Blogues

Diego BookTuber

Un Booktube especial:  á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube

Sequelo Booktubers II

Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.

Issam:

Joel:

Leire:

María:

Martín:


Sequelo Booktubers I

Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:

Ainhara 5º

Alonso 5º

Álvaro:

Ángel:

Darío:

Desireé:

O sequelo cociña...edición pascua

Chegamos coa última entrega deste curso do Sequelo cociña! Esta vez, os nenos e nenas máis maiores do cole aproveitaron o descanso de semana santa para facer unhas receitas moi deliciosas. Dádelle ao play e descubride a variedade de sobremesas que nos traen!

 

 

 

Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!

Unha Dorna de Libros na Alameda de Marín

Unha segunda vida para os teus libros.

A Asociación de Mulleres de Marín propón esta actividade para a semana do libro na

Alameda de Marín.

 

ANIMÁDEVOS A LER

7 de ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

ESTE ANO O LEMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE É: "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO", coa finalidade de defender o dereito da poboación a ter acceso a servizos de saúde, educación e información, así como a auga potable, aire limpo, boa nutrición, vivenda, condicións ambientais e de traballo decentes.

No noso colexio, grazas á Anpa, tivemos a oportunidade de que Antonio Casal (Aula de Saúde do Club Baloncesto Peixefresco Marín) viñese a dar dous talleres (un para nenos/as e outro para mestres/as e familias) relacionados cos Primeiros Auxilios, centrándonos mais no RCP.

Aprendemos moitísimo e sobre todo, quedamos coa frase de "a peor RCP é a que non se fai".

Moitas grazas, Toño e Anpa Aidón por esta formación tan necesaria.

 

 

 

 

 

FROITA NO RECREO

Orientación deportiva- Illa das Esculturas

A continuación, deixo unha breve presentación da xornada de orientación deportiva do pasado martes 19 de marzo, cos alumnos e alumnas de 6º curso.

 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias.

 

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN LISTAXE DE SOLICITUDES A BAREMAR - CURSO 2024/2025

 

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión, de 4º de E. Infantil, presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 2 ao 15 de abril) para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes presentadas no noso centro.

 

 

 

Día Mundial da Poesía 2024

Que mellor xeito que celebrar o día mundial da Poesía que con Celso Emilio Ferreiro e o seu "A nosa amiga"

Campións de Xadrez: I Torneo 2023-24

O primeiro torneo deste curso ofrece a seguinte táboa de gañadores: 

ZAID          6º curso
5
MARTÍN S   5º curso
5

MARTÍN C   3º curso

5
RAÚL          6º curso
4,5
ROBERTO    5º curso 4,5
DANI          6º curso  3,5
YAGO          6º curso 3

IKRAM        4º curso

3
MARIO        6º curso
2,5

MARTIN C    2º curso

2,5
MARIO        5º curso
2,5

ROI            6º curso

ÁNGEL        5º curso

2

1,5

En cor figuran os gañadores por ciclos. ZAID gañador absoluto, Martín Campelo gañador do primeiro ciclo e Martín Carrasco gañador do segundo ciclo.

Noraboa a todos!!

 

Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas

Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.

Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70. 

Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.

Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.