Blogues

As palabras máis fermosas

Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea.  O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.

O río que quería ser humano

Non só traballamos a Banda Deseñada ao uso antigo (lapis, goma, rotulador...) tamén utilizamos as novas tecnoloxías como é o caso desta historieta que dentro do noso Proxecto Integrado deste ano "O noso Lameira, un río de vida" levamos adiante dende a ferramenta dixital MakeBeliefsComix.org

U-los Mariñeiros de Marín?

É a nosa filosofía colaborar, sempre que poidamos, con toda aquela organización cultural do noso municipio e no que nos toca, especialmente cunha que tenta preservar o legado mariñeiro da nosa vila.  Así cando o Museo do Mar organizou o Certame de Curtas de Cine do Mar non o pensamos dúas veces e preparamos este vídeo con tal fin.  Agradecidos pola distinción que nos fixeron, pero con ela ou sen ela seguiriamos participando por transmitir con eles o legado mariñeiro da vila.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (V)

Continuannos chegando dende as familias fotos que nos retrotraen a outros momentos da historia da vila de Marín hoxe xa desaparecidos.  Neste intre é Alba Castro Martínez, a que comparte connosco esta foto de 1948 dos seus bisavós na romaría que nas inmediacións do Pazo da Raña se celebraba cada ano por San Pedro.

 

Educación afectivo-sexual en 5º de primaria

Os días pasados tivemos dúas sesións en 5º de primaria cunha introdución á educación afectivo-sexual, seguindo o programa do Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. Para este propósito utilizamos a actividade de título "O nome correcto", que ten por obxectivo nomear correctamente as partes do corpo humano, tanto masculino como feminino. O alumnado participou con moito interese, e aquí queda unha mostra do seu coñecemento previo.

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IV)

Seguen chegando fotos das casas para Ponte nas Ondas. Desta vez tratase dunha foto do avó de Roberto Santos Pol e nela está o xénese dunha coñecida comparsa marinense, o Xarángallo Mángallo en 1961, nunha divertida marcha ciclista.

Traballamos a Banda Deseñada con Palop

Na época dourada do cómic infantil para nenos os dous centros por antonomasia do cómic español foron Barcelona coa Editorial Bruguera e Valencia ao redor da Editorial Valenciana. Desta última escola de historietistas proviña José María Palop Gómez, máis coñecido como "Palop"

Concurso escolar de debuxo "Los Cereales"

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), promoveu, coa colaboración de diversas entidades, o concurso escolar de debuxo “Os cereales”, no marco do “Ano Internacional do Millo Miúdo”, declarado pola Organización Nacional das Nacións Unidas. Neste concurso participaron os nosos alumnos cara ao primeiro trimestre, pero foi agora cando chegaron os diplomas aos premiados. Un traballo realizado dende a aula de plástica.

Concurso: E ti que pensas da igualdade?

Estes son tódolos traballos presentados a concurso da Deputación onde tivemos a sorte de ser premiados cunha tira de Noelia García del Río.

 


 

Manoli farmacéutica

"Manoli farmacéutica" non é outra cousa que a actualización da personaxe histórica de Manuela Barreiro en forma de tira de banda deseñada.  Manuela Barreiro foi elexida como a persoa a quen homenaxear este ano polo 8-M. A técnica de cor utilizada é tipica nas produccións de Bruguera ata os anos 70, o bicolor, neste caso cun color inusual naquelas produccións como é o MORADO.

Aula Scratch de 5º

A clase de 5º creoou un aula en Scratch para que sen necesidade de rexistro poidan subir os seus algoritmos de Scratch a un Estudo do que a propia aula está dotada.

Novas camisetas para os Maios

Grazas ao esforzo conxunto de toda a Comunidade Educativa (alumnos, pais, mestres...) este ano conseguimos ampliar a participación na celebración dos Maios da vila a tódolos alumnos de Primaria.  Grazas a este traballo colaborativo é que dotaremos de camisetas co logo do noso centro aos cursos que se incorporaron este ano. Camisetas como as que nos amosan estes modelos de 2º con gracia e pose.

Contacontos "As Chaves de Lu"

Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz! 

 

 

Brincaxogos

O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!

 

 

 

 

 

 

  

 

 

  

 

 

Grazas por vir, familias!

Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar

Dende hoxe ata o 20 de xuño poden solicitar as axudas de libro de texto e material escolar.

No arquivo adxunto poden descargar a solicitude e presentala presencialmente no centro ou na web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

O horario de secretaría para entregar a solicitude é de luns a venres 9:00 a 9:45 de luns a venres e de 13:05 a 14:00 de martes a venres. 

Se algunha familia precisa outro horario que contacten co correo do centro.

X Certame de Narración "Marín Conta"

Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan.  Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro

As nosas Letras Galegas

Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.

 

 

Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.

 

Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!

 

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)

A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.