blogue deMenchi

PROXECTO RÍO LAMEIRA

Durante o presente curso fixemos varias saídas ao río Lameira para coñecer a vexetación, a fauna, as construcións do río, minerais, costumes, elementos do río,.. Destas saídas recollimos a información nunha presentación multimedia; por parellas os nenos foron traballando os contidos e aprendendo a traballar coas novas tecnoloxías.

Power Point elaborado por Paula e Aroa 4º A

CONCURSO PANGEA

Durante o presente curso os alumnos de 4º, 5º e 6º presentáronse ó concurso de lóxica-matemática Pangea. Este levouse a cabo con alumnos voluntarios dos distintos cursos. Os alumnos de 4ºA quedaron nalgúns recreos para reforzar o razoamento lóxico-matemático. Este é o "Equipo Pangea" de 4ºA: Aroa, UXía, Xan, Diego Baños, Pedro, Cristián, Diego Bea e Darío.

Deste grupo dous alumnos superaron as probas: Pedro e Darío, e foron examinarse a Ourense. Os compañeiros entrevistáronos: foron a Ourense coas súas familias e o que máis lles chamou a atención foi o salón de actos do cole onde fixeron o examen, gustoulles a experiencia e volverían repetila. 

!!!FELICIDADES!!!

(Se tedes curiosidade e queredes practicar cos exames de anos anteriores podedes descargalos neste enlace.)

INICIACIÓN AO TENIS

O alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ao club de tenis de Pontevedra para aprender a xogar ao tenis e fixemos moitos xogos:

O autobús : era de facer unha fila e o monitor tirábanos as pelotas e tiñamos que darlle a pelota e se saía fora do campo íamos a outro lado da rede e intentabamos coller a pelota que lanzaban os nosos compañeiros.

As liñas: tiñamos que poñer as pelotas en liña e un tiña que recollelas e outro volver a poñelas así ata que todos pasaban, o primer equipo que remataba era o gañador.

Opinións: encantounos e foi moi divertido,

Equipo redactor 4ºA: Agatha, Aroa, Noel e Uxía.

Na percura do tesouro

  O Alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ver a obra de teatro: "Na percura do tesouro". Tratábase dun mozo que buscaba un tesouro que agochaba unha moura no bosque. O mozo tiña que pasar cinco probas para conseguilo, pero a moura avisoulle de que no tesouro non había nin xoias nin moedas de ouro. A obra remata cando o mozo consegue pasar as probas. Foi unha obra divertida e "super lexendaria". Despois fumos ver unha exposición de fotos que tiñan máis de cen anos dunha muller americana chamada Ruth Matilda Anderson e rematamos a mañán facendo un taller de xogos onde fixemos un boneco boxeador de papel con articulacións porque os nenos desa época facían os seus xoguetes.

Uxía, Aroa, Ágata e Noel

https://youtu.be/2ZJ-PmWTDzs

 

CHARLA DE PROTECCIÓN CIVIL

A Granxa de Briz

Os cursos de 4º de primaria visitaron a Granxa de Briz.

https://quik.gopro.com/v/RiS0pFYwfQ/

A Granxa de Briz

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.

 

Arquivos mensuais