Skip to Content

Actividades ENL

CORRELINGUA 2012

Durante a mañá do venres 4 de maio celébrase na Coruña a tradicional proposta lúdico-festiva coñecida como CORRELINGUA. O alumnado de 3º e 4º de ESO, despois de ter traballado na aula o deseño de pancartas para o concurso, participará nesta festa que pretende convidar a mocidade a reivindicar a lingua galega publicamente.

 

  HORA SAÍDA - 09:35 

  HORA CHEGADA - 14: 15

  PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Mercedes Queixas, Rosa Rial e Carmen Aneiros. 

FOTOS NO MUSEO PROVINCIAL (LUGO) CON ANTONIO REIGOSA

Xa están colgadas na Galería de imaxes, as fotos no Museo Provincial en Lugo, con Antonio Reigosa, onde o alumnado de 1º ESO aproveitou para que lle asinara o libro Lu e Go pola muralla.

Podense ver premendo aquí.

SAÍDA DIDÁCTICA A LUGO

Este mércores 18 de abril o alumnado de 1º de ESO viaxará á cidade de Lugo para visitar a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000, un espazo histórico emblemático en que se ambienta a lectura que realizaron ao longo do segundo trimestre, Lu e Go pola muralla. Guiará a visita o seu autor, Antonio Reigosa, que tamén acompañará a visita ao Museo Provincial.

Esta saída didáctica, que se prolongará desde as 8:45 até as 17:00, será acompañada polas profesoras Ana Fraga, Concepción Martínez e Mercedes Queixas.

FRANCISCO CASTRO VOLVE A VISITAR O NOSO CENTRO

O martes 10 de abril ás 10:30 o narrador Francisco Castro visitará o noso centro para manter un encontro co alumnado de 3º ESO, lector da novela O segredo de Marco Polo, e mais cos membros do club de lectura de 1º e 2º ESO que, no pasado trimestre, descubriron a novela Chamádeme Simbad.

                                                       

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 1º e 2º ESO.

Despois de disfrutar dun vídeo sobre a súa biografía e bibliografía, baixamos ao patio para ler en voz alta varios dos seus poemas, para deseguido soltar globos, cada un deles cun poema no interior e que foron directos ao ceo. Ademáis nos recreos e nos intercambios de clase podíanse escoitar poemas musicados de Rosalía de Castro.

Aquí pódense ver algunhas FOTOS.

Neste VÍDEO, vemos unha mostra do momento no que soltaron os globos.

 

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO / 3º e 4º ESO

Este venres 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, en que celebramos o 175 aniversario do seu nacemento, o alumnado de 3º e 4º de ESO trasladará as aulas ás rúas coruñesas para lembrar, da man do profesor da Universidade da Coruña, Diego Pardo, os pasos da poeta nos anos en que viviu nesta cidade coa súa familia.


Tamén seremos recibidos na Real Academia Galega polo actual secretario, o profesor Xosé Luís Axeitos, que nos explicará o traballo que alí realizan, centrado sempre no estudo e divulgación da lingua galega.

Hora saída - 09:35 h

Hora chegada - 14:15 h

Profesoras acompañentes: Mercedes Queixas e Carmen Varela.

GAÑADOR@S CONCURSO SMS DE AMOR 2012

1º PREMIO. - Cintia Riveiro Rojo. (2º ESO B)

2º PREMIO. - Andrea Varela Pose. (3º ESO B)

3º PREMIO. - Jesús David Regueira Serantes. (4º ESO A)

Recibirán como agasallo, recargas telefónicas de 30 €, 20 € e 10 € respectivamente.

Para leer as sms, PREMEDE AQUÍ.

Parabens!!!!

VISITA DE PILAR NEIRA AO NOSO CENTRO.

Hoxe, mércores 1 de febreiro, recibimos a primeira hora da mañá, na aula de 4º de ESO, a Pilar Neira, recoñecida deportista e xogadora de fútbol, ademais de adestradora do equipo coruñés Victoria, Seleccionadora de fútbol galego feminino e Presidenta da asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas), quen nos axudou a resolver, desde a súa meritoria experiencia persoal e profesional, unha pregunta que ao alumnado preocupaba: é o fútbol hoxe en día un deporte machista?

TEATRO. PELOS NA LINGUA

Mañá martes 31 de xaneiro, despediremos o mes mudando a aula de lingua e literatura de 3º e 4º de ESO de espazo didáctico.

Viaxaremos a primeira hora da mañá para dirixirnos a Compostela, ao Salón Teatro (Rúa Nova, 34) e gozar da representación teatral da obra Pelos na lingua da compañía de Cee Talía Teatro. Regresaremos ao centro por volta das 13:25 horas.

 

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Concha Martínez e Carmen Aneiros.

RECOÑECEMENTO PARA O NOSO CLUB DE LECTURA

O proxecto do Club de Lectura aplicado durante este curso nos diferentes cursos da ESO acaba de ser recoñecido cunha axuda de 800 euros pola Consellería de Educación. Esta axuda económica, superior á concedida o ano pasado, será un importante incentivo para axudarnos a conseguir o obxectivo procurado para a comunidade educativa que o conforma, alumnado e profesorado: fomentar hábitos lectores entre os participantes e contribuír á creación dun clima favorábel á lectura no centro. Grazas a todas as persoas do centro que o converten nunha realidade.

http://www.edu.xunta.es/web/node/3743

Distribuir contido


by Dr. Radut