Biblioteca

TARABELOS. TEATRO TÍTERES

A TÉCNICA DO ILUSTRADOR

O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.

Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".

E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.

Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.

Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza

Noticiario Francisco Fernández del Riego

 

Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.

    NOTICIARIO:

 

Kopa Deportes nº 7

Neste 7º Kopa Deportes imos coñecer un pouquiño máis o deporte favorito de Kenia Río Jiménez, a hípica.  Kenia é unha namorada dos cabalos e sabe moitas cousas deles.

VÍCTOR RIVAS. ILUSTRADOR

Este venres, 12 de maio, encetamos a celebración das Letras Galegas 2023 coa presenza dun magnífico debuxante e ilustrador, Víctor Rivas. Ofrecerá un obradoiro en tres sesións para todos os alumnos. Recoméndase a lectura dalgún destes libros ou calquera outro no que participou. Se tendes algún deles, podedes traelo ao colexio; el estará encantado de asinárvolo.

Green Colorful Illustrated Small Act to Save Earth Poster de Ramon Pastoriza

Telediario dende o Ceo

 

Algunhas curiosidades dende ceo

do telediario que fixeron os compañeiros de 6º  na clase de Relixión.

Que curioso!!!!

 

Estas son algunhas das curiosidades que os compañeiros de 4º seleccionaron para este noticieiro dende o Ceo.

 

Recursos para o Día das Letras Galegas 2023

O SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria.

Na páxina web do Seminario Galán atopamos actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, cronoloxía, marcapáxinas, libro de lapelas, comecocos...

Este ano como novidade achegamos  actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario..., unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.

 

A REAL ACADEMIA GALEGA dedícalle  a Francisco Fernández del Riego a páxina web para o público infantil Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), onde pode descargarse As cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas. A escritora Eva Mejuto recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir nunha fermosa e divertida proposta ilustrada por Lucía Cobo.

Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e didácticos. A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.

 

Día da Poesía

DIA DA POESÍA

21 de marzo

Xogando coa poesía. 

No recreo do luns día 20 de marzo,

adiantándonos un pouco,

ideamos outra maneira de achegarnos ata a biblioteca:

Inventamos un contrasinal en forma de pareado.

 

Facendo pareados no recreo. 

Todo un exercicio de creatividade.

 

 

Coñeces este Plano?

Coñeces que tipo de plano obtiveron todos estes alumnos de sexto? Deixanos a túa resposta nos comentarios.

 

Xadrez no CEIP Sequelo

Todas as tardes dos mércores xuntámonos para aprender a xogar ao fascinante xogo do xadrez na biblioteca do CEIP Sequelo. Esta actividade está organizada pola ANPA do colexio, e neste curso está sendo todo un éxito pola cantidade de alumnado que participa, desde 1º a 6º cursos de primaria.

Ánimo e a seguir xogando!!

Obradoiro de Ecopercusión 2023

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz. 

Como podedes comprobar pasárono xenial,  ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo. 

Kopa Deportes nº 3

Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.

Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023

Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".

Rematamos con festa no colexio e degustación de lambetadas típicas de Entroido, aportadas polas familias.


"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023

O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. 

Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.