Día da Paz 2023.
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/02/2023 - 19:28Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:
"Se ti sorrís o mundo sorrirá"
Visita ao Lago de Castiñeiras.
Enviado por Miguel o Ven, 03/02/2023 - 01:00O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.
Radio Paz 2023
Enviado por josean o Mér, 01/02/2023 - 23:23Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.
Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.
Regalámonos o mellor de cada un
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 22:10Todo o mundo ten algo bo e debemos aprender a recoñecelo.
Saber aceptar os eloxios, tamén é importante.
E máis cando nos fan sentir tan ben. Haberá que repetilo.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 21:16Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!
A casa de Kike
Enviado por josean o Xov, 26/01/2023 - 17:07Actividade na que o alumnado domotiza unha casa virtual, colocando distintos dispositivos domóticos no seu sitio correcto nunha presentación de Genially. A información de onde vai cada dispositivo atópase espallada polo aula, e terán que discernir entre a información fiable e a información falsa. Finalmente, participan nun concurso de preguntas en Quizizz sobre información real e falsa do mundo da domótica.
INFANTIL: Brincando no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2023 - 21:33Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!
Primeiros Deseños 3D
Enviado por josean o Lun, 23/01/2023 - 00:16A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.
Lapis 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 20:26Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear. Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.
Pesadelo na Biblioteca
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 17:14Tras un terremoto, os libros da biblioteca automatizada de Digitaldría desordenaronse. Incluso nalgúns borráronse os seus datos. O alumnado completou os devanditos datos buscando a información na web da biblioteca para logo transformarse nos robots automáticos da mesma coa misión de organizar os libros da forma que corresponda.
Un novo Aguinaldo
Enviado por josean o Ven, 20/01/2023 - 01:02As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.
O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".
A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.
A Noitiña de Nadal
Enviado por josean o Ven, 20/01/2023 - 00:42Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.
Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.
Reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 10/01/2023 - 19:09SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS
O alumnado de 6º curso de primaria pode solicitar a reserva de praza para o seu centro adscrito, que é o IES Illa de Tambo.
Asimesmo, o alumnado de 6º curso de Educación Infantil da EEI O Grupo pode solicitar a reserva de praza para o CEIP Sequelo.
O PRAZO É DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DE 2023.
Para presentar unha solicitude deberán seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace:
Solicitude de reserva de praza para centros adscritos
LEXISLACIÓN APLICADA:
Felicitamos as festas
Enviado por josean o Mar, 03/01/2023 - 17:14Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.
Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!
Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 11:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
Concerto de Nadal
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 13:58Nadal co I.E.S Illa de Tambo
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 13:20Panxoliñas co IES Illa de Tambo
O coro de Nadal do noso colexio
fixo unha saída andando ata
o noso centro adscrtito
IES Illa de Tambo.
Foi unha xornada de reencontros.
Convivencia e reencontros
cos compañeiros doutras nadales.
Enchemos de panxoliñas o salón de actos
nun concerto de Nadal no que todos participamos.
0 resón dos vilancicos
interpretados por alumnos e profesoras,
fixo do festival un bo comezo do Nadal
para todos os asistentes.
Saíu a pé dende o CEIP SEQUELO-MARÍN un grupo de alumnos de 3º-4º-5º-6º
Interpretaron catro panxoliñas:
Nadal de Luintra
Os anxeliños do Ceo
Adeste Fideles
Campana sobre campana
Presentando
Naiara e Iván de 6º
Moitas Grazas a todos pola vosa ilusión.
Ata o próximo ano.
Visitas ilustres!!
Enviado por Ruth o Xov, 22/12/2022 - 21:08No día de hoxe, os nenos e nenas do CEIP Sequelo- Marín puideron desfrutar da visita de Papá Noel e de Mary Poppins.
Papá Noel faloulles do frío de Laponia e dos renos, que estaban a beber no río Lamiera. Tamén se fixo algunha fotografía para que lles quedase o recordo.
Pola súa parte, Mary Poppins, parecía un pouquiño perdida polo centro, menos mal que estes nenos lle souberon axudar. Vaia nivel de inglés se gastan estes peques!!!
Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022
Enviado por josean o Xov, 22/12/2022 - 02:00Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »