Biblioteca
CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL 2021
Enviado por josean o Lun, 20/12/2021 - 21:06Como cada ano chega o Nadal, e como cada Nadal chegan os concursos de Postais e contos que cada ano por estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca. Algúns dos nenos do noso centro tiveron a sorte de seren premiados nel. Parabéns a eles e tamén aos que fixeron o esforzo de levar adiante unha postal ou unha narración e non tiveron tanta sorte.
PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS
CATEGORÍA B: 1º, 2º e 3º Primaria
2º PREMIO: Álvaro Veiga Balagones.
PREMIADOS NO CONCURSO DE CONTOS
CATEGORÍA B: 3º e 4º de Primaria
3º PREMIO: Darío Pereira Omil.
CATEGORÍA C: 5º e 6º de Primaria
1º PREMIO: Ramiro Bouza Berride.
2º PREMIO: Uxía Sanjorge Pesqueira.
3º PREMIO: Aarón Carracelas Castro.
GUÍAS DE LECTURAS DOS EDLG MORRAZO
Enviado por Anónimo o Mar, 14/12/2021 - 00:02Un ano máis e grazas ao traballo da Coordinadora de EDLG do Morrazo chégannos estas recomendacións de lecturas. A nosa mascota da biblioteca, Birlo, xa lles botou unha ollada e asegura que atopou libros moi "chulos". Mesmo pensa que sería unha estupenda idea engadir algún título á carta que lle escribamos aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador.
Que mellor xeito de encetar un novo ano que lendo un bo libro!
*Fai doble clic no PDF adxunto para abrilo (ou na imaxe).
"Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"
Enviado por Anónimo o Xov, 09/12/2021 - 21:56Como cada Nadal chegou o momento do tradicional "Concurso de Tarxetas de Nadal", este ano pedimos ao alumnado que procurasen integrar o tema do PDI "Inventos que cambian o mundo" nas súas tarxetas de felicitación, e como podedes comprobar captaron moi ben a idea.
Noraboa aos finalistas e gañadores e moitísimas grazas a todos pola vosa participación, puxéstesllo realmente difícil ao xurado.
3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"
Enviado por Anónimo o Lun, 06/12/2021 - 16:22Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".
Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.
Camiño en Violeta: "Alza a túa voz". 25 Novembro
Enviado por Anónimo o Lun, 29/11/2021 - 20:39Este ano conmemoramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", alzando as nosas voces para construír un "Camiño en Violeta" cara á Igualdade e á NON Violencia.
Alzamos as voces, enchendo os corredores coas nosas mensaxes, para non esquecer que o "Camiño en Violeta" témolo que construír día a día.
Resumo do Magosto 2021.
Enviado por Anónimo o Ven, 12/11/2021 - 14:01O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo.
A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas.
Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo.
Se queredes consultar información da man dos protagonistas mirade atentamente o vídeo da entrada anterior "Informativo Especial Magosto 2021".
Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.
Informativo Especial Magosto 2021
Enviado por josean o Ven, 12/11/2021 - 00:40Os nosos correspondentes especiais destacados no Magosto do Sequelo entrevistaron a pais, mestres e compañeiros para recabar opinións. E para que se vexa que somos un centro plurilingüe per se, ata co Inglés de Ourense se atreveron.
Diante da camara Noa e Iria, na cámara Valeria e Noa, e no son Humble e Sariña.
Imos ao Magosto
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 19:19O noso amigo anda como tolo por chegar ao Magosto que organiza a Anpa, pero non sabe como. Guíao coas frechas do cursor e evita tocar as paredes do labirinto.
Scratch by Roberto Carlos Santiago Nedea
Entrevista á dama dos pés de cabra
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 19:07Ata a porta de 5º achegouse un gato negro e na súa compaña "A dama dos pés de cabra", e aproveitando o suceso os nenos de 5º entrevistárona para todos vos.
Samaín de Enzo
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 18:01Xa rematamos co Samaín? Pois inda quedan moitos traballos pendentes, coma este primeirizo de Enzo, onde tocando cada unha das letras da palabra, verás o que sucede.
Seres Mitolóxicos Galegos en código QR
Enviado por josean o Mér, 10/11/2021 - 23:40Descifra o código QR feito por Aylen e que insertamos un pouquiño máis abaixo cun dispositivo móbil e déixanos un comentario co teu nome e curso co nome e o número da personaxe mitolóxica que aparece no video debaixo do código
GATIPEDRO 2.0
Enviado por josean o Mar, 02/11/2021 - 16:36O Gatipedro é unha figura da Mitoloxía galega que facía que os nenos mexasen na cama. Había quen o describía coma un gato branco cun corno na cabeza do que brotaba auga e que polas noites se achegaba ás camas onde durmían os nenos.
Para ver o que é quen de facer o Gatipedro, preme a bandeira sobre a imaxe, a barra do espazo, e moi especialmente a tecla Q.
Traballo realizado por Roberto Carlos Santiago Nedea de 5º
Resumo das actividades Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/10/2021 - 21:15Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.
Botádelle unha ollada.
Están de medooo!!!
Vídeo 1
Vídeo 2
Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/10/2021 - 20:37Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron:
- 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º
- 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA
Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.
Contos terroríficos
Enviado por Anónimo o Mér, 27/10/2021 - 02:22Publica aquí os audios ou vídeos dos teus contos de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor-a para que os publique.
"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo
Enviado por Anónimo o Ven, 22/10/2021 - 12:16Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior desta web e tamén no blog da biblioteca).
Agardámolas impacientes.
Seguro que as facedes de meeeedo!!!
Actividades Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 21/10/2021 - 11:49Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.
Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano para celebrar un Samaín de medo!!!
Lede a carta atentamente e animádevos a participar!
Moitas grazas! Vémonos!
Que aprendemos... da danza de espadas
Enviado por josean o Xov, 07/10/2021 - 21:47Logo de todo o traballo que se levou a cabo no colexio, pedímoslles aos nenos que nos dixeran unha ou dúas cousas que aprenderan da nosa danza de Espadas. O resultado aquí o tedes:
Dos personaxes da danza e máis cousas
Enviado por josean o Mér, 06/10/2021 - 21:35Amir, Iván, Lía, Marcos, Andrea, Abel, Ramiro, Aylen, Luis e Iria falannos dos personaxes da danza e de certas cousas que se perderon nela. Un a un van esmiuzando quen é quen na Danza de Espadas de Marín.
Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"
Enviado por Anónimo o Mér, 06/10/2021 - 19:23Este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".
Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.
Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información.
Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso.
O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.
Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »