Novas

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias do alumnado de 3º e 4º EP:

Poden consultar as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto no taboleiro situado no interior do colexio, a carón da entrada principal, ou ben chamando aos números 886151325 ou 886151327.

O prazo de reclamacións é de dous días, ata o 7 de xullo, incluído.

O día 9 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.

 

Un cordial saúdo,

Rafael Martínez Martí, director

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ORDE do 6 de maio de 2021)

Estimadas familias:

Achegámoslles a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B), así como as instrucións para a tramitación do procedemento e os anexos I e II.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Un cordial saúdo,

Rafael Martínez Martí, director

Así é o noso colexio

Xa que se abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021-2022, e debido á situción de pandemia en que continuamos, non podemos facer xornadas de portas abertas como sería o noso desexo; deixámosvos unha mostra de como é o noso colexio e o noso traballo.

Esperamos que vos guste e que sexamos a vosa primeira opción.

Aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2021/2022

Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza para novo alumnado no noso centro de para o próximo curso 2021/2022.

As solicitudes (formulario ED550B) poderán presentarse en papel na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Este formulario  pódese recoller no centro ou descargar no arquivo adxunto.

De forma telemática:

  1. Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  2. A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)

Xunto co formulario debidamente cumprimentado deben presentar:

  1. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
  2. Copia do DNI  dos proxenitores e/ou titores legais.
  3. Se se trata dun cambio de centro certificado de matrícula.
  4. En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
    No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.

Deixamos os arquivos adxuntos con toda a documentación relacionada con este proceso, e o formulario de admisión.

Medidores de CO2

A Nosa Comunidade Educativa nestes difíciles tempos que nos tocou vivir, adáptase ás novas realidades.  Sabemos da necesidade de protexernos mediante o mantemento do aire o máis limpo posible nas aulas e así puidemos  implementar, de cara a lograr ese obxectivo, grazas á nosas familiias, os Medidores de CO2 con tecnoloxía NDIR.

Aquí tedes aos nosos pequechos en perfecto funcionamento. Traballando unidos é o xeito de protexernos.

Este é o noso colexio

Propúxoselle o desafío aos alumnos de 6º que xa que este ano non ía ser posible facer xornada de portas abertas, que presentasen o cole onde pasan parte moi importante das súas vidas. Démoslle a cámara de vídeo que temos, o trípode e o micro unidireccional calzado coa pluma para exteriores, e previa a presentación de cadanseu guión dixémoslles, "safádevos", o que en termos pedágoxicos ben sendo "sede competentes para aprender a aprender". 

Aló andiveron percorrendo o colexio cámara en ristre e logo eles mesmos editaron o vídeo primeiro co AVS Editor e como deu problemas, co Cyberlink Power Director. Como vedes un traballo ao 100 por cento de Xoel Sequeiros Paz e Breixo Vidal Salgueiro. As reclamacións xa sabedes a onde envialas.

E aos poucos, van chegando máis visións do colexio por parte dos nosos alumnos e alumnas, desta vez son Irene Estévez Pazos, Candela Bermúdez Santiago e Olivia Martínez González.

Cada un dos nosos nenos ve o colexio ao seu xeito, neste caso imos co xeito de Laura Arribas López e Carla Vilela Fernández, que ámbalas dúas teñen irmáns en 2º.

Segundo Breixo Sanjorge, Roi Rodiño, Daniel Quintana, Rubén Argibay e o recén chegado Unai;  así é o Cep Sequelo.

Aberta a reserva de praza para o IES Illa de Tambo

Estimadas familias:

Lembrámoslles que dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro poden presentar a solicitude de reserva de praza para o IES Illa de Tambo, que é o centro adscrito ao noso colexio.

As solicitudes deberanse presentar no noso centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A fin de facilitarlles o proceso o luns entregaremos os impresos aos seus fillos e fillas. Cando os teñan cubertos pódenos presentar en secretaría en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Lembren que deben timbrar na porta principal para ser atendidos. Para calquera dúbida chamen por teléfono nese mesmo horario.

Polo Nadal Mensaxe Real

Dende o colexio o Rei Baltasar mándanos a súa mensaxe de Nadal.

Sorteo de Nadal CEP Sequelo 2020

Hoxe o presidente da ANPA, dous paxes reais e máis un inocente que pasaba por alí sortearon  a GRANDE CESTA DE NADAL. Noraboa aos gañadores!!

