blogue dejosean

Traballamos algoritmos

Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa. 

A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.

Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"

Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles  cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.

O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.

 

Que cousa, cousiña é?

A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.

Entrevistas na beira

Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.

 

Os Trasnos

A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...

As Lavandeiras da Noite

Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.

Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.

 

Que sabemos do Gatipedro?

O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.

 

Que sabemos da Santa Compaña?

Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.

Medo na noite (IV)

En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.

 

Medo na Noite (III)

As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.

Medo na Noite (II)

A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia.  Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...

 

Medo na Noite (I)

"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.

 

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

2 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados.  Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.

Algúns dos finalistas:

O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores

Certame de relato Curto "Falarei"

Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.

 

III Festival de curtametraxes Aii Mo. S. A.

Xunto co Ceip Reibón Moaña, o IES María Soliño de Cangas, o IES JOHAN CARBALLEIRA de Bueu, o IES Plurilingüe A Paralaia e o IES As Barxas de Moaña participamos o sábado día 12 na festa do audiovisual dos centros educativos do Morrazo onde os alumnos expoñen o seu talento e as súas creacións ao longo do ano.

 

Papiroflexia by Luis Freire: Pingas

Desta vez Luis Freire non elaborou ningún dos seus habituais titoriais de Origami.  En vivo e en directo, dirixiu aos seus compañeiros para, e dentro do proxecto, no que participa todo o centro elaborar pingas de auga, das que estas 3 son bo exemplo.

O titorial non tardara en chegar en video.

A orla de 6º

Co material que nos chegou de Polos Creativos (Cámara e Focos), o pulso do fotógrafo e mailo software online Canva, comezaron os de 6º a realizar a súa propia orla. Ben doado, tanto, que ata un neno de 2 anos sería quen de facelo. Como non os temos no colexio, botamos man dun dos de 6º.

Que é que, no muíño do Señor José? (II)

Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.

A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.

1. Punto de desvío

Tramos de Canle

Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada

Ao final incluso se aproveita como lavadoiro

 

A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO? 

Falarei e falarei

A partir da campaña que polas letras galegas creou unha coñecida marca de leite galega, e utilizando a marca distintiva de Fernández del Riego, as súas gafas;  os alumnos de 6º aproveitaron para traballar a rica fraseoloxía galega ao redor do verbo falar.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.