blogue dejosean
Circuitos en serie e en paralelo
Enviado por josean o Sáb, 09/07/2022 - 17:34Que sabemos dos circuitos en serie e dos circuitos en paralelo?
Pois de primeiras aprendimos a montalos, cales son os compoñentes necesarios para montar un circuito e que se nos paralelos se che funde unha bombilla (cousa que non pasou) a outra seguiría funcionando como se nada o que non sucede se as colocamos en serie.
Todos funcionaron.
Case nos pillan
Enviado por josean o Lun, 04/07/2022 - 21:58A partir desta historieta "muda", puxeron titulo, diálogos e cor, co GIMP. Hai quen di que neste de Noa, as personaxes eran mesmamente da aula de 5º.
Piskel
Enviado por josean o Dom, 03/07/2022 - 17:19Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol
LUIS
AMIR
UXÍA
NOA
HUMBLE
Móvete+
Enviado por josean o Mér, 22/06/2022 - 23:18Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén
.
Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2022 - 16:40Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela.
Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.
Birlo Inventor
Enviado por josean o Sáb, 04/06/2022 - 22:24Deste xeito, imaxinaron varios alumnos de 5º que a mascota da Biblioteca traballaba tamén no Proxecto Dixital Integrado dos "Inventos que cambiaron o mundo"
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Sáb, 28/05/2022 - 22:54"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 22:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 17:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Visita ao Museo do Mar
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 15:45Como complemento ao traballo de investigación que os alumnos de 5º fixeron neste segundo trimestre ao redor do invento do teléfono, visitaron o Museo do Mar, para coñecer máis de preto a aplicación deste invento nos barcos pesquerios. De primeira man, dos expertos, e grazas a un aparello de telefonía que había no Museo, puideron falar como se nun barco estivesen, a través da Costera; incluso utilizando os códigos secretos que utilizaban nas súas comunicacións os patróns e os armadores. O obxectivo era que o resto da frota se puidese oír a conversación non se enterasen do que pescaban e a zona onde estaban situados.
E así falaron pola telefonía Ramiro e Naiara
Aarón e Graciela
Humble e Graciela
e Aylen.
Pero tamén viron moitas máis cousas.
Teléfono Violeta
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 14:57Dentro do Proxecto Dixital Integrado "Os inventos que cambiaron o mundo", neste segundo trimestre aos de 5º asignóuselles investigar sobre o teléfono e por mor do día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.
Contos por telefóno
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 22:00Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.
Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.
O Sr. Bianchi de Varese
O caramelo instructivo
Historia do reino de Lambonia
Aprobado máis dous
Os homes de manteiga
Brif, bruf, braf
Historia da Radio
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 21:35Dentro do Proxecto Documental Integrado que eliximos para traballar os de 3º fixeron un programa de radio marabilloso contándonos a historia do medio.
Teléfono Vermello: "Coma un irmán che falo"
Enviado por josean o Ven, 01/04/2022 - 13:02O teléfono vermello inventouse coma un enlace de comunicación directa entre a Unión Soviética (Rusia) e os Estados Unidos para situación moi críticas. Facía moito tempo que o teléfono deixara de ter utilidade, pero semella que nestes momentos se volveu poñer de moda.
Se os nosos alumnos puidesen usalo que lle dirían aos dous bandos? Pois a mensaxe de solidariedade que encerra este poema de Celso Emilio Ferreiro posiblemente sería unha das cousas que lles mandarían.
Coloramos unha imaxe e creamos un puzzle
Enviado por josean o Mar, 29/03/2022 - 17:00Nesta actividade aorendimos técnicas de edición gráfica coa ferramenta web Sumopaint, modificando as cores, debuxando ou engadindo novos elementos a unha imaxe para obter unha nova que inclñua sete diferencias respecto á orixinal. Posteriormente, coas imaxes, así obtidas xeramos coa ferramenta "I´m a puzzle" un puzle dixotal que intercambiamos con outros grupos para xogar a completalo e atopar as diferencias.
Deseño de Ceip Sequelo
Buscamos información na Biblioteca
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:42A Biblioteca no noso centro é corazón e cerebro; nela os nenos, entre outras cousas, atopan e atoparán información para tódolos desafíos que lles propoñamos. E no que este ano lles propoñemos é que descubran todo o referente a "Inventos que cambiaron o mundo".
Os alumnos de 5º buscando todo o referente ao Teléfono
A súa orixe, o seu desenvolvemento e importancia.
E como en toda investigación seria que se precie utilizando distintas fontes e sinalando logo cales foron esas fontes.
Pensamentos para Rosalía
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:15Entre as actividades que a Asociación de Escritores en lingua galega promovía para a celebración o pasado 24 de Febreiro do Día de Rosalía estaba a posibilidade de elaborar Haikus a partir dalgúns dos versos máis recoñecidos da escritora, e isto foi o que conseguiron sacar os nenos de 5º
Poemas ao teléfono
Enviado por josean o Mér, 23/03/2022 - 14:57A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos. O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.
Se premedes no "play" do reproductor oiredes a cada un dos rapaces, e se queredes poñelo a pantalla completa premede nos 3 puntos da esquina inferior dereita
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Enviado por josean o Lun, 21/03/2022 - 23:53Por mor do Día Mundial da Poesía, a Academia da Lingua Galega, decidiu este ano homenaxear ao poeta do Morrazo, Bernardino Graña. Nós non quixemos ser alleos a esta homenaxe, e cunha pequena representación de cada clase recitamos o seu poema "Canción para ir ao mar de pesca"... máis algo máis.
O aradiño
Enviado por josean o Ven, 11/03/2022 - 20:23O Proxecto Documental no que estamos inmersos este ano vai de inventos e inventores. Que dubida cabe que un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.
Cun moi primitivo Chroma Key elaboramos este video sobre o poema homónimo de Manuel María.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »