blogue dexose

Draco tamén queda na casa

Ola nenos e nenas de primeiro curso, Draco, o noso amigo do reino das emocións, enviounos unha mensaxe. (Pincha na imaxe para lela).

Tamén nos deixa un xogo para os que teñamos ordenador.  Consiste en facer unha tarxeta semellante á que vedes arriba, pero co voso toque persoal. A ver se sodes capaces de facer a vosa propia tarxeta con mensaxes positivas para animarnos a todos e todas.

Para xogar podemos escoller personaxes, escenarios, diálogos, obxectos e músicas, pulsando na casiña "Validar". Despois de escollelos todos pinchamos na casiña "Ver" e movemos os diversos elementos segundo queiramos. Finalmente pinchamos en "Descargar" e xa temos no noso ordenador o debuxo, que podedes envialo ao profe para subilo á web.

Ánimo

Aprende ciencia na casa co CSIC

 O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) conta cun amplo abano de recursos online para achegarse á ciencia a calquera idade. 

Exposicións e museos virtuais, debuxos animados e outros vídeos, blogs, experimentos, xogos, apps ou libros descargables sobre todas as áreas do coñecemento son algunhas destas propostas.

Un día con... (3): Marián

Mi rutina es: me levanto, recojo mi habitación, desayuno, juego en el jardín, como, hacer deberes. Cuando los acabo, hacer manualidades, hablar un poco con mis amigas, jugar en el jardín, regar mis plantas, decorar mi habitación. También hicimos una guarida y reciclamos cosas para la guarida.

Marián Añón  5º A

Un día con... (2) Ariadna. 6ºB

Empiezo las mañanas con una misma rutina: me aseo, desayuno, realizo alguna tarea de la casa junto con mi hermano para ayudar a nuestros padres. A las 10:00 me conecto por el potátil con mi tutor Miguel, para ver las actividades que tengo que hacer. Durante la mañana hago todas las actividades y después de comer dedico mi tiempo libre a leer, jugar con mi familia a juegos de mesa, a las cartas, toco la guitarra, pinto sobre lienzo y de vez en cuando hablo también con mis amigas por videollamada. Después de cenar solemos ver una peli en familia. Para finalizar, cuando nos vamos a la cama, rezamos a Dios para que todo esto pase pronto y podamos volver a nuestras rutinas sanos y salvos. Tenemos que cuidarnos mucho y ser responsables porque esa será la mejor arma para luchar contra el coronavirus.

Ariadna Vaquero Álvarez

Dende a casa

Estimadas familias:

Recollemos varias propostas para levar a cabo cos nenos/as, e que figuran no primeiro bloque da dereita desta páxina web: Dende a casa. Todos podemos participar cos nosos vídeos de Contos, Poemas, Música, Manualidades, Hoxe aplaudimos a... ou Un día Con... e mesmo Mensaxes de ánimo. 

"HOXE APLAUDIMOS A....". Consiste en que os nenos/as nos manden unha redacción ou un pequeno video, como prefiran, relatando o traballo que moitos e moitas de Vdes. están realizando durante esta crise, tanto no ámbito sanitario como dos transportes, do mar, alimentación, comercio, industria, teletraballo, etc., xa que somos conscientes de que moitos de Vdes. están traballando arreo durante esta crise. Os nenos/as poden entrevistalos e contarnos en que consiste o seu traballo ou o dalgún familiar ou veciño durante estes días. Logo iremos subíndoos á paxiña web e aos blogs do colexio, contando coa súa autorización. 

Outra proposta é que os nenos/as nos contasen que fan cada día , en forma de diario ou de axenda, por ex. "levántome ás 9, almorzo, estudo,etc." . Chamariámolo "UN DÍA CON... (nome do neno/a)” e tamén se subirían á web. Saúdos cordiais.

Lembrade enviar as vosas propostas ao e-mail : sequelonacasa@gmail.com

Recursos de Editorial La Calesa

 

Para intentar axudar aos alumnos de Primaria e Secundaria que estos días teñen que permanecer nos seus domicilios, Editorial La Calesa creou una publicación especial gratuita para poder realizar tarefas e deberes en casa.

