blogue deMiguel

Fondo de libros e axuda de material para o curso 2017/18.

Pódense presentar as solicitudes ata o 23 de xuño de 2017. Nos apartados de axuda de libros para 1º e 2º e  Fondo Solidario de libros para 3º e 4º. E axuda de material de 1º a 6º de primaria.

Na Orde do 16 de Maio de 2017 están as bases; no seguinte enlace:

DOG do 22 de Maio de 2017.

XXI Certame "Francisco Añón" de poesía.

Este ano, no XXI Certame de poesía "Francisco Añón" de Serra de Outes temos dous gañadores de 5ºB de primaria: Iago Garrido Carballa e Víctor Moreira González. Parabéns aos dous.

XIV Concurso de Poesía Concello de Marín.

Aquí tedes entre os gañadores a Raquel de la Torre e Pedro Ares de 6º A. Pedro Abrokwah, tamén de 6ºA non puido asistir á entrega de diplomas.

Xogo de nen@s.

Continuamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas 2017.

Nesta ocasión presentamos un vídeo argallado de forma común polos Equipos de Dinamización Lingüística do I.E.S. Mestre Landín e do C.E.P. Sequelo coa colaboración do recuncho de Tambo.

Trátase dun pequeno xogo no que debes escoitar ben as pescudas e tentar adiviñar o título dunha obra de Carlos Casares, o homenaxeado na edición deste ano.

Son dez diferentes pero... andade con tino porque dúas repítense...

Cada acerto será un punto e podedes facer competicións.

Moita sorte a todos/as!!!

 

V Certame Relato Curto FANPA.

Parabéns ao alumno de 5ºA de primaria Carlos de la Torre Aboal por ser finalista do V Certame de Relato Curto da FANPA, entre máis de 800 participantes. O seu relato xunto cos outros 119 finalistas será publicado nun libro da Editorial Kalandraka e recibirán un diploma. O 30 de maio saberase cales son os 5 mellores relatos e os gañadores. Moita sorte!

Abalarmóbil.

Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.

Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".

Como vos diciamos o outro día, aquí tedes as actividades de multideporte de pasado xoves co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP A Laxe e do CEP Sequelo. Disfrutade do vídeo.

 

Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".

Tomámoslle prestado aos compañeiros da Laxe un dos vídeos que fixeron onte nas xornadas de multideporte entre os dous centros. Onte tocoulle ao alumnado de 3º e 4º. Próximamente subiremos o de 5º e 6º que tamén participaron hoxe. Esperamos que vos guste.

 

O neno que perdeu a pelota!

O alumnado de 2º de primaria representou para os seus compañeiros do colexio Sequelo a obriña de teatro "O neno que perdeu a pelota!"

21 de marzo. Día da poesía.

Aproveitando o día da poesía, o alumnado de 5ºB fixo as primeiras emisóns de radio no colexio. Falaron da poesía en galego e por outra banda serve como primeiras probas da radio escolar.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA NO CEP SEQUELO.

O prazo  para presentar a solicitude de admisión para o curso 2017/2018 comprende desde o 01 ata o 20/03/2017

ambos inclusive. Podendo presentarse no centro ou a través da páxina:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ALUMNOS DE NOVO INGRESO:

1.    MODELO OFICIAL DE INSTANCIA, dispoñible no centro
 
2.    FOTOCOPIA DO DNI OU LIBRO DE FAMILIA (DO ALUMNO/ALUMNA)
 
A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS SERÁ ANTES DO 25 DE ABRIL.

A RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES DEFINITICAS SERÁ DE 5 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO SEGUINTE DÍA Á PUBLICACIÓN

DAS LISTAS.

A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS SERÁ ANTES DO 15 DE MAIO.

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

DO 20 AO 30 DE XUÑO.
 
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
 
O decreto de admisión está no DOG do Venres, 15 de marzo de 2013. Facede clic no enlace de abaixo:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html

COMEZA O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2017/18, DO 1 AO 20 DE MARZO.

Ábrese o prazo de admisión para o vindeiro curso escolar 2017/18 que abranguerá dende o 1 ao 20 de marzo.

Canción para o día da Paz 2017.

Saída a Pontevedra para ver a obra de teatro en inglés "Freaky".

O alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu á súa cita anual en Pontevedra co teatro en inglés para escolares. Esta vez a obra "Freaky" ademais de entretida e divertida tratou o de tema do acoso.

Visita ao muíño do Sequelo.

Coñecemento do Medio. Os nenos de 5º B dentro do Proxecto "Terra Adentro" visitan o muíño que está situado a rentes do Sequelo e que se move coa forza do río Lameira. O dono explicoulles como estaba aínda en funcionamento e púxoo a moer para eles:  millo, centeo e trigo.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2016-2017

Para solicitar a beca e a axuda para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2016-17, consultar o BOE do 6 de agosto de 2016.

O prazo para presentar a solicitude remata o 29 de setembro de 2016.

Toda a información da convocatoria está no seguinte enlace:

http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html

 

Matrícula 2016-2017 e axuda de libros.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Prazo de axuda de libros ata o 23 de xuño.

Exposición "Marín sabe a Mar".

Os alumnos de 5º de primaria explicáronlle aos demais alumnos do colexio o uso dos diferentes obxectos e aparellos relacionados coa historia da súa vila, que aportarou todo o alumnado para elaborar esta exposición, que teñen que ver co mar e co proxecto deste curso escolar "Marín sabe a Mar".

 

Visita de X.H. Rivadulla Corcón.

Onte, 4 de abril, visitounos o poeta, narrador, dramaturgo e guionista, X.H. Rivadulla Corcón. Falou e respostou ao alumnado de 6º de primaria sobre a novela que están a ler: " Os piratas da illa da Esperanza" e que trata da lealtade e da amizade.

Deixámosvos tamén un pequeno vídeo da súa visita.

 

AbalarMóbil

Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.