Personaxes do Nadal galego

Se os Reises Magos tiñan unha grande importancia no noso Nadal moitos outros persoaxes poboaban ao longo de Galicia as nosas festas. O mais coñecido pola difusión que está tendo últimamente entre asociacións e colectivos de carácter cultural é este APALPADOR proprio das Montañas Orientais de Galicia, do Courel e do Cebreiro, das Serras do Invernadoiro e que en Ourense é coñecido como o PANDINGUEIRO. A tradición aparece recollida neste libro de Xoán G

Pero mais preto de nos existen outras persoaxes que aparecen nestas datas como O DEMO ASUBIADOR de Vilaboa.   O tal perello ten por ocupación escoller no aninovo o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola.


Panxoliñas, aninovos, aghinaldos, manueles, cantos de reises...

Non era Lugo, as montañas do Caurel, o Apalpador, o Pandigueiro...era Marín e como en moitos pobos de Galicia había o costume de cantar e moito nestas datas. Reis, aguinaldos, manueles...todo isto cando os teus avós eran pequenos non era infrecuente oilo no mesmiño centro de Marín; maiormente cantado no castelán que eles coñecían, moi deficiente; pois ía destiñado a ser cantado ás xentes mais ricas do lugar que xa adoptaran o castelán como a lingua de prosperidade financieira i eran os que podían da-lo aguinaldo. De todos xeitos inda algunha cantiga en galego se conserva na memoria dos nosos maiores.  Nos permitimonos traducir os textos que estaban en castelán que son os que deixamos entrecomillados

Esta casiña é pequena

e por dentro é de papel

e que vivan moitos anos

o home e maila muller,

e mailos fillos tamén

 

"Bendita sexa esta casa

e o canteiro que a fixo,

a dona que vive nela

é a flor do paraíso.

 

Non hai quen me acompañe

a ir a Belén

Non hai quen me acompañe

Soliña irei

Soliña irei"

E isto é só un pequeno exemplo do que era a tradición do Nadal no pobo de Marín no que tamén temos recollido algún Manuel que se cantaba na festividade do santo o 1 de Xaneiro, do estilo de:

"Viva o Sr. Manuel,

cabaleiro de gran gala,

A gastronomía do Nadal de Marín: a torta de rixóns

Imos empezar pegandolle un saboroso bocado a este Nadal que comeza cun dos pratos mais típicos da gastronomía do Nadal en Marín: a torta de Rixóns. Para outro día deixaremos as mazás asadas que por ter o costume de servirse o día de Noiteboa en viño tinto con azucre non podemos divulgar neste sitio

 

Ingredientes para 6 persoas:

• Tres cuartos de quilo de fariña

• Dúas culleres de azucre

• Un ovo

• Unha fecha de aceite quente

• Rixóns

• Uvas pasas, piñóns, noces e outros froitos secos

• Canela en pó

• Anís

• Lévedo

• Unhas areas de sal

 


Modo de preparación

 

Para que quede ben traballada a masa é mellor prescindir de recipientes e mesturar os ingredientes directamente sobre a mesa, coas mans. Hai que arremangarse, como se fai coas empanadas, e empoirar con fariña a superficie sobre a que traballamos para evitar que o pastel se pegue.

LECER NO NADAL

Se algún ten a oportunidade de achegarse a Pontevedra nas vindeiras festas de Nadal cos nenos estas son as actividades co Concello ten programadas. Pra poder velo fai dobre click enriba do folleto e move o zoom ata que teña a medida axeitada

En canto teñamos a de Marín tamén vola poremos no blogue

En galego tamén se fai ciencia

"En galego tamén se fai ciencia" é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e integrada polas tres universidades galegas. Nela participan investigadores/as de prestixio de diferentes ámbitos científicos, ten como principais obxectivos avalar a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación e contribuír á desaparición de preconceptos sobre as linguas.

Magosto 2011

Ademais dunha morea de castañas asadas....

FRAN ALONSO NA BIBLIOTECA

Se onte contabamos cun artista intemporal no eido da nosa cultura, hoxe acudiu á nosa Biblioteca un dos mais recentes autores en galego, Fran Alonso co que compartimos unha mañá chea de poesía. Fran Alonso ven de editar un libro para adultos chamado "Ninguén", mais a obra da que nos viu falar foi a que nos utilizamos como libro de lectura no colexio "O meu gato é un poeta" e coa que este fin de semana tamén estará presente no Culturgal en Pontevedra acompañado de Xurxo Souto á carrego da banda sonora do libro. Se queredes saber algo mais da obra do autor ten un interesante blog na seguinte dirección  http://cabrafanada.blogspot.com/

Apréndese facendo

É un video do programa Redes, no que realmente dise o que hai que facer no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Visitounos Antón Castro

Un compañeiro da provincia de Lugo, compoñente do grupo "Fuxan os Ventos" e mestre de mestres da nosa música tradicional e da nosa cultura oral popular visitounos onte, día 29 de Santos. Con él compartimos  una mañanciña moi divertida ao mesmo tempo que aprendimos moitas cousas do que é mais noso, o que os que estiveron antes ca nos nos deixaron como herdanza. Antón Castro deixounos unha pequena semblanza do traballo que realiza, como mestre de música, no seu colexio de Outeiro de Rei.

