Aberto o prazo de inscrición para o noso alumnado do Concurso Coreográfico 2023, que terá lugar o 27 de Abril no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Este ano a homenaxeada é a bailarina e coreógrafa Bronislava Nijinska.

O prazo de inscrición remata o 11 de Abril.

Deixamos adxuntas as bases de participación.

Anímense!

Abrimos o plazo para inscibirse no Concurso de Debuxo para elexir a imaxe do cartel da Gala de Fin de curso do Grao Elemental, que este ano adicamos ao Libro da Selva..Adxuntamos as bases para os interesad@s!

animádevos a participar e amosar as vosas capacidades artísticas!

 

A dietista e nutricionista Ángeles Novo compartiu con nos, o pasado 1 de MArzo, indicacións para una alimentación máis saudable, centrada especialmente na xente, que coma os nosos alumnos, teñen unha actividade física importante. Foi moi interesante e enriquecederoa , a actividade estivo aberta a todo o alumnado de Grao Profesional así como as familias interesadas.

A cita tivo lugar no auditorio do Conservatorio  Profesional de Música Xoan Montes ás 20.15h

Grazas Ángeles por compartir o teu coñecemento e grazas por voltar ao Cdan, xa que tamén foi exalumna do noso centro

 

 

O O O

O pasado 27 de Febreiro tivemos a sorte de escoitar a Margarita Viso falar sobre o compositor galego Marcial del Adalid.

A cita tivo lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Lugo Xoan Montes.

O pasado 24 de Febreiro visitounos o noso exalumno Sergio Castro, que actualmente imparte materias de danza no Instituto univerdsitario Alicia Alonso , dependente da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Ademáis de impartir un Obradoiro de PAso a dous para os alumnos de 5º e 6º curso de Grao Profesional, d especialidade de Danza Clásica, ofreceunos unha charla informativa sobre os estudos superiores.

Un pracer ver medrar profesionalmente aos nosos alumnos! Parabéns Sergio.

Distribuir contido