3º Primaria

As construcións do río

Neste mes os alumnos de terceiro saímos a coñecer as construcións na beira do río lameira: pontes, muíños, pombais, hórreos e o lavadeiro forman parte do patrimonio cultural do río Lameira.

Reciclando e plantando!

Estivemos pintando unhas caixas de amorodos que nos serviron para colocar nelas as nosas macetas de botellas de auga. Todo reciclado!  Nós reciclamos! 

Logo plantamos as sementes e agora estamos a esperar a que nazan! 

O museo do mar

Os nenos de terceiro fomos visitar o museo do mar de  Marín, onde nos explicaron as artes de pesca, os barcos propios da ría e doutras partes do mundo, especies de peixes e moluscos,...

Reciclando

Os nenos de terceiro estivemos reciclando materiais para sementar flores nas ventás. Primeiro pintamos caixas de fresas de distintas cores, despois empregamos botellas de auga para facer de macetas e agora soamente queda esperar que medren as flores.

 

A tripulación do Lameira XIX

Nesta galería fotográfica mostrase aos nenos de 3º B na realización do proxecto sobre o espacio. Vémonos na terra.

Investigación Espacial

Na investigación espacial temos que coñecer os personaxes  e teorías máis importantes que fixeron posible as viaxes espaciais; desde Galileo Galilei ata Stephen Hawking, as súas teorías fixeron posible as viaxes de Yuri Gagarin, Neil Armstrong ou Valentina Tereshkova. Nesta viaxe Lucia Couso e Iván Gomis seran os nosos guías

A Lúa

Nesta expedición imos coñecer un pouco mellor a lúa, as súas fases e os eclipses. Os astronautas neste caso son: Iván Suárez, Lucía Barreiro e Naiara.

Corpos Celestes

Nesta terceira expedición imos investigar sobre os corpos celestes: estrelas, constelacións, cometas, asteroides e buratos negros. Os exploradores nesta ocasión foron: Pablo, Estrella, Carlota, Yésika e Miguel.

Aprendices de Arqueoloxía

Noticia publicada no FARO DE VIGO

Dámos a noraboa a Manuel, de 3º, pois grazas á súa iniciativa de remitir unha carta ao Concello con información das súas pesquisas arqueolóxicas, fomos invitados a ver un día o traballo que se fai nas excavacións arqueolóxicas de Marín.

Aqui podemos ler a carta que Manuel redactou e enviou ao concelleiro de Urbanismo:

E nesta fotografía podemos ver a Manuel moi entusiasmado sostendo nas súas mans a contestación por escrito do propio concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos.

Os Planetas

Nesta segunda expedición do Lameira XIX os nenos de terceiro fomos coñecer os planetas do noso sistema solar. Os tripulantes foron: Aitor, Noelia, Emma, Xián, Pedro, Tiago, Marcos e Diego. Xa veredes que aprendemos cousas moi interesantes destes planetas.

A Galaxia

Os nenos de terceiro fomos ao espacio a exlorar. Nesta primeira aventura a nosa nave  "O Lameira XIX" percorreu a galaxia, o sistema solar, o sol, a vía lactea e os buratos negros. A tripulación desta primeira misión espacial está formada por: Mario, Rocío, Daniel, Mateo e Miguel.

As plantas do Lameira

Somos Dani, Miguel, Lucía e Pedro e imos explicaros as características das plantas, a súa clasificación, as especies en perigo de extinción e as plantas invasoras.

O sistema solar

A nosa galaxia chámase Vía Láctea e nós, concretamente, atopámonos no sistema solar. Os rapaces e rapazas de terceiro xa o saben e trouxeron diversas maquetas para facer as explicacións na clase. Seguimos a afondar no universo!  

   

 

Apadriñamentos lectores de sexto a terceiro

Os alumnos de sexto convertéronse en padriños lectores dos alumnos de terceiro. Eles escollen un libro para o seu afillado ou afillada e o len xuntos. Esta nova experiencia está a resultar moi motivadora para os nenos, que gozan xuntos da nosa biblioteca. A ler todos!

 

ScratchNoel chegou

Coa axuda de Enrigue García de 6º un grupo de 3º elaborou esta curiosa postal onde Scratch realizara varias accións se lle axudades pulsando a catro teclas do cursor, a do espazo ou o S.

Os Seres Vivos do río Lameira

O martes 13 de novembro os alumnos de terceiro fixemos unha pequena saída para ver o río Lameira. Estamos estudando os seres vivos e a súa clasificación en plantas, animais, algas, bacterias e fungos. Estivemos de exploradores buscando fungos polas árbores e a herba, porque sabemos que se alimentan dos restos de seres vivos e que algúns son velenosos. Moito coidado!!!

Redacción: Noelia Moreira Gonzalez 3º B

Os Monstros do Río Lameira

Os alumnos de 3º B escribimos un poema sobre o samaín e os animais que viven no río Lameira, para facer unha historia de medo onde os animais disfrázanse para disfrutar un samaín terrorífico.

As Hortas Urbanas

Os nenos e nenas de 3º fomos ver  as hortas urbanas que hai ao lado do pavillón polideportivo do Sequelo. O que máis me gustou foron as fresas, as cabazas, os tomates e as coliflores, e o que aprendín e que hai dúas compostadoras para facer o compost.

Redacción: Carlota Martínez Cortegoso. 3ºB

 

Jpeg

Rapaz aburrido

Javier Portabales titorizou a un grupo de 3º B para esta iniciación ao cambio de disfraces. Premede a bandeiriña para que o neno fale e ande

HORARIO 3º A.CURSO 2018-19

Deixamos o horario de 3º A para o presente curso.

Para visualizalo abride o ficheiro adxunto

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.