Os pobos de España

Localiza cos teus pais os distintos pobos de España e bate records. Ten coidado pois é altamente aditivo, sobre todo entre os pais. De todos os xeitos é unha boa forma de aprender xogando.

Para acceder ao xogo fai click na imaxe.

Se queres xogar coas provincias ou Comunidades vai aqui.

Profesorado Curso 2022-2023

Teléfonos de atención do centro:

886 151 325: Secretaría

886 151 327: Xefatura de estudos

886 151 326: Dirección

Correo electrónico:

ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal

 

PROFESORADO

 Titores/Titoras:

Curso  

Profesor/a Contacto (e-mail)
Ed Infantil Andrea Rial González andrearial@edu.xunta.gal
Miguel Seoane Zapata miguelfrances@edu.xunta.gal
Ramón Pastoriza Fariña rpastoriza@edu.xunta.gal

Mª del Carmen Porto Porto

menchi@edu.xunta.gal

Alba Lugilde Martínez albalugilde@edu.xunta.gal

Mª Jesús Fernández Saavedra

mfsaavedra@edu.xunta.gal

José Antonio Pazos Pazos

josean_767@edu.xunta.gal

Prof apoio

Moisés Caseiro Abadín

moisescaseiro@edu.xunta.gal

Especialistas:

Especialidade Profesor/a Contacto (e-mail)

Lingua Inglesa

María del Mar Gómez Fernández mariagomezfernandez@edu.xunta.gal
Educación Física

Ana Belén Mata Vidal

 bilen@edu.xunta.gal

Música Gema Conde Martínez gemaconde@edu.xunta.gal
Relixión Católica Inés Durán Santiago inesduran@edu.xunta.gal
Relixión Evanxélica  María José Cabaleiro Carracelas mcabaleiro@edu.xunta.gal
Orientación Xosé Manuel Vidal Bouzó xosevidal@edu.xunta.gal
PT María Dolores Cruz Anguís anguis@edu.xunta.gal
PT

Ruth Pedrosa Vázquez

rpedrosa@edu.xunta.gal
AL Laura Rial Ferradás laurarial@edu.xunta.gal

Vagalume

Esta pequena xoia témola na nosa Biblioteca

 

Samaín: a noite dos Calacús

Dende a páxina "Vieiros da Escola" chéganos este interesante artigo sobre a festa do Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense..etc.

Informatización das aulas

 O COLEXIO DE SEQUELO INFORMATIZA TODAS AS AULAS

Co obxecto de mellorar a formación do noso alumnado por medio do emprego das novas tecnoloxías (TIC’S), no presente curso escolar dispoñeremos de acceso á rede en todas as aulas do centro a través da conexión wifi que se instalou ao final do curso pasado. Gracias á colaboración do I.E.S. de Rodeira e do I.E.S. de Chan do Monte, que nos donaron algúns equipos informáticos, mediante as xestións realizadas polas familias e polo profesorado do colexio, neste curso contamos cun equipamento informático que nos permite acceder a internet dende as clases de 1º ata 6º de primaria e en todas as aulas específicas: nas dúas aulas de inglés, na de relixión católica, na de evanxélica, na de pedagoxía terapéutica, na de audición e linguaxe, na biblioteca e no departamento de orientación. Asimesmo seguirá en funcionamento a Aula de Informática equipada coa tecnoloxía máis moderna: ordenadores, canón de proxección e pantalla dixital. Algunhas das aulas mencionadas contarán tamén con canóns e pantallas de proxección.

Proximamente montaremos unha aula dixital que situaremos na primeira das aulas de inglés. Este equipamento foi solicitado polo equipo de dinamización das novas tecnoloxías á Consellería de Educación e recentemente chegounos a confirmación da súa concesión.

Ah!, e non nos olvidamos da asociación de nais e pais Aidón, á que o colexio cederá un ordenador para que poidan redactar os seus escritos e conectarse a internet.

O CAZO DE LOURENZO

Trátase dun vídeo basado no conto "El cazo de Lorenzo" da escritora e ilustradora Isabelle Carrier. Coido que vos vai gustar moito, e que ademáis nos pode servir para que reflexionemos sobre as dificultades que día a día nos podemos atopar, e como ademáis de poder superarlas, nos sirven para ser mellores e medrar. 

Curso Escolar 2011-2012

Hola de novo a tod@s!!!, aquí estamos outra vez para comezar un novo curso escolar coas enerxias renovadas despois deste periodo de vacacións.

Desexámoslle a todolo alumnado un curso cheo de novos aprendizaxes e novas experiencias. 

El viaje de María

Entender un poco mejor el autismo.

Fin de Curso 2.010-2.011

Chegou o gran día no que os rapaces e rapazas de todo o colexio celebraron o festival de fin de curso. Houbo de todo: actuacións musicais, bailes, exibicións de patíns, de ximnasia rítmica, entraga de diplomas e de orlas. Todo un éxito e un espectáculo!!! Boa sorte no instituto ós de 6º!!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MANZANEDA

O alumnado de 6º curso do C.E.P. Sequelo de Marín xa está de volta da excursión de fin de curso en Manzaneda.

Alí practicaron todo tipo de deportes, actividades e xogos na natureza, ademais de disfrutar da ......Discoteca!!!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.