Videoconferencia a familias: "A educación a distancia" para 3º a 6º de primaria

 O venres 4 de decembro ás 18h00 terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia (3º a 6º PRIMARIA)" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o CEP Sequelo. O acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m2910b5c11c7b97cfae9d01f92820adef

 Instrucións de acceso:

  • Lembren usar un navegador Chrome.

  • Nas familias cuxos fillos e fillas estean en E-Dixgal recoméndase que empreguen o computador subministrado polo centro educativo para familiarizarse con el.

  • No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.

  • Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).

  • A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.

Guión da xuntanza

  1. Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento.

  2. Normas en confinamento.

  3. Aula Virtual / Edixgal. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).

  4. Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.

  5. Abalar. Funcionalidades básicas.

  6. Tempo aberto a dúbidas.

Videoconferencia a familias: "A educación a distancia" para 1º e 2º de primaria

O venres 4 de decembro ás 16h00 terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia 1º-2º PRIMARIA)" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o CEP Sequelo. O acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m4096b0bf0bab7fa3536b528e6468aaa8

 Instrucións de acceso:

  • Lembren usar un navegador Chrome.

  • No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.

  • Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).

  • A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.

Guión da xuntanza

  1. Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento.

  2. Normas en confinamento.

  3. Aula Virtual. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).

  4. Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.

  5. Abalar. Funcionalidades básicas.

  6. Tempo aberto a dúbidas.

Listaxe provisional do alumnado beneficiario de máscaras

Publicada a listaxe provisional do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro. 

Todo o alumnado que tivo á axuda de material é beneficiario das máscaras

Concurso ANPA: "Adornos de Nadal con materiais de reciclaxe"

A ANPA Aidón convoca un concurso de adornos de Nadal elaborados con materiais de reciclaxe. No arquivo adxunto pódense consultar as bases e toda a información necesaria para a participación.

Máscaras para o alumnado (Orde 6 novembro 2020)

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21  (Orde de 6 de novembro de 2020)

O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material será tamén, directamente, beneficiario das máscaras, sen necesidade de presentar solicitude. Nese caso as familias serán informadas polo colexio cando se dispoña das máscaras.

O resto do alumnado que non foi beneficiario das axudas de material por diferentes circunstancias, deberá entregar solicitude, sempre que reúna os requisitos esixidos:

- a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para presentación de solicitudes remata o xoves 26 de novembro. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Calendario escolar 2020-2021

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Días lectivos: do 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021.

Periodos de vacacións:1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive

Outros días non lectivos: 2 de novembro, 7 de decembro (Día do ensino), e 18 de maio.

Medidas hixiénicas de prevención COVID-19 (VIDEO)

Gravación do webinar "Medidas hixiénicas de prevención ante a covid-19 nos centros educativos para persoal non docente", da Consellería de Educación.

INFORMACIÓN DA ANPA AIDÓN

INFORMACIÓN DA ANPA AIDON

Neste curso tan excepcional para evitrmos riscos de contaxio pola COVID podedes facervos socios da ANPA AIDÖN sen ter que acudir ao colexio, mediante transferencia bancaria á conta de Abanca ES65-2080-5111-1630-4000-1830

¡¡¡IMPORTANTE!!!:

Cando fagades o ingreso poñer:

  • Concepto: Afiliación á ANPA Aidón do CEP. Sequelo
  • Nome da alumna/o e curso.

Enviádenos por WhatsApp ao teléfono da ANPA 684340673, unha foto cos datos do pagador (nai/pai/titor/a)

Custo: 18€ por familia.

Porque é importante facerse socio:

  • Porque a ANPA Aidón xestiona o comedor escolar e o Plan Madruga.
  • Porque solicita, e apoia as solicitudes do Equipo Directivo, á Consellería de Educación e ao Concello de Marín diversas melloras para o centro:
    • Dotación de profesorado e de persoal non docente.
    • Desdobres de grupos.
    • Obras e reformas.
    • Dotación de materias para a prevención do COVID.
    • Porque colabora co colexio na organización dos festivais e conmemoracións que se organizan durante o curso.
    • Porque organiza as actividades extraescolares da tarde.
    • Porque recolle e transmite ao Equipo Directivo as dúbidas, as inquedanzas, as problemáticas e as peticións que lle transmiten as familias.

Moitas grazas

Un saúdo, Ramón Alfonso Meis, presidente ANPA AIDÖN

 

 

INICIO DE CURSO (NORMAS)

Estimadas familias:

Benvidos a este novo curso tan difícil que nos toca vivir.

