5º Primaria
SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 13:30O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.
O proceso foi o seguinte:
1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.
2º Collemos 3 sementes cada un.
3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.
4º Regámolas con coidado.
Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.
Irémosvos informando de como vai o proceso!
Almudena e Martín 5ºA
Coma o can e o gato
Enviado por josean o Lun, 12/02/2018 - 18:27Preme no espazo para mover o can e a frecha dereita para mover o gato, neste xogo de carreiras que fixeron os de 5º B
Tópame
Enviado por josean o Sáb, 10/02/2018 - 18:27Topa á rapaza clicando enriba dela e consegue puntos neste xogo que crearon os alumnos de 5º A
Seres mitolóxicos dos ríos galegos
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 00:24Dentro do Proxecto Transversal que este ano estamos traballando no colexio centrado nos ríos e máis concretamente no que pasa a rentes do noso centro, o Lameira; os alumnos de 5º B elaboraron está marabillosa Guía dos "Seres Mitolóxicos dos ríos galegos"
Non á desigualdade de xénero
Enviado por josean o Mér, 21/06/2017 - 22:05Este estupendo traballo foi feito por Raúl de 5º B, unha máis das posibilidades que o Scratch nos ofrece crear unha animación.
PRIMEIRO BLOG DE SCRATCH
Enviado por josean o Ven, 19/05/2017 - 09:55Os alumnos de 5º baixo a coordinación de Martina Pazos Iglesias de 5º B, creadora do blog, andan creando un cento de xogos utilizando a linguaxe de programación Scratch. Visítao e xoga premendo enriba do logo do blog.
MANUEL MARÍA: RETRATOS E CALIGRAMAS
Enviado por josean o Xov, 19/05/2016 - 21:55Seguimos dandolle as Letras Galegas, entre os de 5º e 6º caligramizamos o "Soños na Gaiola" e fixemos varios retratos. A música de fondo é María Manuela, cantante do Ferrol, sobre o "Poema do Alleado", e Manuel María exercendo de profeta. Ben sabía el os camiños que desgraciadamente ía coller o pobo galego: o mellor sempre o de fóra
Manuel María by Slidely Slideshow
OS RAPACES DE 5º VISITAN O IES MESTRE LANDÍN
Enviado por josean o Mér, 11/05/2016 - 00:00O IES Mestre Landín continua cos Xogos matemáticos nos recreos. Nesta ocasión invitaronnos ao alumnado de quinto de Primaria que o pasou en grande no centro veciño
MURAL DOS PEIXIÑOS
Enviado por josean o Mér, 17/02/2016 - 10:30E isto outro que do noso proxecto "Marín sabe a Mar" está nun dos nosos corredores. Estas mariñeiras caroutas que polo Entroido fixeron os de 5ºA para un mural
VISITA DE JUAN CARLOS EPIFANIO
Enviado por josean o Sáb, 12/12/2015 - 01:0017 DE MAIO LETRAS GALEGAS: POEMAS 5º A
Enviado por josean o Ven, 23/05/2014 - 18:58De cara a ao día das Letras Galegas os rapaces de 5º A elaboraron estes fermosos poemas de loubanza desta nosa terriña.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8