Coplas de Embarcacións: Os maios (7)

#LEVANTATE MAIO 2020 CEP SEQUELO

As coplas das embarcacións, ao seren uns artefactos que se introduciron no mundo dos maios moi tardiamente, froito da xente con poder das vilas que miraba con malos ollos o primitivismo rural dos maios e que pretendía adaptar aos tempos a festa por mor dunha mal entendida modernidade, ten diversas melodías con ritmos moi diversos:  polkas, mazurkas, valses...., os estilos predominantes e elegantes de primeiros  do século XX. As embarcacións, que nun primeiro momento eran barcos de guerra, non foron as únicas representacións extrañas que os nenos das familias ben introduciron no mundo dos maios; hai un longo repertorio:  carrozas triunfais, torres, arcos triunfais, avións, submarinos, carros triunfais... Este proceso ten lugar a finais do século XIX e continúa ata ben entrado o século XX.

O pobo de Marín, con moi bo sentido fai, que o único que sobreviva desta amplia variedade, que xa ao impulsor da festa dos maios, o pintor marinense Manuel Torres, non lle gustaba, son as embarcacións, levadas case sempre ao seu terreo natural, a vida do mar e a ser cantadas exclusivamente como os maios en galego; porque mentres os maios sempre se cantaron en galego, todos estes artefactos froitos das clases pudentes cantábanse en castelán; ate que o pobo dicide a mediados dos anos 50 do século XX adaptalos á súa vida mariñeira e ao seu falar.

 

DESAFIO COPLAS:

Como vos dicía hai moitas melodías diferentes para as embarcacións.  A máis sinxela, dentro das embarcacións e dentro das dificultades que todas elas teñen, comparadas coas dos maios, e esta de 1953 e posiblemente anterior que en canto á súa estrutura temática é como segue:

1.Presentación da embarcación

(Estrofa de catro versos onde o 1º e o 3º de 10 silabas  non riman e o 2º e o 4º riman e son de 9 sílabas pero rematados en aguda co que suman tamén 10).

2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, do seu traballo...

(Tres estrofas coa mesma estrutura da anterior).

3. A embarcación despídese

(1 estrofa do estilo das anteriores).

4. Retrouso 

Intercalada entre todas as anteriores vai un retrouso que se repite e que consta de tres versos de 7 sílabas que riman entre eles e un cuarto de 6 pero acabado en aguda que ten que acabar nunha palabra aguda que rime con temporal.

 ATREVEDEVOS!! SE O FACEDES POR PARELLAS VAIVOS RESULTAR MÁIS SINXELO FACER ESTAS SEIS ESTROFAS.

Embarcacion-xianaaa.pdf by Josean Pazos on Scribd

Enviar un comentario novo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.