ATELIER DE CUISINE FRANÇAISE

O luns 23 de maio tivemos "atelier de cuisine française". Os alumn@s de 2º e 4º ESO fixeron 300 "croque monsieur", un sándwich con bechamel gratinado, típico dos bistrots parisinos. Tamén fixeron o seu propio pan e elaboraron "bollitos preñaos", típicos de Asturias.

Pechamos así o último trimestre de traballo da bibioteca, adicado ás diferentes comunidades autónomas.

Pinchade aquí para ver as fotos na nosa GALERÍA

TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA AULA DE 4º ESO

Os alumnos de Plástica de 4º ESO fixeron unha abstracción xeométrica inspirados no constructivismo ruso, Kandinsky e La Bauhaus, para decorar o taboleiro de anuncios da aula. 

 

 

NOVO BLOG DE FRANCÉS

Xa se pode visitar o novo blog de francés, "EMBARQUEMENT IMMÉDIAT" desde a páxina web.

 

O acceso está nesta páxina na barra lateral esquerda xunto cos outros blogs.

FOTOS ENTROIDO 2016. ESO

Xa podedes ver na nosa GALERÍA unha mostra das fotos do Entroido.

 

VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Os grupos de 3º e 4º ESO desprazáronse este mércores 16 de decembro a Outeiro de Rei (Lugo) para coñecer a Casa-Museo do escritor Manuel María. Esta actividade convértese no adro dun completo programa de actividades que desenvolveremos no presente curso, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas a Manuel María, autor que dá nome á biblioteca de educación secundaria.

 A saída extraescolar pola Terra Chá permitiu gozar da visita guiada ao Castro de Viladonga e mais ás singulares Penas de Rodas.

 Profesoras acompañantes: Pilar Espido, Carmen Aneiros, Mª Xosé Rodríguez e Mercedes Queixas

 

O CLUB DE LECTURA DE 4º ESO NO PROGRAMA DE RADIO "A FUME DE CAROZO"

O pasado martes 24 de novembro o equipo de radio do club de lectura de 4º de ESO realizou o primeiro programa de radio deste curso nas instalacións da emisora Radio CUAC FM da Coruña.

Para máis información non deixedes de visitar o blog "Coristranca, a lectura con retranca" desde onde se pode escoitar en diferido o programa.

Parabéns polo traballo de guionización e locución a Enma, Ana, Diego, Elena e Anna.

 

RELATOS DE TERROR, CABAZAS E VASOIRAS...

Podedes ver os gañadores dos relatos de terror, as cabazas e as vasoiras gañadoras desta edición do Samain 2015 en Educación Infantil e Primaria.

Distribuir contido