PP Aprende programando
Aula Scratch de 5º
Enviado por josean o Xov, 23/05/2024 - 21:28A clase de 5º creoou un aula en Scratch para que sen necesidade de rexistro poidan subir os seus algoritmos de Scratch a un Estudo do que a propia aula está dotada.
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 21:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Xogo de preguntas Scratch
Enviado por josean o Mér, 21/02/2024 - 21:44Preme na bandeira e intenta contestar axeitadamente estas preguntas que sobre o tema que están estudando che deixa Issam e Mateo de 5º
Circuitos de Papel
Enviado por josean o Mér, 21/02/2024 - 00:56A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron. Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.
A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos
Placas Makey Makey
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 03:22Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.
Tarxeta de Nadal Scratch
Enviado por josean o Mér, 20/12/2023 - 23:09Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º
Traballamos algoritmos
Enviado por josean o Mar, 05/12/2023 - 17:07Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa.
A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.