Os contidos son documentos en formato PDF, e pódense visualizar directamente online ou ben descargar e gardar en ordenadores e dispositivos. Tamén se poden imprimir nas casas.

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 1º de Primaria

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 2º de Primaria

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 3º de Primaria

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 4º de Primaria

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 5º de Primaria

Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 6º de Primaria

 

Participa cos teus COMENTARIOS

Bo día a todos/as:

Onte habilitamos os comentarios das noticias do blog para que todos/as poidades participar expresando as vosas opinións (positivas, porfa) e así nos axuden a animarnos os uns aos outros. Ao final de cada noticia aparecerá unha ventá onde poderedes escribir o que vos apeteza. Non esquezades poñer o voso nome ao final do comentario.

Grazas

Aulas Galegas

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.

Ofrece moitas propostas para os diversos niveis educativos.

Chrome Music Lab

Animávosvos a experimentar con esta aplicación web, que pretende achegar conceptos e desenvolver destrezas musicais a través do xogo cunha apariencia amable.

As posibilidades van desde a creación de melodías, pasando pola aproximación ao coñecemento do fenómeno físico polo que se produce o sonido ata o desenvolvemento da creatividade unindo pintura e música.

Neste pequeno manual explícannos as posibilidades desta aplicación.

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Dende o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) remítennos estas directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego.

Adxúntase un pdf de 10 páxinas, con servizos e recursos para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia.

Blog de Primeiro curso

Recursos para a aprendizaxe en liña (INTEF)

O INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) creou o sitio web “Recursos para a aprendizaxe en liña”, no que se ofrecen diversos materiais e recursos para a ensinanza a distancia.

Constitúen unha selección de máis de 20 aplicacións online que resultan útiles para mellorar a metodoloxía docente.

Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena

Para levar mellor estes días que estamos recluídos na casa, propoñémosvos uns consellos básicos recomendados polos psicólogos/as:

  1. Respectar os horarios e hábitos principais, coidando especialmente:

    . Horarios de espertar, durmir e comidas.

    . Un tempo diario de traballo escolar.

    . Actividade física.

    . Axuda doméstica.

    . Períodos de descanso.

  2. Contar cos fillos/as na planificación do día : Elaborar axenda contando coa opinión e aprobación dos nenos/as.

  3. Non esquecer a actividade física: Podemos propoñer exercicios xuntos.

  4. Coidar a nutrición: Respectar horarios e calidade das comidas.

  5. Respectar as clases ou ensinanza online: É importante que os nenos/as sigan as pautas dos profesores/as do seu centro educativo e que fagan os deberes asignados.

  6. Deixar tempo para que xoguen: Despois do estudo e os deberes, é bo que os nenos/as se distraian vendo a televisión, coa consola ou xogando cos seus xoguetes. Na medida do posible aproveitamos para compartir con eles este tempo de ocio.

  7. Permitir tempos de inactividade, descanso: tumbarse na cama (durmir sesta), relaxarse...

Exemplo de axenda diaria (flexible, para adaptar ás necesidades particulares):

9:00 - 10:00 Espertamos, almorzo, aseo, tarefas domésticas básicas (facer a cama,...)

 10:00 -13:00 Traballo da escola, con media hora de descanso (11:30 a 12:00)

 13:00 - 14:00 Descanso, axudar na cociña e na limpeza e orde da casa, ...

 14:00 - 15:00 Xantar, recoller...

 15:00 - 16:00 Descanso, TV, xogo libre (tablets, consolas...)

 16:00 - 20:00 Actividades lúdicas: exercicio físico (baile, xogos de movemento corporal, exercicios de ximnasia, pilates, taekwondo...), lectura, música, debuxar, pintar, xogos mesa (parchís, cartas, xadrez, puzzles, construcións...), con tempo para a merenda (18:00 a 18:30).

20:00 - 21:30 Cea, recoller...

 22:00 Hora de durmir

Suxestións para actividades lúdicas:

 Diario Las Provincias

 OK diario

 Sitly, 15 ideas para xogar na casa con nenos/as.