Necesitamos toda a vosa colaboración e axuda para cumplir as normas de seguridade e hixiene que fagan do noso centro un entorno seguro para todos/as.

Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a  NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).

RESUMO  DO  MÁIS  RELEVANTE PARA INICIAR O  CURSO

Xoves 10 de setembro empezan   1º, 2º e 3º

Venres 11 de setembro empezan  4º, 5º e 6º.

Os cursos impares (1º, 3º, 5º) entran as 9:00 / saen as 14:00

Os cursos pares (2º, 4º, 6º) entran as 9:10 / saen as 14:10

Cursos

Día

Zona de entrada

Hora de entrada

Hora de saída

Zona de espera das familias

1º A

10 setembro

 

Entrada Principal Dereita

9: 00 h

14:00 h

Habilitarase unha zona específica no patio dianteiro

1º B

10 setembro

 

Porta Patio de Columnas

9: 00 h

14:00 h

Habilitarase unha zona específica no patio traseiro

10 setembro

 

Entrada Traseira Aula de Música

9: 10 h

14: 10 h

Habilitarase unha zona específica no patio traseiro

10 setembro

 

Porta Lateral Esquerda

9: 00 h

 14:00 h

Zona exterior ao lado do pavillón

Cursos

Día

Zona de entrada

Hora de entrada

Hora de saída

Zona de espera das familias

  11 setembro

 

  Porta Patio de Columnas

9: 10 h

14: 10 h

 Zona exterior ao lado   do pavillón

5ºA

  11 setembro

 

 Entrada Principal Esquerda

9: 00 h

14:00 h

Rúa Enrique Turrall

 

5º B

  11 setembro

 

  Entrada Principal Esquerda

9: 00 h

14:00 h

Rúa Enrique Turrall

 

6ºA

  11 setembro

 

  Entrada Principal Esquerda

9: 10 h

14: 10 h

Rúa Enrique Turrall

 

6º B

  11 setembro

 

  Porta Lateral Esquerda

9: 10 h

14: 10 h

Rúa Enrique Turrall

 

O protocolo limita a un acompañante por alumno á entrada do recinto escolar, tanto nas entradas como nas saídas para evitar aglomeracións. Procuren manter a distancia de seguridade e non formar grupos falando á entrada e á saída.

Se coinciden irmáns con horario diferente, por exemplo un en 1º e outro en 4º, o de 4º entrará ás 9 e irá para a súa clase, esperando no seu sitio ata as 9:10. O profesorado xa estará alí. Igualmente na  saída, para evitar que teñan que esperar por él.

Cada alumno/a debe traer na súa mochila un Kit individual anti-covid, dentro dunha bolsa de tea co seu nome:

. 1 mascarilla posta e outra de reposto nunha  bolsiña, caixiña, estoxo… 

. panos de papel,

. bote pequeno de hidroxel,

. botella de auga co seu nome, (non se pode beber nas fontes).

Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría  de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO  886 151 325 ou mandar  correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal

Se necesitan acudir físicamente  ao centro para realizar algún trámite deben solicitar por teléfono cita previa.

Na web do CEP Sequelo poden consultar  o plano do centro, e fotos onde se indican as entradas/saídas que lle corresponde a cada curso. Igualmente poden consultar o protocolo COVID adaptado ao centro e demais documentación relacionada.

Lamentamos as molestias que lle poidamos ocasionar, pero por seguridade é necesario cumprir o protocolo.

É o momento de unir esforzos para levar o mellor posible esta situación.

Moita saúde e moitas grazas! Ánimo!

BENVIDOS AO COLE

Dende o CEP SEQUELO, queremos darvos a benvida a este ano tan especial, onde coma sempre e incluso moitísimo máis, imos ter que traballar pais, alumnos e profes cóbado con cóbado para saír con ben desta situación que nos tocou vivir.  Todos xuntos somos Escola.

O Xoves, 10 de Setembro comezan as clases. Haberá dous turnos de entrada:

ás 9 horas:  1º e 3º;

ás 9:10 horas: 2º curso.

O Venres, 11 de Setembro, engadiranse os 4º, 5º e 6º , onde xa estarán tódolos cursos entrando os impares ás 9:00 e os pares ás 9:10, é dicir:

ás 9:00 horas: 1º, 3º e 5º cursos

ás 9:10 horas: 2º, 4º e 6º cursos.

A saída será respectivamente ás 2 e 2:10.

Lembrade que cada curso ten asignada unha entrada e unha saída das catro que van existir no centro.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.