blogue deMiguel

Día Internacional da Muller Traballadora.

Este venres, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Os nenos e nenas de 5ºB leron no aula un manisfesto para esta ocasión.

Cuentos para antes de despertar.

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora. Aquí tedes un conto que de seguro que vos vai a gustar: ''Los colores''. Que o disfrutedes.

 

Día da Paz 2013.

Podedes escoitar aquí un poema que recitaron para este día os alumnos de 5ºB.

 

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.

Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.

 

As ''Entrevistas'' en 5ºB.

Aquí vos deixo unha mostra das ''Entrevistas'' feitas polos alumnos de 5ºB. Unha actividade realizada na clase de Lingua Castelán onde traballamos sobre o tema.

 

As tartarugas

Os rapaces e rapazas de 2ºA  tiveron hoxe na clase de Coñecemento do Medio, un exemplo do que están a aprender sobre os Animais Vertebrados e Invertebrados. Unha compañeira trouxo hoxe a súa tartaruga que levantou moita expectación. Mirade e escoitade todo o que sabe desta especie. Moi ben feito.

 

Fotos do concurso de disfraces no Entroido 2013.

Pincha enriba da foto para entrar na galería de fotos do IX Obradoiro da Filloa.

 

IX Obradoiro da Filloa. CEP Sequelo

Aquí vos deixo unha montaxe feita pola profesora Merchi. Espero que vos guste. A festa foi así...

 

Entroido 2013. Actividades para este día.

IX Obradoiro da Filloa. 2013

Como cada ano polo Entroido celebramos o xa tradicional Obradoiro da Filloa. Estades todos invitados. Pincha enriba da imaxe para ver o vídeo.

Programa IX Obradoiro da Filloa CEP Sequelo.

Xa tedes aquí o programa do IX Obradoiro da Filloa, que celebra o CEP Sequelo-Marín. O entroido chega de novo á nosa vila. Esperamos a vosa participación.

Día da Paz 2013.

Aquí vos deixo unha mostra dos adornos que os rapaces e rapazas do CEP Sequelo fixeron  polo Día da Paz 2013. Tamén algunhas fotos da celebración no pavillón. Espero que vos gusten.

Día da Paz. 30 de xaneiro de 2013.

Aquí tedes unhas actividades sobre o Día da Paz. Facedes click enriba de cada imaxe. A disfrutalas.

Yellow submarine para Ciclo Medio.

 

 

 

Yellow submarine para Ciclo Inicial.

 

 

 

Visita dos alumnos e alumnas de 5º e 6º ao estadio de Pasarón e representación 'Odaiko nas Escolas'

O pasado 25 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas do 3º ciclo do colexio, visitaron o estadio de Pasarón en Pontevedra e asistiron ao espectáculo musical ''Odaiko nas Escolas''. A mañán foi moi entretida malia o tempo que facía. Aquí tedes algunhas fotos desa mañán.

 

Odaiko nas Escolas

Por mor da alerta vermella no litoral de Pontevedra, hoxe martes 22 de xaneiro de 2013, suspendéronse as actividades fóra do recinto escolar ou ao aire libre segundo aconsellaba a Consellería de Educación. A saída que tiñamos prevista para o día de hoxe co alumnado de 5º e 6º de primaria a Pontevedra, trasladouse para o próximo venres 25 de xaneiro de 2013, coas mesmas actividades e horarios programados. Esperemos ter máis sorte co tempo para ese día.

Odaiko nas Escolas

O vindeiro martes 22 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso centro teñen una saída a Pontevedra. Veran no centro social Caixanova ''Odaiko na Escola''. Aproveitando esta representación, visitarán antes o estadio de Pasarón, onde moi amablemente os responsables do clube do Pontevedra nos ensinarán as súas instalacións e prepararán algunha actividade.

''Odaiko na Escola'' é un proxecto didáctico onde Odaiko se centra en axilizar o enxeño e a curiosidade dos máis pequenos a través dunha divertida escenificación en directo chea de creatividade.

Acompañados por un narrador en off, os nosos amigos de Odaiko invitannos a facer un percorrido musical cheo de ritmos e sonoridades. Unha viaxe chea de imaxinación onde a expresión artística máis sinxela pode chegar a ofrecernos as respostas máis sorprendentes.
Músicos: Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo.

 

Navega con Rumbo

O próximo martes, 15 de xaneiro de 2013, ás 17:00h, teremos na Biblioteca do noso centro unha charla dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria, pais e nais e profesorado, titulada ''Navega con Rumbo''.

 


 

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Sabemos que empregas o teu sentido común pero queremos botarche unha man. Atoparás algunhas recomendacións na Guía do Alumnado que farán máis segura a túa navegación polo ciberespazo. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

Máis nada. Goza coa Internet e toma nota das nosas recomendacións.

Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?

 

Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?

Dende o Equipo de Normalización Lingüística (E.N.L.) do CEP Sequelo propoñemos resolver esta pregunta. Se ti non o sabes pregúntalle aos teus pais ou avós que eles seguro que o saben. Deixa a túa resposta nun papel co teu nome e curso no buzón que hai a carón da aula de informática. O venres día 30 de novembro entre todas as respostas acertadas elixiremos dúas que recibirán un pequeno agasallo. Tamén podes deixar en ''engadir novo comentario'' a túa resposta. Boa sorte a todos!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.