blogue dejosean

Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"

O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.

Plano Cenital?

Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?

Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios

Adiviña o Plano

Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións

Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é

 

Kopa Deportes nº 3

Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.

Kopa Deportes Programa 2

Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.

Kopa Deportes

Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio.  Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña.  ESCOITA XA!!

Poemas de Paz

Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.

Radio Paz 2023

Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.

Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.

A casa de Kike

Actividade na que o alumnado domotiza unha casa virtual, colocando distintos dispositivos domóticos no seu sitio correcto nunha presentación de Genially. A información de onde vai cada dispositivo atópase espallada polo aula, e terán que discernir entre a información fiable e a información falsa. Finalmente, participan nun concurso de preguntas en Quizizz sobre información real e falsa do mundo da domótica.

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!

Primeiros Deseños 3D

A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.

Lapis 3D

Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear.  Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.

Pesadelo na Biblioteca

Tras un terremoto, os libros da biblioteca automatizada de Digitaldría desordenaronse. Incluso nalgúns borráronse os seus datos. O alumnado completou os devanditos datos buscando a información na web da biblioteca para logo transformarse nos robots automáticos da mesma coa misión de organizar os libros da forma que corresponda.

 

Un novo Aguinaldo

As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.

O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".  

A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.

 

A Noitiña de Nadal

Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.

Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.

 

Felicitamos as festas

Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.

Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!

 

Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022

Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos

Contacontos "A cebra Camila"

Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.

Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.

Digicraft: a nave dos soños

Nesta actividade o alumnado vive una aventura online para eliminar un virus que pon en perigo a misión máis importante da humanidade: a primeira viaxe interestelar. Mentres percorren a aventura, ven ejemplos sobre automatización e  domótica que se dan na nave estelar.

Digicraft 2022

Outro ano máis os alumnos de 5º e 6º comezan o Proxecto Digicraft coa Avaliación Inicial que o proxecto nos propón.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.