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribeira estamos a promover unha campaña de sensibilización e concienciación contra esta lacra social e gustaríanos contar coa túa colaboración.

A idea é lanzar unha gran campaña a nivel municipal na que todas as persoas que o desexen poidan participar ... para elo, precisamos nos envíes unha foto túa na que sosteñas nas mans o cartel que te axuntamos e que di “Eu tamén digo non á violencia de xénero” (se non tes impresora, podes escribilo a man). Posteriormente esta foto a inseriremos no cartel da campaña e darémoslle difusión en formato físico e/ou en formato dixital a través das redes sociais oficiais municipais.

A foto pode ser individual ou grupal, coa familia, amizades, compañeiras e compañeiros de traballo, de equipo, de actividades, veciñanza, etc. ... en branco e negro ou en color, como queiras, ... iso si, é preciso que todas e todos teñades na man o cartel coa mensaxe que vos axuntamos. Así mesmo, debes enviarnos o teu nome e o colectivo ao que representas, se é o caso.

A idea é implicar a cantas máis persoas mellor co obxecto de deixar clara a postura da cidadanía de Ribeira contra o maltrato, combater e neutralizar as actitudes que toleran e sosteñen a violencia contra as mulleres, así como apoiar e arroupar a todas as mulleres vítimas no proceso de denuncia e reconstrución dunha nova vida sen violencia para elas, as súas crianzas e as persoas dependentes ao seu cargo.

Enviándonos a túa foto a dirección de correo electrónico: ribeiradinonvx@ribeira.gal

Ás 200 primeiras persoas que participen enviando a súa foto, terán un agasallo pola súa participación ... o podes recoller en calquera momento no Centro de Información ás Mulleres de Ribeira.

 

Moitas grazas!

PD: Enviándonos a túa foto estás autorizando ao Concello de Ribeira a publicala en formato físico e/ou en formato dixital na páxina web e/ou nas Redes Sociais municipais.

ASMA E USO DE MASCARILLAS

Adxuntamos documento en formato .pdf onde se amosa información sobre o uso de mascarillas si se ten asma.

Clique neste enlace para poder ver o documento.

AXUDA COMPRA EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA OS ALUMNOS/AS

Estimadas familias:

O concello de Ribeira  publica unha liña de de axudas para a compra de ordenadores.

A información e as bases desta convocatoria xa están na páxina web do concello www.ribeira.gal.

http://www.riveira.es/convocatoria-de-axudas-as-familias-para-a-adquisicion-de-equipos-informaticos-para-os-as-alumnos-as-de-centros-docentes-publicos-e-concertados/

https://bop.dicoruna.es/bopportal/descargarPdf.do?page=1&fecha=20200930&numRegistro=2020/0000006696.pdf

O prazo é ata o 22 de outubro

Saúdos.

RECOMENDACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE

Raquel Bugarín, pediatra do centro de saúde de Ribeira e persoa de referencia asignada ao noso centro, transmiteunos unha serie de recomendacións para o noso interese.

RECOMENDACIONES ACTUACION PADRES

- En caso de que su hijo tenga fiebre, tos, dolor de garganta, malestar, diarrea...o cualquier otro síntoma sugestivo de una infección, no debe acudir a clase. Se pondrán en contacto telefónico con su pediatra mediante la solicitud de una cita telefonica en las siguientes 24-48h si no se trata de una patología urgente.

- En caso de presentar síntomas de gravedad (dificultad respiratoria, mal estado general) póngase en contacto con el centro de salud o el 061.

- Si su hijo tiene síntomas que pueden ser compatibles con COVID, y siguiendo los protocolos vigentes, puede que el médico le solicite la realización de una PCR de coronavirus. Si esto ocurre, el niño y sus convivientes deben permanecer aislados hasta que tenga el resultado. En caso de que el paciente tenga hermanos en edad escolar, estos tampoco acudirán al colegio hasta que se tengan los resultados de la PCR del paciente.

- No se realizarán justificantes de ausencia escolar en el pediatra. Dichos justificantes deben ser realizados por los padres o tutores legales del menor.

Recomendaciones generales en niños con clínica de infección respiratoria:

Si tiene tos, fiebre, diarrea o cualquier otro sintoma sospechoso de una infección...no acudirá a clase

*Se considera fiebre una Tª axilar mayor de 38ºC. Aun así, no deberían acudir al colegio en caso de tener una Tª mayor o igual a 37.5ºC.

Si tiene fiebre o presenta molestias o dolor, se dará analgesia con los medicamentos habituales que le recomienda el pediatra, como paracetamol e ibuprofeno.

Cuando hay mocos y tos, siempre se deben hacer lavados nasales con suero fisiologico o preparados de agua marina. En los niños mayores debemos insistir en que se suenen si saben hacerlo.

En caso de presentar dolor de oído, garganta, barriga, cabeza… se le dará tratamiento para disminuir el dolor, con los medicamentos habituales que recomienda el pediatra, como el paracetamol y el ibuprofeno.

Es habitual que tras padecer un catarro, los mocos y la tos persistan 2-3 semanas, sin que eso signifique empeoramiento o no curación del cuadro. Tanto los mocos como la tos son un mecanismo de defensa de nuestro cuerpo.

FONDOLIBROS

Este curso debido á situación provocada pola COVID19, o primeiro día de clase procederase aso seguinte modo:

1º e 2º curso:

Entregarase, a quen corrresponda, os vales de material e libros de texto. Ademais, entregarase o xustificante da entrega dos vales que deberá ser firmado e devolto ao centro educativo.

3º, 4º, 5º, 6º curso:

Entregarase, a quen corrresponda, os vales de material.

Non se entregarán  os vales para a axuda de libros de texto, xa que os compra o centro escolar.

Entregarase, a quen corrresponda, un xustificante da entrega dos vales e outro, da entrega dos libros de texto. Ambos xustificantes deberán ser firmados e devolto ao centro educativo.

Un saúdo, a dirección.

Distribuir contido