Biblioteca
Entrevista a Xose Iglesias Lamela, patrón da Costa da Morte
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 23:19Dentro do proxecto que eliximos este ano se engloba esta entrevista que dende a nosa radio fixemos ao patrón, mariñeiro e poeta Xose Iglesias Lamela. Máis aló da triste realidade do Coronavirus, contanos moitas máis cousa dun traballo que ata hai nada era o dos nosos pais e avós, un traballo coa presenza constante das marés e en perpetuo cambio; e como nos conta Xosé máis agora polo cambio climático que se está notando xa nos mares: especies como as salpas enchen o mar...Teremos como di Xosé que investigar que son....
Caricaturas de Ricardo Carvalho Calero (III)
Enviado por Anónimo o Lun, 18/05/2020 - 22:39Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (II)
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 22:19Os alumnos de 5º A traen moitas máis visións da personaxe, Ricardo Carvalho Calero retratado coa maestría da que só son quen os nenos e nenas do Sequelo.
Biografía de Ricardo Carvalho Calero polos nenos de 4º
Enviado por Menchi o Dom, 17/05/2020 - 21:46Os nenos de 4º estivemos coñecendo un pouco a vida e obra do autor das letras galegas do 2020 Ricardo Carvalho Calero e fixemos a biografía, caricaturas e un rap como homenaxe. Pincha nos enlaces se queres ler a biografía, ver as caricaturas, ler a letra do rap ou ver os nenos rapeando.
UNS ARTISTAS!!!
Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (I)
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 21:20Tanto de xeito "artesanal" como ao xeito 2.0 os alumnos de 5º animáronse a deixarnos algunhas das súas recreacións da figura de Carvalho Calero, de máis mozo e de vello.
Poemas dende a casa (30): A dorna vai e ven
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:14Clara Lamas Seijo de 5º A, caracterizada para a ocasión, deixanos este marabilloso poema que Álvaro Cunqueiro trobou ao estilo das nosas cantigas medievais
Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:04Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.
Poemas dende a casa (28): Dramatizando a Carballo Calero por Ángel Sorbet de 6ºB
Enviado por Anónimo o Dom, 17/05/2020 - 13:27Ángel Sorbet de 6ºB, tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas 2020, recitando este poema de Carballo Calero que nos enviuo hoxe mesmo. Moitas grazas Ángel.
Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 10:57Os rapaces e rapazas
de quinto A
un poema do homenaxeado
foron recitar.
Lembrando a súa infancia no Ferrol
antes da morte da súa nai...
(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)
Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 08:39Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....
"Vivir non é preciso, navegar si"
Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.
Poemas dende a casa (25): A roda do lume
Enviado por josean o Sáb, 16/05/2020 - 12:12Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.
ELENA GALLEGO. DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN
Enviado por Anónimo o Ven, 15/05/2020 - 18:02Como ela mesma di como cabeceira de presentación, Elena Gallego é periodista en tempos de crises e domadora de dragóns en mundos literarios. A saga DRAGAL, editada en galego por Edicións Xerais de Galicia, está sendo traducida a distintas linguas e saltará moi logo ás pantallas de cine e distintos soportes multimedia. "Dragal. A herdanza do dragón", que nos presenta neste vídeo, foi o primeiro libro da serie. Foi finalista no IV Premio Fundación Caixagalicia en 2009. No 2019 vén de publicar a última entrega da serie, Dragal V. O segredo do dragón". GRACIAS, ELENA, POR CELEBRAR CON NÓS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Spots Publicitarios (II)
Enviado por josean o Ven, 15/05/2020 - 00:03Agora máis ca nunca os pequenos comercios que están volvendo abrir necesitarán dunha boa publicidade, boa publicidade como a que lle poden proporcionar os nosos pequenos artistas:
Axencia de Viaxes Mart Inc.
Chocobom
Dani Lamborghini
Un agasallo para Ricardo Carballo Calero
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 09:43Dende o CEP Sequelo seguimos festexando ó polivalente Ricardo Carballo Calero ó que este ano se lle adica o "Dia das Letras Galegas".
Esta vez a nosa homenaxe aparece en forma de agasallo. A profesora Inés elaborou os recursos educativos que vos presentamos a continuación co obxectivo de que a vida e obra do autor poida chegar ó noso alumnado dun xeito doado, ameno e de calidade. Prestade moita atención ás ilustracións e mesmo podedes tentar reproducilas!
O primeiro dos agasallos é unha pequena biografía do autor que remata coa poesía "Anxo de Terra" que agocha un interesante segredo...quen será Benito Soto.
O segundo agasallo "As pitas baixo a choiva" que xa está a traballar o alumnado mais cativo do CEP Sequelo é un relato breve que narra unha anécdota do autor. Foi publicado na revista Lar en 1952.
O último dos agasallos é un repaso pola nosa simboloxía a través dun interesante titorial sobre a elaboración da bandeira e escudo de Galicia. A quen lle sairá mellor?
Pensades que a Ricardo Carballo Calero lle houbesen gustado os nosos agasallos?
Unha aperta!
Poemas dende a casa (23): Dramatizando a Carballo Calero por Alexandre Villanueva de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:55Alexandre de 6ºB mándanos un pouco de información sobre Carballo Calero, rematando co recitado do poema "O trevo das catro follas".
Poemas dende a casa (22): Dramatizando a Carballo Calero por Yago Núñez de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:46Yago Núñez de 6ºB animouse a recitar este poema de Carballo Calero titulado "O trevo das catro follas". Moitas grazas pola túa participación.
"A caricatura de Ricardo" 2
Enviado por Anónimo o Dom, 10/05/2020 - 22:40"A caricatura de Ricardo"
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 13:49Como xa saberedes o 17 de maio “Día das Letras Galegas” está a piques de chegar. Este ano adicámosllo a Ricardo Carballo Calero que sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo, escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Unha das súas obras máis divertidas destinada ós mais cativos é “As pitas baixo a choiva” que conta unha experiencia vivida cando era neno.
Podedes investigar algo máis sobre a vida e obra do autor si pinchades nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/1937
Dende o CEP Sequelo queremos propoñervos que fagades unha caricatura do autor.
Unha caricatura é un retrato no que, con intención crítica ou humorística, se deforman en exceso os rasgos característicos dunha persoa.
Aquí vos deixamos unha das fotos máis míticas do autor, atrevédesvos a caricaturizalo?
Enviade as vosas creacións á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com
“Dramatizando a Ricardo Carballo Calero”
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 13:44Dende a sección poemas dende a casa convidámosvos a que nos recitedes algún poema de Ricardo Carballo Calero. Votádelle imaxinación, podedes buscar toda clase de complementos e escenarios que nos axuden a comprender a súa obra.
Aquí vos deixamos algúns dos poemas mais famosos do autor:
Os vídeos deben durar menos de un minuto, é importante que respectedes o tempo.
Recompilación "Microcontos no espello". Semana do Libro
Enviado por Anónimo o Xov, 07/05/2020 - 11:35- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »