Polos creativos

No curso 2022-2023 iniciamos este proxecto promovido pola Consellería de Educación.

Kopa Deportes nº 7

Neste 7º Kopa Deportes imos coñecer un pouquiño máis o deporte favorito de Kenia Río Jiménez, a hípica.  Kenia é unha namorada dos cabalos e sabe moitas cousas deles.

TeleSequelo do Primeiro de Abril

April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.

Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.

 

Coplas de Maio 2023

A partir dunha estruturación moi tradicional das coplas de maio, en versos de 6 sílabas, o alumnado de 5º e 6º creou está enchente de coplas, que amosan o que aprendeu sobre a celebración estes días.

Kopa Deporte nº 4

Neste programa do noso programa deportivo, temos de invitada a Gloria Núñez, que nós vén falar das súas experiencias dentro dun deporte menos coñecido que os de moitos outros invitados, a ximnasia rítmica.

 

LEGO WEDO en 1º de primaria

O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:

1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,

2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth

3. Escribir a programación utilizando bloques

4. Comprobar que funciona!

E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.

Coñeces este Plano?

Coñeces que tipo de plano obtiveron todos estes alumnos de sexto? Deixanos a túa resposta nos comentarios.

 

Programación con Lego WeDo

Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.

Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"

O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.

Plano Cenital?

Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?

Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios

Adiviña o Plano

Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións

Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é

 

Kopa Deportes nº 3

Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.

Obradoiro de filloas. Entroido 2023

Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos  protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!". 

A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.

 
 
E como seguro que moitos de vos non lembrades como e cando chegou a ser a filloa "Raiña do noso Entroido" no CEIP Sequelo; foi ocorrencia dalgúns mestres no Entroido do 2004. 
Como presentación tivo esta modesta pegatina.
 

 

Kopa Deportes Programa 2

Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.

Kopa Deportes

Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio.  Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña.  ESCOITA XA!!

Poemas de Paz

Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.

Radio Paz 2023

Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.

Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.

Primeiros Deseños 3D

A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.

Lapis 3D

Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear.  Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.