Para os que teñades fillos na etapa de educación infantil, Guía completa de actividades e consellos escolares para nenos/as de Educación Infantil, publicado no xornal Faro de Vigo (20/03/2020)

Consellos para manter a calma:

Consellos para non agobiarse coa coarentena: Diario El País, 28 marzo 2020.

Durmir media hora menos e outros consellos para descansar mellor durante o confinamento Diario El País, 2 abril 2020.

O alumnado de 6º curso visita o IES Illa de Tambo

Hoxe os dous cursos de 6º visitamos o IES Illa de Tambo. Antonio, o seu director, presentounos a biblioteca, o salón de actos, as aulas de 1º e 2º de ESO onde atopamos a compañeiros/as coñecidos, a aula de música, o pavillón e o ximnasio, e tamén os laboratorios de física e de bioloxía. Gustounos a visita!

Liga Lego Junior 2019-2020: presentación do proxecto en Ferrol

O sábado 15 de Febreiro tivo lugar a presentación dos proxectos da Liga Lego Junior no auditorio de Ferrol. Saíunos todo xenial e quedamos moi contentos co noso traballo. Ímovos amosar algunhas imaxes dese día:

Diploma de felicitación a CEP Sequelo como gañador do premio "Exploradores Cooperativos"

O equipo coa medalla e o diploma:

Foto cos pais e nais que nos acompañaron:

O noso traballo exposto:

O equipo durante a súa presentación:

O vídeo da nosa presentación, que dura 7 minutos:

Ímovos contar un breve resumo da xornada:

Tivemos que levantarnos da cama ben cedo, pois ás 7 da mañá saímos para Ferrol. Foi moi bonito ver as cores rosadas e azuis do mencer. Chegamos ao auditorio sobre as 9 horas e xa nos estaban esperando para darnos as acreditacións e as entradas.

No auditorio había unha sala grande onde tivemos exposto o noso traballo xunto aos de outros 20 equipos nas categorías de 4 a 6 e de 6 a 9 anos. A iso das 11:30 déronnos un bocata de merenda. Por fin, ás 12:30 chegou a hora de presentar o noso traballo diante do xurado, formado por dous científicos e unha científica (podédelo ver no vídeo anterior).

Sobre as 13 horas déronnos un bocata de almorzo, de lomo con tomate, que estaba ben bo. Xa para rematar, e despois de ir tomar un café cos papás e mamás, asistimos ao acto de clausura no auditorio, onde nos entregaron os diplomas e unhas medallas xeniais feitas con pezas de Lego. Nese acto intervíu un mago moi simpático, que fixo dous trucos divertidos. Nun deles foi capaz de convertir un papel mollado nun montón de copos de neve que nunca remataban.

Temos que agradecer enormemente á organización e a aos voluntarios/as que nos axudaron moito en todo o que necesitamos. Esperamos volver o ano que vén!! Grazas!!

Máis información sobre o evento en :

Televisión de Galicia

Páxina oficial en Twiter

Álbum con todas as nosas fotos do proxecto

Fotos na web oficial de Flickr do evento en Ferrol

Liga Lego Junior 2019-2020 (10)

Na última sesión deste proxecto fixemos un ensaio da exposición diante dos nosos compañeiros/as de 4º curso. Quedamos contentos e esperamos facelo aínda mellor en Ferrol.

Ver a imaxe

Liga Lego Junior 2019-2020 (9)

A novena sesión dedicámolo a montar o noso mural para a exposición, escribimos títulos, coloreamos, recortamos e pegamos na cartulina.

Na segunda parte ensaiamos a exposición. Aínda temos que mellorar!

Para a vindeira e última sesión volveremos ensaiar a presentación e daremos os últimos retoques á nosa maqueta.

Liga Lego Junior 2019-2020 (8)

Na 8ª sesión continuamos mellorando a maqueta do noso edificio, un centro deportivo, e tamén o ascensor con motor e programación. Iniciamos o deseño do noso mural e fixemos a primeira proba de presentación diante do público.

Na vindeira sesión temos que concluír a maqueta do edificio, rematar o mural e ensaiar de novo a presentación. A ver se damos feito!

Engadimos dúas imaxes cos nosos deseños:

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.